El coronel Furelos se reúne con su pandilla de Padrón.

El coronel Furelos, en el centro de la foto, con la pandilla de amigos que conserva de su estancia en Padrón hace ya más de treinta años.

El coronel José Furelos Mogo fue objeto de un homenaje con motivo de su jubilación por parte de los amigos que hizo edurante su estancia en Padrón al frente del cuartel de la Guardia Civil entre 1975 y 1978. Entre los asistentes a la cita estaban Gerardo Seco, Pepe y Suso Ferrón, Darío Paz, Juan Sánchez, José Luis Baleirón, Suso Chenlo, Caneda, Bernabé, Serafín de Laiño y Manuel Seco, junto con sus parejas. La comida, que se desarrolló en un ambiente de total cordialidad, se celebró en el pazo de Lestrove.

Vida Social Galega. EL CORREO GALLEGO, 05/07/09

Andrés Quintá: “En época de crise, o inxenio e as novidades son as claves para a saída do túnel”.

Andrés Quintá, presidente do Grupo Quintá, cre que é necesario “conectar” a demanda de emprego das empresas co contido dos ciclos formativos.

A necesidade agudiza o inxenio, xa o di o refrán. E “en época de crise, o inxenio e as ideas novidosas son fundamentais para sair desta situación na que se atopan os mercados a nivel mundial. As solucións non están escritas, hai que buscalas e aunar esforzos entre todos para saír adiante”. Así o considera Andrés Quintá, presidente do Grupo Quintá, empresa líder no sector do aluminio que ten participado en obras tan emblemáticas como a Cidade das Ciencias de Valencia, a Torre Milenium, o Pabellón de Aragón da “Expo Zaragaoza 2008”, a Fundación Zara ou as Torres de García Barbón, entre outras.
Par a Quintá é fundamental a formación dos nosos xoves xa que “se os traballadores non contan cunha capacitación profesional axeitada, o fracaso está garantido”. “Todo aquel xoven que queira acadar unha meta na vida, ten que facer como os bos deportistas: adestrar todos os días. ? dicir, primeiro ten que estudar e aprender, formarse, ter os coñecementos necesarios e despois adquirir a experiencia coa práctica”. Para Anddrés Quintá existe un “desfase importante”, entre a demanda de emprego das empresas e os actuais ciclos formativos. Neste senso, asegura que “levo máis de 30 anos tentando que as administracións se acheguen ás empresas para coñecer as súas necesidades e, a partír de aí, encauzar e dirixir os contidos dos ciclos formativos e potenciar a práctica nas industrias dende o primeiro ano de estudos, Un traballador é unha empresa, se queren seren competitivos, teñen que acadar a maior formación posible”

DIARIO DEA ROUSA, 05/07/09

Un videoforum acercará a 120 niños valgueses a la realidad de los países pobres.

La Concejalía de Cultura de Valga, en colaboración con el Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, organiza durante este verano un Videoforum en el que ya están inscritos más de 120 niños del municipio. Se desarrollará en el Auditorio, en la bilbioteca y en el Centro Sociocultural de O Pino, con el objetivo de acercar a los jóvenes de Valga la realidad “inxusta e complexa” por la que atraviesan millones de personas en los países en vías de desarrollo.

DIARIO DE AROUSA, 05/07/09

Suso Rey: “Fixemos un grande esforzo para traer as mellores orquestras”.

De cara ás festas na honra da Virxe do Carme o concelleiro de cultura do Concello de Pontecesures, Suso Rey, admite as dificultades propias destes tempos difíciles no tocante ao aspecto económico, pero recoñece que “os veciños e os diferentes establecementos do lugar responderon fantasticamente”. De feito, as festas están aseguradas grazas á contribución dos veciños de Poantecesures que chega arredor los 19.000 euros “en espera do que se poida reclamar nestes dous días que faltan”, explica o concelleiro.
Os espectáculos e os actos previstos para estes días non conteñen ningunha novidade con respecto a outros actos, se ben o programa mantén un alto nivel en canto a distracións e entretemento. Por suposto, o éxito recollido pola primeira noite de chocolate con churros do ano pasado vese reflectido nestas xornadas, que repiten cunha segunda edición da festa.
Este é un dos detalles máis agradables de lembrar aos interesados por parte de Suso Rey, pero tamén engade que “o concello e os organizadores fixeron un esforzo por traer as mellores bandas e orquestras para agradar aos festeiros”.
Sen dúbida estes son grandes atractivos, pero non hai que esquecer o descenso piragüistico do río Ulla, as demais actuacións e os actos relixiosos na honra da patroa das festas.
“Sempre é un gusto animar a vila, e, por suposto, tamén o vela chea de xentes de todos os lugares”, remata o concelleiro de cultura.

EL CORREO GALLEGO, 04/07/09

A pasada madrugada houbo pelexas e alborotos na rúa Victor García de Pontecesures.

Sobre ás 6 horas, bastantes veciños da rúa Víctor García veron alterado o seu sono, por mor dos berros que procedían da propia rúa. A agarrada foi longa, e así, dunha patada, foi deteriorado o espello dun vehículo que se atopaba estacionado, e foron rompidos os cristais de tres portas de entrada a edificios (as dos números 23, 29 e 33). Manou bastante sangue da persoa que ocasionou os danos nas portas como se podía apreciar na beirarrúa esta mañá.
A pelexa foi protagonizada, ao parecer, por dous xoves do municipio de Valga (un ten un Audi e outro un Seat León). Na refrega también foi aboiado o teito dun vehículo e tentouse arrincar un sinal que hai a carón do monumento ao peregrino que se atopa xa na rúa Novo Núñez.
Aínda que con moito retraso, personouse no lugar unha patrulla da Garda Civil (de Cambados). A pelexa xa había rematado pero os veciños facilitaron aos gardas as matrículas dos coches dos alborotadores presentando a correspondente denuncia para que se abonen os danos causados.

Para algúns ou algunhas, non comezaron ben as festas, dende logo.