Aos 64 anos de idade, morreu está mañá Mª Luisa Míguez Candal, veciña de Toxa 18 e casada con Ricardo Lorenzo Guimarey.
O velorio foi instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá, día 22 de maio, sairá a comitiva fúnebre, ás 16:30 horas, cara a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde ás 17 horas terá lugar a misa funeral. Marisa recibirá sepultura no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.
Tentan roubar gasoil dun camión do almacén de froitas da Avda. de Vigo.
Na madrugada do martes 19 ao mércores 20 de maio, foi substraído gasoil deste camión que se atopaba estacionado nunha finca fronte o propio almacén de froitas. As garrafas,ou bidóns,foron introducidas no maletero dun Renault 21 con matrícula de León. O delíncuente ou delicuentes, por avaría, non lograron, ao parecer, arrincar o vehículo que traían, e así fuxiron do lugar deixando abandoado o vehículo e tamén o gasoil procedente do camión.
Hoxe, día 20, a Garda Civil fixo a inspección ocular, tratando de obter pegadas para o esclarecemento destes feitos.
Na madrugada do luns ao martes roubaron un vehículo na rúa Enlace Parque de Padrón.
Na madrugada do 18 ao 19 de maio roubaron nesta rúa, preto do Restaurante Chef Rivera, un Ford Fiesta de cor verde con llantas de aluminio pìntadas de branco. O titular é un veciño de Padrón, ainda que nado en Cordeiro.
Ata o de agora o vehículo, que ten matrícula de A Coruña, letras BS, non apareceu.
Mañá pola noite comeza a campaña electoral das europeas.
Ás 00:00 horas do venres día 22 de maio, comeza a campaña electoral das eleccións para o Parlamento Europeo do día 7 de xuño.
En Pontecesures os taboleiros oficiais para a pegada de carteis esttarán situados, coma sempre, no lateral da praza de abastos.
La comisión de alcaldes comparte el proyecto de tren ligero que plantea el BNG de Vilagarcía.
El modelo de ciudad hacia el que apunta Luz Salgada se caracteriza por la recuperación de espacios para el viandante frente al abuso del automóvil. Pero un esquema semejante requiere, necesariamente, un servicio eficaz de transporte público. Sobre esta perspectiva incide la propuesta del BNG de Vilagarcía para el aprovechamiento del actual trazado ferroviario, que quedará en desuso una vez que entre en funcionamiento el nuevo tren atlántico.
El planteamiento de los nacionalistas vilagarcianos se centra en la creación de una línea de tren ligero que mantenga una comunicación ferroviaria de segundo nivel con todas las poblaciones que atraviesa el actual trazado hasta la propia Compostela. Esta línea confluiría, donde fuese necesario, con la del mal llamado AVE atlántico, y también serviría como medio privilegiado para el transporte intramunicipal, uniendo Bamio y Carril con el centro de la ciudad.
Entrevista con el Eixo
Luis Sabariz, teniente de alcalde de Pontecesures y miembro destacado de la comisión de alcaldes y municipios que reclaman el mantenimiento de la actual línea férrea, mostró ayer su completa sintonía con el planteamiento del BNG. «Esta é precisamente a nosa idea, que a vía se adapte para soster un tren de proximidade, con moitos puntos de parada, para prestar un verdadeiro servizo», apuntó Sabariz, quien ha mantenido ya contactos con el portavoz nacionalista en Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, y espera hacerlo en breve con el número uno de Izquierda Unida, Juan Fajardo.
El munícipe cesureño se muestra, también, convencido de que la línea de tren puede convivir con propuestas como la de la senda verde que defiende el grupo socialista de Vilagarcía. «Hai en Europa exemplos abondo de que esta convivencia é posible», sostiene Sabariz, quien está dispuesto a solicitar una entrevista con la comisión de infraestructuras del Eixo Atlántico, tal y como sugirió la semana pasada el secretario xeral del ente transfronterizo, Xoán Vázquez Mao. Para ello, no obstante, será preciso que la alcaldesa de la capital arousana, Dolores García, ejerza como puente entre los alcaldes y la eurorregión.
LA VOZ DE GALICIA, 20/05/09
O A Palmeira gaña o torneo de futbito de Valga tras empatar co Sol y Mar na derradeira xornada.
O Campionato de Futbito Veterán de Valga disfrutou o pasado domingo dunha derradeira xornada de Liga soñada. Unha xornada na que os dous candidatos ao título, o A Palmeira e o Cafetería Sol y Mar, se enfrontaban entre si. O resultado, un empate a uns que lle deu o primeiro posto final ao A Palmeira por un único punto, 57 fronte a 56.
O resto da xornada deixou os seguintes marcadores: A Redonda 3-2 Benjamín Ramos; Trans. Veiga/Bar O Belén 4-2 Valdeza/Bar Juan; Joyería Riveiro 0-0 Bar Muelle; Desigual 2-3 A Cacharela/Karymo; e A Casa Vella 2-0 Extrugasa. O Elite Electricidad descansou.
Á marxe do campión e do subcampión, a clasificación final quedou así: 3º A Cacharela (49 puntos), 4º A Redonda (47), 5º Bejamín Ramos (44), 6º Trans. Veiga (34), 7º Valdeza (33), 8º Desigual (28), 9º A Casa Vella (23), 10º E. Electricidad (22), 11º Bar Muelle (17), 12º J. Riveiro (16), e 13º Extrugasa (16).
Francisco Javier Vázquez Taibo, do Benjamín Ramos, rematou o campionato como máximo goleador con 32 dianas, e Carlos González González, do A Palmeira, como porteiro menos goleado logo de encaixar 18 tantos. O A Redonda, cunha ducia de amonestacións, levouse o trofeo á deportividade.
LA VOZ DE GALICIA, 20/05/09