Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Tania Vidal Álvarez, foi elixida educadora familiar de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O tribunal composto pola secretaria do Concello, Mª Trinidad Rodríguez Suárez, pola traballadora social, Mª Consuelo Ordóñez Martínez e polo técnico de emprego, José Rodríguez Fructuoso, realizou onte a fase de entrevista para seleccionar este posto.
Acudiron á entrevistas dúas das tres aspirantes preseleccionadas logo da fase da baremación de méritos, e resultou elixida Tania Vidal Martínez con 9,10 puntos (7,10 de baremo máis 2 da entrevista). A outra aspirante, Tania García Vila tivo 7,95 puntos (6,45 do baremo máis 1,5 da entrevista). Non se presentou Mª Dolores Otero Agrelo.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.