El ferrocarril de cercanías que descarriló en Pontecesures era un CAF.

El tren de cercanías que descarriló en la localidad de Pontecesures el pasado día 3 de enero no era un pato, como se indicaba en la información publicada y según los datos facilitados por un cargo municipal del lugar del siniestro, sino un CAF, especificaron ayer fuentes de Renfe y del Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif) a EL CORREO.

EL CORREO GALLEGO, 16/01/08

A FINSA afirma que o episodio de saída de gran cantidade de fibra de madeira na tarde de hoxe, foi debido a unhas obras.

Facendo uso dunha grúa de considerables dimensións, se están a realizar na FINSA obras para que non saian a atmósfera os gases da prensa que así serán reutilizados na fábrica. Este era un compromiso da empresa para estes primeiros tres meses de 2008, co fin de mellorar o aspecto ambiental.
Segundo comenta a empresa, houbo a rotura de algún elemento por mor dar obras, e isto provocou a saída ás 16,30 de gran cantidade de fibra de madeira qué afectou ó río durante uns minutos.

Falecemento de Rogelio Vigo Rey, xogador de futbito do Valdeza-Bar Juan.

Rogelio Vigo Rey era un rapaz, entre outras cousas, moi coñecido na comarca por xogar o futbito en Valga os domingos no Campionato de Veteranos no equipo Valdeza-Bar Juan. Falecía hoxe martes dia 15 de xaneiro ós 48 anos de idade.

Sala velatoria número 1 do Tanatorio Vilagarcia (Estrada de Cea-O Vento).

O mércores 16 será as 16:30 a condución do seu cadáver dende o Tanatorio Vilagarcia á igrexa parroquial de San Pedro de Dimo.

Haberá tres autocares. 1º-Sae ás tres da tarde de Coaxe por Dimo ó tanatorio; 2º-Sae ás tres de Cerneira por Cordeiro, Moldes, Vilar, Santa Baia, Catoira (igrexa, centro médico) ó tanatorio. O 3º sae as dúas e media de Lestrove por Tallós, Igrexa de Laiño, Imo, Bexo, Isorna (Souto) ó tanatorio.

Descanse en paz.

O temporal está a causar danos en Pontecesures.

Así nas últimas horas, caeu derrubada, por mor do vento, unha barreira do paso a nivel de San Xulián (rúa Cantillo). A estas horas a deficiencia xa foi corrixida por persoal de ADIF.
Tamén unha das árbores pequenas do paseo peonil que vai dende o paso elevado pola N-550 ata o CPI Pontecesures (paseo “verde”), caeu arrancado polo vento.
Por último, tamén están afectando á estrada autonómica Pontecesures-Baloira, unhas árbores que caíron sobre a mesma despois da ponte sobre a Autopista (lémbrase que é o vial que vai para A Estrada). Forzas da Garda Civil dirixíanse á zona a primeiras horas da tarde.