Pandereteiras e cantos da terra para os Reis Magos en Cordeiro.

As pandeireteiras de Valga foron unhas das participantes do festival.

O Auditorio de Cordeiro acolleu na tarde do domingo o último festival musical que organizou o Concello de Valga para celebrar estas festas de Nadal. Desta volta, a protagonista foi a música tradicional, e máis concretamente a que puxeron sobre o escenario os grupos de pandeireteiras que existen no municipio de Valga.
As tocadoras (e tocadores) de Casaldeirigo, Cordeiro, Valga e Xanza estiveron acompañadas no escenario polas compoñentes do grupo do concello de Ames, Val da Maía, que cantaron neste festival unha peza que recolleran á veciña máis lonxeva do municipio, falecida recentemente, titulada ??Serán de Cordeiro?, á que quixeron homenaxear con este tema.

A ritmo de pasodobres, maneos, xotas e muiñeiras, os cinco grupos fixeron un rápido repaso pola música tradicional galega.

Sorpresa.
Pero a tarde deparaba algunha novidade importante. Sen estar no programa, rapazas do colexio Xesús Ferro Couselo, da parroquia valguesa de Cordeiro, e tamén do C.R.A. do concello quixeron tamén demostrarlles a todos os asistentes o moito que aprenderon nestes dous meses que levan recibindo clases cada xoves no Auditorio Municipal. Elas fixeron unha estrea mundial xa que unha das súas compoñentes, concretamente Antía Blanco, compuxo unha canción que onte deron a coñecer a todo o público.

Unha tarde de música da terra na que tamén houbo humor ??made in Galicia? posto que para o evento do domingo a concellería de Cultura quixo contar coa participación do humorista do ??Luar?, Lito de Arzúa, quen lle arrincou máis dun sorriso ao público que ateigaba o Auditorio. Logo desta participación, o Alcalde fixo a entrega dunha placa conmemorativa aos grupos participantes.

DIARIO DE AROUSA, 06/01/09

Espectacular éxito da Cabalgata de Reis de Pontecesures.

Máis de 1.200 persoas asistiron hoxe a presenciar a Cabalgata de Reis de Pontecesures. Desfilaron seis vistosas carrozas preparadas por asociacións (Xarandeira, A Barcarola e a ANPA do CPI Pontecesures) e outros grupos de persoas, desinteresadamente. Houbo fogos artificiais e foron repartidos case 600 agasallos aos nenos/as polos Reis Magos, despois de que estes foran recibidos pola alcaldesa, o concelleiro de cultura e o párroco da vila.
Segundo a opinión de moitos dos asistentes, esta edición da cabalgata foi moi exitosa, salientandose que houbo moitísimo público e tamén moitos nenos/as nas carrozas e na comitiva.
Hai que agradecer o labor realizado polas asociacións anteditas, polas persoas voluntarias que colaboraron na organización, cos traballadores do concello, cos conductores das carrozas, cos donos dos coches que levaron as mesmas, cos voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e coa Policía Local. Sen o seu traballo sería imposible a celebración dun evento que se consolida ano tras ano en Pontecesures.

Mensaxe dos Reis Magos esta noite en Pontecesures.

No palco instalado na Plazuela por mor da cabalgata, o Rey Melchor pronunciou a seguinte mensaxe:

¡Benqueridos cesureños!

Un ano máis chegamos a esta fermossa vila de Pontecesures cheos de ilusión, e con gañas de traballar esta noite para deixar a todos os regalos que merecedes.
A pesar da crise, que tamén se aprecia en Oriente, esperamos contentar a nenos e maiores.
Queremos agradecer a benvida e o traballo realizado polos organizadores da Cabalgata, como son os voluntarios e as asociacións deste concello que sabemos que loitaron dabondo para posibilitar este desfile.
Ademais de desexar un feliz ano 2009, queremos que este pobo progrese como merecen os seus veciños.
Aos nenos lle pedimos que se porten ben no colexio e nas súas casa; e aos maiores que se volquen na educación dos máis cativos, como garantía de que no día de mañá serán boas persoas.
Rapaciños, agora idevos pronto para a cama, e durmide asiña para que poidamos facer a entrega dos regalos con rapidez. Pensade que sodes moitos e queremos cumprir con todos.

