Sobre ás 21:15 horas, a altura do número 22 desta rúa, fronte o Supermercado Moldes (N-550), o Peugeot 205 3779-BWZ, guiado por un veciño de Dodro colisionou por alcance co vehículo Renault Clío 2081-FLG que lle precedía onde ía un matrimonio de Pontecesures que vive na Travesía da Bandeira, cun neno pequeno. Este tamén contactou por atrás co que lle antecedía, unha Citroën C-15, C-4502-BN, dunha empresa e cun único ocupante.
Foi necesaria a intervención da Policía Local, e foi enviada unha ambulancia medicalizada do 061 por se era necesario trasladar ao neno que presentaba algúns síntomas de estar ferido. Afortunadamente o rapaz estaba ben, a ambulancia foise baleira, e, polo tanto, non houbo feridos.
Si houbo algunhas retencións de tráfico nesa hora punta, ata que foi retirado un dos vehículos sinistrados que se atopaba nun dos carrís da estrada. Tamén foi necesaria a intervención de Protección Civil de Pontecesures que retirou da calzada cristais e outros restos dos vehículos afectados pola colisión que entorpecían a circulación.
BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA DO EXTRUGASA RIO ULLA
Extrugasa sesior 2008-09
SENIOR ZONAL
Domingo as 17.30 h. en Pontecesures contra Ribadumia. Rematarán os 12 minutos e 35 segundos que faltan deste partido suspendido no seu momentopor humidade na pista.
Domingo as 18.30 h. en Pontecesures contra Pub A Leria – Cambados. A continuacion, o equipo xoga o partido da xornada, contra un equipo co que nos decidimos quen evita o descenso. Un dos 2 equipos: Cambados ou o Extrugasa salvarase a costa do outro, e o outro descenderá xunto con Pontevedra, pois para que Pontevedra se salvase e descenderan Cambados e Extrugasa tería que darse unha combinacion moi improbable.
En caso de gañar ó Cambados teríamos 2 victorias mais, e si é por mais de 11 puntos teríamos tamen o “basketaverage”. Gañando os 2 estaríamos matematicamente salvados, polo que esta é a xornada clave para intentar evitar o descenso.
INFANTIL MASCULINO
Sabado as 12 en Pontevedra contra o CB Pontevedra. Partido moi igualado a priori no que os nosos se xogan estar nos postos de arriba.
ALEVINS
Sabado as 16.30 h. en Pontecesures, contra o CB Meco de O Grove. Deberían de impoñerse os nosos nenos/as sen problemas.
INFANTIL FEMENINO
Sabado as 17.45 h. en Pontecesures, contra o CB Meco de O Grove. Partido moi igualado, onde as nosas nenas teñen unha oportunidade de demostrar que progresaron na temporada.
CADETE MASCULINO
Sabado as 19.45 h. en Pontecesures, contra o Estudiantes de Pontevedra. Os retos para o noso equipo neste partido son saber por canto se vai gañar e si se chega ós 100 puntos.