Premios do concurso de redacción “Letras Galegas 2008” das ANPAS dos colexios da comarca.

Na tarde do venres día 6 de xuño, no Auditorio de Ferreirós-Cordeiro, foron entregados os premios deste concurso para os nenos de 3º, 4º, 5º, e 6º de educación primaria do CPI Progreso de Catoira, CEIP de Baño-Valga, CEIP Ferro Couselo de Catoira e CPI Pontecesures.
Despois de celebrarse varios actos (teatro, pandereteiras e poesía), os gañadores recibiron os premios de mans do alcalde de Valga, José Mª Bello, do alcalde de Catoira, Alberto García e do tenente de alcalde de Pontecesures, Luis Sabariz. Tamén entregaron agasallos os representantes das ANPAS dos catro centros (a de Pontecesures estivo representada pola presidenta Yolanda Vieites Dos Santos), informándose que nesta edición a ANPA organizadora, foi a do CEIP de Baño-Valga.

Os nenos/as premiados foron os seguintes:

Terceiro:
1º-Yolanda Mota Romero do CEIP Ferro Couselo co traballo “A amizade”.
2ª-Samuel García Castro do CPI Pontecesures co traballo “O ciclo da auga”.

Cuarto:
1º-Javier Fernández López do CPI Progreso co traballo “Que voltas da a vida”.
2º-Roi Pereira do CEIP Ferro Couselo co traballo “O cabaliño de buxo”.
3º-Antía Sanmarco Martínez do CPI Pontecesures co traballo “A festa da lamprea”.
3º-Mª Mar Sanmarco Santos do CEIP de Baño co traballo “O 1º día de colexio”.

Quinto:
1º-Álvaro Bandín Eiras do CEIP de Baño co traballo “A primavera”.
2º-Carmen Ozores Gago do CPI Progreso co traballo “O soño de Cecilia”.
3º-Alejandro Potel Barreiro do CEIP Ferro Couselo con “As apariencias enganan”.
3º-Lara Rarís Frois do CPI Pontecesures con “Bubú, un can especial”.

Sexto:
1º-Eva Gerpe Limeres do CPI Pontecesures con “Xustiza para todos”.
2º-Iria Varela Río do CEIP Baño con “O meu cole”.
3º-Isabel Piñeiro García do CPI Progreso con “¡Volta conmigo!”.
3º-Xurxo Eitor do CEIP Ferro Couselo con “O can de Antón”.

A ANPA do CPI Pontecesures convoca ós pais/nais para unha reunión o venres 13 de xuño.

A ANPA do CPI Pontecesures convoca a todos os pais a una reunión que terá lugar na biblioteca do centro o vindeiro venres, día 13 de xuño, ás 20,30 horas, coa seguinte orde do día:

1-Lectura e aprobación do acta anterior.
2-Presentación dos cargos da nova directiva.
3-Presentación da festa de fin de curso.
4-Aprobación da cota da ANPA e seguro escolar para o curso 2008-2009.
5-Rogos e preguntas.

A xunta directiva.

REGATA INFANTÍS O GROVE

O As Torres, segundo na regata de promoción do Grove

Sabor agridoce o que lle quedou onte á expedición das Torres-Romaría Vikinga na cuarta proba do Gran Premio de Galicia de Promoción, desputada na praia grovense de Peralto. E é que se ben o equipo catoirense se subíu ao podio da regata, segundo por diante do líder provisional do campionato autonómico, o Náutico Firrete, o trunfo en augas arosás do Náutico Rodeira de Cangas fai caer o As Torres á terceira praza da xeral do G.P. de Promoción.

Os do Baixo Ulla sumaron un total de 3.518 puntos na proba do Grove, a escasa distancia dun Náutico Rodeira que se fixo coa victoria con 3.599. O Náutico Firrete foi terceiro con 3.339, polos 3.277 do Piragüismo A Illa de Arousa, cuarto, e os 2.835 do anfitrión, o Breogán-Outón Xunqueiriña, quinto.

Polo que respecta aos outros catro equipos da bisbarra, o Piragüismo Cambados ocupou a undécima praza con 1.263 puntos, o Náutico Pontecesures a decimoterceira con 1.012, o Náutico O Muíño de Ribadumia a vixésimo segunda con 590, e o Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa a vixésimo quinta con 503. En total foron 30 os clubs participantes.

A nivel individual, houbo sete podios arousáns e do Baixo Ulla, con pleno na proba de Infantís A C-1 Zurdos. Álvaro Novo López e Rubén Gómez Rial, das Torres, foron primeiro e segundo, respectivamente, co breoganista Breixo Lamas Galiñanes ocupando a terceira praza.

En Infantil B K-1 Jorge Riveiro Oliveira deulle o trunfo ao Náutico Pontecesures, e Jacinto Suárez Pouso, do Piragüismo A Illa de Arousa, foi segundo.

O medalleiro arousán complétase coas pratas de Iago Meis Radio en Infantil B C-1 Destros e de Manuel García Naveiro en Infantil B C-1 Zurdos. Ambos os dous, integrantes do Breogán. Hoxe a cita está en Ourense, no Descenso do Miño.

A VOZ DE GALICIA 8-6-08
www.nauticopontecesures.blogspot.com

Fallece Eduardo Paz, de “Casa Castaño”.

A los 80 años de edad, falleció hoy Eduardo Paz Barreiro, esposo de “Teresuca” Fajardo Castaño. Ámbos regentaron el emblemático restaurante Casa Castaño durante muchos años.
El cadáver está siendo velado en la Sala 3 del Tanatorio Iria Flavia de Padrón, y mañana lunes, día 9 de junio, a las 19:30, se celebrará el funeral en la Iglesia Parroquial de Pontecesures. Posteriormente se le dará sepultura en el cementerio de San Xulián. Descanse en paz.

O BB3 gañou o campionato de dardos “Concello de Pontecesures” en equipos femininos.

Disputóuse onte no Polideportivo Municipal de Pontecesures este campionato feminino. A entrega de Premios foi esta tarde xunto, coa entrega dos premios ós equipos mixtos e ós competidores individuais.
Gañou o BB3, 2º foi o Bouzón 3, 3º o Casa Pérez, 4º o Abadía, 5º o Dimensión, 6º o Bouzón, 7º o Onice, 8º o Choco, 9º o Baltasar e 10º La Noche.
Entregaron os premios dos tres concursos, a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, o concelleiro de deportes, Javier Quintá, o 2º tenente de alcalde, Luis Sabariz e a concelleira nacionalista, Cecilia Tarela.