Ás 22:15 horas, nas proximidades do parque infantil de Carreiras, será proxectada a película de Rowan Atkinson “Las vacaciones de Mr. Bean”.
Don Avelino Pousa Antelo estivo nos actos de entrega da Medalla de Ouro da Xunta a Editorial Galaxia.
Nun solemne acto celebrado o 25 de xullo en Santiago, que reuniu ás principais figuras da vida política e cultural gallega, o presidente de la Xunta afirmou que “Galicia síntese orgullosa de dispoñer de empresas culturais como a Editorial Galaxia”.
No acto estivo presente, Don Avelino Pousa Antelo, persoa moi vinculada a Pontecesures onde foi profesor durante moitos anos. A pesar da súa avanzada idade continúa a participar en todo tipo de actos en favor da cultura galega. Ogallá sexa así por moitos anos.
O luns día 28 de xullo haberá pleno ordinario en Pontecesures.
Será ás 21:00 coa seguinte orde do día:
1-Acta anterior.
2-Proposta do equipo de goberno sobre o “Grupo de Desenvolvemento Rural 20”.
3-Ordenanza Reguladora do Imposto sobre O Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. Aprobación definitiva.
4-Resolucións da alcaldía. Dar conta.
5-Informes da presidencia.
6-Rogos e preguntas.
Coma sempre faise un chamamento ós veciños para que asistan ó pleno.
Fiesta presentación del primer CD de “El Show de los Payasos”
La fiesta de este grupo cesureño tendrá lugar el jueves día 31 de julio a partir de las 16:00 horas en la zona portuaria de Pontecesures.
Habrá:
-Hinchables de Diverneno.
-Reparto de yogures, chupa-chups, aguas, etc..,para todos los niños/as.
-Actuación de las mejores orquestras.
-Artistas invitados.
-Presentación del CD y del mayor espectáculo de diversión con la actuación de “El Show de los Payasos”.
El festival será presentado por el popular showman Lorenzo de Arcade.
Colaboran: Concello de Pontecesures, Radio Valga, Diverneno, Espectáculos Lito, Clesa, Chupa-Chups, Adolfo Piñeiro Artes Gráficas, Carpas y Palcos Manolo, Nestlé, Finsa, Distribuciones Lema, Grúas Estación, Extrugasa, Distribuciones Braña, Musical Rosalino, Matutano, Ferretería Hnos. Castro Figueira, Electrofer y Comercial Moncho.
Agradecimiento especial para la Cruz Roja, Polícía Local de Pontecesures y Protección Civil de Pontecesures.
Intercambio xuvenil: Amigos do mar e a montaña 2008.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontecesures, conxuntamente coas dos concellos de Cuntis, Poio, Valga, Vilagarcía e Vilanova está a organizar este 7º intercambio que se levará a cabo os vindeiros días 11, 12 e 13 de agosto. Este intercambio xuvenil consiste na organización dunha viaxe de 3 días por diferentes lugares dos concellos sinalados, realizando actividades de ocio e lecer, didácticas, deportivas. etc…; pernoctando as dúas noites intermedias: a 1ª en Pontecesures e a 2ª en Vilagarcía. A idade para participar é de 13 a 16 anos (13 cumpridos antes do 11 de agosto, e non cumprir 17 antes desa data); eventualmente, senón se cubren tódalas prazas pódense inscribir en lista de espera rapaces/as que cumpran 13 anos no ano 2008 ou os que cumpran 17 despois do 01/01/08.
O prazo para a solicitude de prazas remata o xoves 31 de xullo, e a documentación facilítase na Oficina de Información Xuvenil de Pontecesures da Casa do Concello.