Contos para festexar os 25 anos da biblioteca de Pontecesures.

El 16 de abril de 1984 inaugurábase oficialmente a biblioteca municipal de Pontecesures. O centro de lectura xa se abrira ao público uns días antes, polo que nestas datas cumpre 25 anos de historia, un tempo no que conseguiu evolucionar parea ofrecer máis e mellores servizos aos seus usuarios, que actualmente sobrepasan a cifra de catrocentos.
Par conmemorar o primeiro cuarto de século da biblioteca, o Concello impulsa unha programación cultural que se prolongará durante todo o mes de abril e que comezou onte onte cunha sesión de contacontos na que participaron uns vinte rapaces da vila de seis a doce anos. Mario Tomás entretivo aos cativos coas historias que forman parte do seu espectáculo “Contos chegados doutro lugar” e serviu para abrir boca de cara as dúas vindeiras citas q8ue acollerá a biblioteca pontecesureña, que se centrarán tamén nos contos.
Os usuarios da biblioteca recibiron o xoves unha saborosa sorpresa en forma de doces e lambetadas, no que foi unha improvisada celebración do 25 aniversario dende a apertura do centro. Os cativos deron boa conta de todas as lambonadas.

DIARIO DE AROUSA, 04/04/09

A gaiteira cesureña Adriana Rivas Seijo, participou, de novo, no concurso de Arteixo.

Aínda que saíu contenta da actuación, esta vez Adriana, gaiteira do grupo Algueirada, non obtivo premio no concurso de gaiteiros solistas “Xiradela” de Arteixo. Houbo dez participantes cun bo nivel en xeral.
Nesta ocasión Adriana non levou acompañamento, pois unha indisposición de última hora impediu o desprazamento do monitor, Miguel Castaño, á cidade coruñesa.

I Copa de Fútbol Sala Pascua 09 en Cordeiro.

Disputarase o xoves e o venres próximos, de 10 a 22 horas, no pavillón de Beiro.
Os premios serán de 1.500, 600, 300 e 100 euros, máis trofeo para os 4 primeiros clasificados, e o cota de inscripción é de 100 euros (máximo 32 equipos).
O sorteo terá lugar na Casa de Cultura de Campaña o mércores día 8 ás 22 horas.
Rexerán as normas da Federación Galega de Fútbol Sala e haberá servizo de cantina.

Inscricións: 659 822427 e 669 521912

ESTE MARTES 7 DE ABRIL,ESTARÁN O ALCALDE E O TENENTE-ALCADE DO CONCELLO DE PADRON EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA

Mañá martes 7 de abril,o programa “Palco de Estrelas” de Radio Valga, dirixido e presentado por Daniel Seijas Llerena, adianta un días a súa emisión esta semana. Dado que o xoves é festivo e o mercores en Radio Valga ,a noitiña ,hai unha importante retransmisión deportiva narrada en directo dende Vilagarcia por Héctor Bermudez,onde xoga o equipo de Balocesto feminino do Extrugasa,decidiuse adiantar a mañá martes a emisión do programa “Palco de Estrelas”. Desta vez contarase nos estudios centrais de Radio Valga,sobre as 21.35h., da presencia en directo do alcalde de Padrón, Don Camilio Forjan Seoane e do Tenente-Alcalde e concelleiro de Cultura,Don Eloy Rodriguez Carbía, para falarnos da programación das festas da Pascua 2009. Ademais,nos xa case 10 anos de historia da emisora valguesa, é a primeira vez que uns dirixentes do goberno municipal de Padrón acuden a unha entrevista en directo a propia emisora.