BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DOS DISTINTOS EQUIPOS DO CLUB

Nesta fin de semana, os horarios dos equipos do club son os seguintes:

– SENIOR ZONAL: Sábado ás 20 h. xogan en Marín, co E.N. Marin

– CADETE: Sábado ás 10 da mañán en Pontecesures, contra o CB. Portonovo

– INFANTIL MASCULINO: Sábado as 12.15 h. na Estrada, contra o EDM Estradense.

– ALEVIN FEMENINO: Sábado ás 12.15 h. en Pontecesures, contra o E. M. Poio.

– ALEVIN MASCULINO: Sábado ás 16.30 h. no Liceo Casino en Vilagarcia.

Tania Vidal Álvarez, foi elixida educadora familiar de Pontecesures.

O tribunal composto pola secretaria do Concello, Mª Trinidad Rodríguez Suárez, pola traballadora social, Mª Consuelo Ordóñez Martínez e polo técnico de emprego, José Rodríguez Fructuoso, realizou onte a fase de entrevista para seleccionar este posto.
Acudiron á entrevistas dúas das tres aspirantes preseleccionadas logo da fase da baremación de méritos, e resultou elixida Tania Vidal Martínez con 9,10 puntos (7,10 de baremo máis 2 da entrevista). A outra aspirante, Tania García Vila tivo 7,95 puntos (6,45 do baremo máis 1,5 da entrevista). Non se presentou Mª Dolores Otero Agrelo.

Outra vez pintadas contra membros da corporación.

A primeira hora da tarde apareceron de novo pintadas en edificios municipais. Na fachada de pedra do Centro de Saúde apareceu o seguinte texto con pintura vermella:”MARIBEL CONTRABANDISTAS AL PODER”. Na biblioteca e coa mesma pintura: “DEMITE SABARIZ”.

Na biblioteca estiveron pola mañá tratando de borrar as pintadas realizadas hai uns días, pero, no mesmo sitio, volveron a pintar idéntico texto.

Carmen Coto y Juan Froján ofrecen esta tarde un mitin en Valga.

La Casa de Cultura de Valga acoge, a partir de las 20,30 horas de la tarde de hoy, un mitin do PSOE. Intervendrán la pjortavoz del grupo municipal socialista Carmen Coto Lois, y el secretario comarcal del partido en el Ulla-Umia, Juan Froján, que además ocupa el cargo de delegado de Medio Ambiente. Cerrará el acto Enrique Varela, candidato al Senado por la provincia de Pontevedra.

DIARIO DE AROUSA, 06/03/08