Carta del padronés Juan Otero Fontán sobre las Agrupaciones Socialistas.

En el 37 congreso del PSOE, según un medio de comunicación nacional, figuraba el borrador de la ponencia de organización elaborada por el ex secretario de Organización, José Blanco, dentro de la ponencia marco, que coordina Jesús Caldera. Un plan de modernización de sus agrupaciones para poner frente a ellas a militantes para relacionarse con los ciudadanos de su entorno y hacerles llegar las propuestas del PSOE.

Celebro que mi partido se preocupe por mejorar la coordinación y la eficacia de las agrupaciones para poner frente a ellas a militantes para relacionarse con los ciudadanos de su entorno y hacerles llegar las propuestas del PSOE. Celebro que mi partido se preocupe por mejorar la coordinación y la eficacia de las agrupaciones, para que éstas puedan ayudar e incluso resolver muchos problemas que sufren los ciudadanos, sobre todo en materia de información.

Pero para que esto funcione es necesario que los responsables políticos de las agrupaciones sepan escuchar y estar con la gente, que cuenten con la participación de la militancia, que estén dispuestos a compartir la toma de decisiones, que tengan interés en coordinar equipos humanos, que tengan la voluntad de crear un plan de trabajo, que el grupo municipal y la comisión ejecutiva trabajen coordinadamente, que haya confianza y sinceridad abierta en la comunicación, dar coherencia a las posiciones políticas, saber transmitir las ideas y responsabilidad, competencia y compromiso en la construcción del partido y su funcionamiento.

Creo que mientras no exista una estructura que contemple estos elementos, algunas agrupaciones seguirán teniendo problemas de comunicación con los ciudadanos y su papel dentro del partido será decorativo. Como dijo recientemente Barack Obama, tenemos un grupo de gente muy inteligente, creo que saben diez veces más que nosotros sobre los detalles de cada tema, pero hay que tener suficientes conocimientos sobre las opciones que se te ofrecen y tener el juicio adecuado para tomar decisiones.

Carta al director de “EL CORREO GALLEGO”, 13/09/08

O Náutico de Pontecesures recibe 2.000 euros da Xunta para adquisición de canoas e kaiaks.

Clubs e concellos da zona reciben da Xunta 100.000 euros para material e infraestructuras
A Concellería de Cultura e de Deporte da Xunta de Galicia vén de anunciar a distribución das súas axudas anuais a clubs e concellos para equipamentos e infraestructuras deportivas. Partidas que na provincia de Pontevedra suman case un millón de euros, dos cales 100.000 irán parar a Arousa e o Baixo Ulla.
Por Concellos, o de A Illa de Arousa é o máis beneficiado, cun total de 26.000 euros para a substitución da cuberta do pavillón polideportivo. Dez mil este ano e 16.000 no 2009. O de Vilagarcía recibíu 22.000 euros (10.000+12.000) para o acondicionamento do pavillón de carril. Ao Concello de Catoira concedéronselle 12.500 euros para a adquisición de equipamento deportivo para o club de piragüismo, 10.000 ao do Grove para a compra de canastras de baloncesto e material de ximnasio, e 1.000 á administración local de Vilanova para a adquisición de taboleiros de baloncesto.
Catorce clubs na lista
No capítulo de clubs, son catorce as entidades deportivas da zona beneficiadas, sendo o Club de Remo Mecos o mellor parado cunha axuda de 5.000 euros para o arranxo do foxo de remo das súas instalacións.
O As Torres ingresará 4.000 euros para melloras no seu ximnasio e a renovación de barcos, que unidos á subvención do Concello, elevan a 16.500 os euros destinados polo departamento autonómico de Deportes ao piragüismo catoirense.
A Asociación Cultural e Deportiva Dorna da Illa terá 3.500 euros para a adquisición de dúas dornas polbeiras e dúas velas, e cinco clubs recibirán 2.000 euros cada un: a Asociación Deportiva Corón, para a instalación de iluminación no seu campo de fútbol; o Breogán do Grove, para a compra dunha zodiac con motor; o Náutico Pontecesures, para a adquisición de canoas e kaiaks; o C.R. Vilaxoán, que mercará co diñeiro unha traineiriña; e o Piragüismo Illa De Arousa, para a compra dun remolque e estanterías para as piraguas.
A asociación Fasquía da Illa (1.500 euros), o Piragüismo Cambados (1.500), o Cambados Tenis de Mesa (1.000), o Ribadumia Tenis de Mesa (800), o Pérez Sub de Vilagarcía (600) e o Xadrez Fontecarmoa (500) completan a nómina.

Cultura e Deporte non concede subvención algunha ó concello de Pontecesures para instalacións deportivas en 2008.

No Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo de 2008, saíu publicada a orde de 5 de marzo de 2008 pola que se aprobaban as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de obras de infraestrutura deportiva de titularidade pública ou privada e para a adquisición de equipamentos deportivos. Agora publicase a resolución desta orde.
O Concello de Pontecesures solicitou axuda para a instalación do marcador no pavillón municipal (orzamento: 3.251,97 ?) e para acondicionar par ximnasio unha zona do propio pavillón (orzamento: 63.386,23 ?). Ámbalas dúas solicitudes foron denegadas.

Neogaleguistas.

Danme noxo estes novos galeguistas: os que din “os galegos/as”, os “cacos” e as “cacas”, os “gilipollos/as”. Estes son os finos que cando falaba galego na escola me chamaban pailán e aldeano.

Mensaxe dun anónimo publicado en “LV. De luns a venres”. 11/09/08

Inspección fluvial.

Un total de 240 grupos de voluntarios estudarán o estado de saúde dos ríos galegos e limparanos a partir do próximo luns.

“Cada vez hai máis xente que decide limpar estes ecosistemas, pero non saben como facelo”.
Ramsés Pérez, voceiro da asociación Adega.

Os grupos de voluntarios recollerán información estre o día 15 de setembro e o 31 de outubro. Estas actividades enmárcanse dentro da campaña de outono do Proxecto Ríos, organizado pola organización ecoloxista Adega.
Segundo explicou o coordinador dos grupos do proxecto, Paco Bañobre, os grupos, cunha media de dez voluntarios cada un, realizarán actividades de inspección dúas veces ao ano nos treitos deos ríos que elixen. Así., elaborarán un inventario de flora e fauna e analizarán as características físico-químicas da auga.
Para formar estes grupos de voluntarios, o proxecto celebrará unha “saída formativa” o próximo 27 deste mes na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, en Vilagarcía, na que incidirán no recoñecemento dos macroinvertebrados. Nesta liña, Bañobre asegurou que “a través dunha metodoloxía sinxela, calquera persoa” pode coñecer a situación dun río.

Limpeza simultánea. Entre as actividades previstas, a principal novidade consistirá nunha limpeza simultánea de varias canles fluviais de Galicia, o vindeiro sábado 4 de outubro. Esta iniciativa servirá para crear un protocolo para seguir na limpeza dos ríos.

“LV. De luns a venres”. O gratuito galego. 11/09/08

O “Joyería Riveiro” comeza a liga goleando fóra da casa.

O equipo cesureño de fútbol de veteranos “Joyería Riveiro” encadrado no grupo 5 la Liga de Veteranos de Pontevedra gañou fóra ó Mercaron por 2-4 o pasado fin de semana, e marcha 2º na táboa por detrás do equipo Rápidos de Xeve.

O vindeiro sábado, os cesureños xogarán o primeiro partido na casa contra o Caldas Veteranos no flamante Campo Ramón Diéguez, xa co céspede artificial.