I Trofeo de Piragüismo Pontecesures 2008.

Dentro do programa das Festas do Carme 2008, o luns día 7 de xullo, ás 17:30 horas celebrase no peirao de Pontecesures a proba de referencia para palistas das categorías alevín e infantil.

Información e inscricións no Club Náutico de Pontecesures, tfno: 609-762437

Organiza: Club Náutico de Pontecesures.
Patrocina: Concello de Pontecesures (Concellería de Xuventude e Deporte)
Colaboran: Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego e Deputación de Pontevedra

Sae á rúa o cartel da “I Festa do Churro de Pontecesures”.

Dentro das Festas do Carme 2008, o luns día 7 da xullo, a partir das 21:00, terá lugar na Plazuela a Festa do Churro de Pontecesures, con degustación de balde para nenos/as e maiores de churros con chocolate. Para amenizar a festa actuará o trio musical cesureño “Los Soprano” e as churrerías artesanas que colaboran son: BENEDICTA (Benedicta Llerena Limeres), FINA (Josefina Jamardo Doce), ISOLINA (Isolina Lafuente Vidal), JAMARDO (José A. Jamardo Doce), PATRI (Patricia Constantino Dasilva) e SANDRA (Sandra Lafuente Vidal).

Organiza: Concello de Pontecesures
Colabora: Padroado de Turismo “Rías Baixas”

Permanece en estado grave o home ferido no día de hoxe en NESTL?.

Francisco González Rodríguez, de 52 anos, nado en Lestido-Padrón e residente en Devesa-Valga, accidentado na mañá de hoxe na empresa Nestlé de Pontecesures, presenta queimaduras no 15% do seu corpo (a zona máis afectadas foron a cara e os brazos). Está ingresado na Unidade de Queimados do Hospital Juan Canalejo de A Coruña.
Este home. é electricista da empresa láctea dende hai bastantes anos, e sufriu unha descarga eléctrica na mañá de hoxe.

Escasos danos na noite de San Xoán en Pontecesures.

O Concello de Pontecesures, como nos últimos anos, preparou un operativo coa Policía Local e con Protección civil para evitar danos nos bens públicos e privados na noite da San Xoán (foron cuantiosos noutros anos).
Os danos neste ano foron escasos, e así na inspección ocular realizada nesta mañá apreciouse que tres sinais informativos foron dobradas ou derrubadas (una no peirao, outra no acceso á rúa do Pilar en San Xulián, e a última da zona azul, na rúa San Lois). Dironse ordes xa para o arranxo destos sinais.
Quero agradecer o labor realizado tanto polos policias locais de servizo, como polos voluntarios de protección civil.