O desgoberno municipal torpedea a III Feira do Automóbil
O BNG de Pontecesures, a raíz da controversia xurdida respecto á III Feira do Automóbil, quere manifestar o seguinte:
? bochornoso que o Concello de Pontecesures pretenda usurpar a organización deste evento á asociación ??Mirándolle os dentes?, sendo esta a que leva dende a 1ª edición desta feira, no ano 2007, levándoa a cabo cun éxito de afluencia de xente e organizativo moi importante que superou con creces calquer expectativa prevista tanto no ano 2007 como no pasado 2008. Os membros desta asociación traballaron de forma incansable para que esta feira resultara o máis lucida posible xestionando con outras asociacións a súa presenza en Pontecesures, encargándose eles mesmos de traer os seus vehículos, organizando nas dúas edicións o mercado de compraventa de pezas de recambio para vehículos clásicos, buscando apoios económicos en difetentes organismos da administración, aportando incluso cartos propios e, en definitiva, facendo todo tipo de traballo organizativo para que a Feira do Automóbil recuperara o esplendor que tivo no pasado nas distintas edicións dende 1925 ata hoxe; tratando de facer desta feira patrimonio dos veciños de Pontecesures.

