A Xunta licita por 180.000 euros unha senda paralela á PO-548 en Valga

Publicado por Plumilla o

A Xunta de Galicia saca a licitación, por un total de 176.551 euros, as obras dunha nova vía de servizo anexa á estrada autonómica PO-548 no seu paso polo Concello de Valga.

Según explica a Xunta, a actuación ten como obxectivo principal a mellora da mobilidade e da seguridade viaria, facilitando os desprazamentos a pé da veciñanza.

En concreto, a actuación consistirá na ampliación da plataforma desa vía de servizo, incrementando o ancho da calzada ata os seis metros, o que permitirá garantir o cruzamento seguro de vehículos e habilitar un itinerario peonil accesible.

Para iso vai construírse unha senda de formigón coloreado de 2,02 metros de ancho que mellorará a mobilidade peonil e permitirá a conexión coa Igrexa de Santa Columba de Cordeiro. Ademais, manterase o acceso ás parcelas privadas existentes mediante un pequeno camiño de servizo de 3 metros de ancho.

O tamén proxecto contempla actuacións complementarias, como o retranqueo ou soterramento dalgúns postes de servizos, a execución de pequenos muros de contención de pedra para estabilizar os noiros e a mellora do sistema de drenaxe da vía de servizo, entre outras.

Fonte: La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.