¡Ata o ano que ven!

Incendiase un contador de Unión Fenosa na rúa Calera.

Sobre ás 19 horas do día hose declarouse un pequeno incendio no contador para o alumeado público que ten Unión Fenosa na rúa Calera (preto da Cerámica Celta). Foi extinguido por membros de Protección Civil de Pontecesures que foron alertados polo 112.
Foi avisada é empresa, e tamén as persoas encargadas do mantemento do alumeado público municipal, para analizar a incidencia que poida ter a queima do contador no cadro e nas instalacións do alumeado e corrixir as deficiencias.

Solo un tercio de la flota apostó por iniciar la campaña de la lamprea en aguas del río Ulla.

Los valeiros confían en superar los malos resultados del año pasado

De las 21 embarcaciones autorizadas para la pesca de la lamprea en la desembocadura del río Ulla, solo 7 han decidido iniciar la temporada de capturas en la fecha marcada por el calendario oficial. Los valeiros, que así se llaman quienes se han especializado en la recogida de este curioso pez, tienen aún fresco en la memoria el recuerdo de la última campaña. «A peor que se lembra», sentenciaba ayer, contundente, el presidente de este colectivo, Antonio Pesado Romai.
Con la mala experiencia reciente, los valeiros han sido muy cautos antes de lanzarse a la captura de la lamprea. «Ao estar o río tan baixo de caudal, a xente non se fía moito. E o gasto en gasolina tampouco compensa, porque hai que pensar que para traballar á lamprea hai que facer un percorrido río arriba que ben leva media hora», explica el presidente de los valeiros de Pontecesures.
Muchos profesionales, por lo tanto, han preferido seguir trabajando como hasta ahora: desenfundando sus butrones para largarlos al mar y recoger chopos y otras especies más previsibles que la escurridiza lamprea. «Este é un peixe moi raro. Pode darse que en dúas semanas non se colla ningunha, e de repente se collan unha chea delas», explica Antonio Pesado. «Normalmente, se o río vai con pouca auga, entran máis tarde», explica este veterano de la pesca de la lamprea. Para el colectivo al que representa, los mejores años son «os chuviosos. Non se sabe por que é, pero canta máis auga doce chega ao mar, máis lampreas entran».
Este año, el inicio de la campaña ha sido titubeante: hasta la fecha se han capturado tres piezas que han podido lograr en el mercado un valor interesante. «Hai moito afeccionado que solo polo gusto de dicir que comeu a primeira lamprea está disposto a pagar un bo prezo», sentenciaba ayer Pesado Romai. Pero no toda la lamprea que salga del río va a alcanzar los sesenta euros que se han podido pagar por los primeros ejemplares. «Está a entrar moita de fóra que se vende como galega», explica el presidente de los valeiros. El origen de esa competidora encubierta estaría situado en Francia, desde donde el pescado viajaría hasta Galicia para ser presentado en muchas mesas como producto extraído de las aguas del país. «No aspecto non ten moita diferencia, pero no sabor sí que se nota o cambio», explica el presidente de los valeiros. «Pasa igual que co marisco», concluye.
Fuertes tasas
Aunque son muchos los factores que juegan en su contra, Pesado Romai no ha renunciado a la esperanza. Por eso confía en que las capturas hagan rentable una actividad gravada con numerosas tasas. «Moitas delas excesivas, porque temos que pagar por algunhas cousas como se fósemos pescadores deportivos. E nós somos profesionais», sentencia el presidente de la asociación de valeiros. Una organización que, pese a estar integrada mayoritariamente por cesureños, está integrada en la cofradía de pescadores de Carril.

LA VOZ DE GALICIA, 05/01/09