Maña día 16 de setembro, ás 19:30 horas, actuará o grupo folclórico “Algueirada” na praza de Padrón de Rianxo, dentro do programa das Festas da Guadalupe 2008.
Os integrantes do grupo teñen prevista a saída da expedición ás 18:15 horas dende a parte traseira da praza de abastos de Pontecesures.
A Agrupación local de Pontecesures convida ós afiliados a asistir á festa anual do PSdeG-PSOE
O secretario xeral dos socialistas cesureños, ?scar Gerpe, ven de comunicar ós afiliados cesureños que o sábado día 20 de setembro, terá lugar a festa anual do PSdeG-PSOE en Vialagarcía de Arousa (recinto de FEXDEGA), coas intervencións de Touriño e Zapatero e que rematadas as intervencións celebrase un xantar cun custo de 15 euros por persoa.
Os interesados en asistir poden poñerse en contacto ca agrupación local antes do martes día 15, para obter os tickets do xantar a reservar prazas de autobús (gratuito).
Practicamente rematada a beirarrúa da Travesía do Automóbil de Ocasión.
Por fin, e despois de tantos anos, foi construída a beirarrúa nesta rúa (no lateral da antiga casa de D. Víctor). Estase a construir un hostal nesa edificación, pero foi unha obra con bastantes incidencias e paralizacións e con cambios de propietarios. Así a beirarrúa permaneceu nun mal estado, dende hai moitísimos anos, con pedras e area. A sociedade titular do inmoble encargouse agora de realizar a obra de urbanización para satisfacción de todos.
Na mesma travesía está moi mal a beirarrúa de enfronte que presenta problemas de afundimento con lousas rompidas. En vindeiras datas vaise acometer o seu arranxo.
Educación secundaria de adultos 2008/2009 en Pontecesures.
Infórmase que está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adultos, consistentes en clases presenciais de preparación para obter o título oficial de Educación Secundaria para persoas adultas (ESA) ao que poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais (título de Graduado en Secundaria. Curso 2008/2009).
Co graduado escolar acceden directamente ao 2º nivel de secundaria podendo obter o título nun só curso.
Con estudos primarios, EXB ou primeiro ciclo da ESO sen rematar, deberán realizar o 1º e o 2º nivel, podendo acadar a titulación en secundaria en dous cursos académicos.
As clases realizaranse en horario nocturno.
Así mesmo, as persoas menores de 18 anos e maiores de 16 poderán matricularse no caso de que:
-Conten cun contrato de traballo.
-Conten con autorización da Inspección Educativa para non continuar no réxime ordinario do ensino.
Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9:00 a 13:30 horas.
Hemeroteca: Alcalde de Padrón.
El martes 13 de setiembre de 1983, La Voz de Galicia publicaba la siguiente noticia:
Alcalde de Padrón.
La Junta Electoral Provincial de A Coruña comunicó ayer la decisión de la Sala de lo Contencioso Administrativo de la Audiencia Provincial por lo que impone la elección de un nuevo alcalde en Padrón, en atención al recurso que presentó la candidatura encabezada por el ex alcalde Eduardo Otero.
Sección Hemeroteca. Hace 25 años. LA VOZ DE GALICIA, 13/09/08
Melloras na biblioteca municipal de Pontecesures.
Nestes días estase a reparar a carpintería exterior de madeira da biblioteca municipal, situada na rúa Raimundo García Domínguez “Borobo” de Pontecesures.
A carpintería deste edificio antigo leva moito tempo en malas condicións e resultaba imprescindible adoptar medidas para evitar filtracións de augas no interior do edificio, ademais para mellorar a estética do edificio que foi onde estivo a sede da Casa do Concello ata principios dos anos setenta.
Tamén foron instalados catro ordenadores para uso diario dentro do programa “Internet nas bibliotecas”. Agora contamos con sete ordenadores en total, e pode prestarse un servizo máis axeitado ó crecente número de usuarios que ten a nosa biblioteca municipal.
Por último, realizáronse cambios na distribución das estanterías e outros elementos das instalacións, para facilitar a utilización das mesmas.