Limitacións de tráfico o día de San Lázaro en Pontecesures.
Comunícase a todos os veciños, especialmente aos que estacionan os seus vehículos na rúa San Lois (dende Ultramarinos Zabala ata o Coche de Pedra), ou na Miguéns Parrrado, que o domingo 29 de marzo (día de San Lázaro), dende ás 6 da mañá ata as 22 horas da noite, esas rúas deben quedar sen vehículos por mor da romaría, converténdose en rúas peonís e para a instalación dos numerosos postos de venda ambulante.
As orquestras Panamá e Philadelphia estarán esta fin de semana en Chanteclair
A orquestra Panamá estará o sábado 28 de marzo, mentres a Philadelphia estará o domingo día 29 de marzo.
BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA
SENIOR
Rematan a liga o sábado ás 7 en Vilanova. Partido de trámite, pero con gañas de despedir a liga cunha victoria.
INFANTIL MASCULINO
Domingo ás 12 en Pontecesures, contra BBC de Vilagarcia. Partido complicado e veremos como afecta o cambio de hora.
ALEVIN
Partido Domingo ás 5 no Grove, contra o CB Grove.
BENXAMÍNS
Torneo domingo ás 6 no Grove, contra CB Grove e Dorna de A Illa.
A comisión de patrimonio dictamina favorablemente a cesión do Centro de Saúde ao SERGAS.
Na sesión celebrada no día de onte, a Comisión de Facenda, Patrimonio e Contratación do Concello de Pontecesures, dictaminou favorablemente a proposta de ceder grutuitamente o Centro de Saúde ao SERGAS.
O voto foi unánime dos cinco integrantes da comisión, Maribel Castro (IP), Javier Quntá (PP), Luis Sabariz (Non adscrito), Xosé Antonio Baliñas (BNG) e Arturo Ferro (BNG).
Agora o asunto vai ser tratado no pleno ordinario do día 30 de marzo.
VISITA A LA BASE GENERAL MORILLO
La Asociación de Empresarios dos vales Ulla-Umia (AEVU) organizó una visita a la Base General Morillo (BRILAT). Esta visita se realiza con la finalidad de dar a conocer a los jóvenes de los distintos colegios e institutos de la comarca las salidas profesionales que ofrece la carrera militar.
La visita tuvo lugar el 25 de marzo, teniendo como hora de llegada las 10:00 h. Posteriormente se celebró un concierto de la Banda de Guerra de la BRILAT continuando con la visita a las instalaciones de la Base, en la que los jóvenes pudieron ver de cerca el material, vestuario y dependencias de la tropa.
La visita finalizó con una comida en el comedor de la tropa, momento en el que los responsables de reclutamiento les hicieron entrega a los jóvenes de distinto material informativo.
Participaron en esta jornada un total de 70 alumnos, pertenecientes al ICPR San Fermín de Caldas de Reis y al CPI Santa Lucía de Moraña.
Nota de Prensa de Asociacion de Empresarios dos Vales do Ulla e Umia.

