Aproveitando a obra de ancheamento de Medio Rural no camiño que une A Toxa con Carreiras, o Concello fixose cargo dunha actuación para seguir ancheando o camiño algo máis, e así hoxe foi derrubado o pilón do Quinteiro logo de obter a autorización dos propietarios. Este pilón que foi construído hai máis de vinte anos estaba no propio camiño que agora vai gañar espazo público para beneficio de todos
O sábado 20 de decembro, festival de Panxoliñas e Polifonía en Padrón.
Será ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, e participarán a Coral Faberense León, a Coral Polifónica Casino Mugardés e a Coral Polifónica Padronesa.
O evento é organizado por esta última aque agradece a todas as empresas e casas comerciais que coa súa axuda fan posibel este festival.
Colaboran o Concello de Padrón, a Delegación Provincial de Cultura de A Coruña, Xacobeo, a Deputación de A Coruña, a Fundación Rosalía de Castro, a Fundación Camilo José Cela, “La Caixa”, e Radio Valga.
Un camión incendiouse a pasada madrugada na rúa Fontaíña de Pontecesures.
Pouco antes das cinco da madrugada, declarouse o incendio dun pequeno camión caixa na rúa Fontaíña de Porto (subida ao campo de fútbol dende a as proximidades da vía férrea), propiedade dunha pulpería cesureña. A explosión das rodas espertou a varios veciños, e no lugar presentáronse membros de Protección Civil de Pontecesures e a motobomba de Padrón. A camión ardeu por completo e tamén varios elementos que tiña na caixa (taboleiros para mesas de pulpería, fundamentalmente). Tendo en conta que o vehículo non circulaba dende hai uns meses, pode supoñerse que o incendio fose provocado.
A rúa estivo sempre expedita, e arestora o camión xa foi retirado por unha empresa de desgüace.
Hoxe chega Papa Noel para visitar aos nenos/as de preescolar na casa de Pontecesures.
Será ás 17:00 horas no Club Xuvenil cando chegue Papa Noel con agasallos para os aproximadamente 20 nenos/as que asisten a estas clases (2 grupos) que se celebran os mércores.
A pesar de que a monitora está de baixa por mor dun accidente, Papa Noel non fallará na súa cita anual con estes pequenos.
Vodas de prata par unha ilustre visita.
Os nenos foron os protagonistas da visita do arcebispo a Cordeiro.
A parroquia de Cordeiro puxo no día de onte o punto e final á visita pastoral que levou ao arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio Barrio, a estar cos fregueses de todo o arciprestado de Iria-Flavia, do que forman parte os municipios de Valga e Pontecesures.
A visita comezou arredor das 11 da mañá na Capela de Vilar, onde monseñor mantivo un encontro cos veciños para escoitar as súas inquedanzas. Posteriormente, e acompañado polo vicario José Antonio Seoane, dirixíronse ao Auditorio Municipal, xunto co párroco, don Xesús Pazos, onde se reuniron coas integrantes da Asociación de Mulleres Rurais ??Albor?, para posteriormente subir ao Centro de Día a conversar cos maiores que asisten ao centro asistencial valgués.
Logo de visitar aos enfermos da parroquia que o pediron, e antes da celebración da misa, monseñor Julián Barrio quixo conversar cos nenos da catequese parroquial e coas catequistas para saber de primeira man cales son os temas que máis preocupan, tanto ás educadoras como aos cativos.
Deste xeito, o Arcebispo puxo o punto e final á visita pastoral que realizou a Iria-Flavia coa intención de non tardar outros vintecinco anos en volver polo que foi o berce do Apóstolo Santiago.
Pontecesures > O concello do Ulla tamén foi escenario da visita arcebispal na xornada do domingo. Medio cento de persoas, así como o párroco, a alcaldesa e outros membros da Corporación Municipal déronlle a benvida a Barrio na Capela do Pilar. Pero monseñor tamén se reuniu cos nenos e catequistas, e con enfermos do Concello de Pontecesures.
Á tarde, durante a misa solemne, cantada polo coro A Barcarola, o Arcebispo presidiu a confirmación de 25 mozos e adultos.
DIARIO DE AROUSA, 17/12/08
Dan a conocer a los cesureños el Programa de Termalismo Social.
El Concello de Pontecesures informa a sus vecinos, a través de un bando, sobre el Programa de Termalismo Social 2009, dirigido a pensionistas, mayores de 60 años o sus cónyuges a los que estén recomendados este tipo de tratamientos. Para participar en el turno de enero a agosto el plazo para inscribirse termina el 16 de enero, para acudir entre septiembre y diciembre, el plazo se prolonga hasta mayo.
DIARIO DE AROUSA, 17/12/08