Autorizan o traslado da mesa electoral do club xuvenil para o colexio.

Logo da petición realizada polo concello, o Delegado Provincial da Oficina do Censo Electoral en Pontevedra, D. Alfredo González Burdiel, ven de comunicar a aceptación da modificación mediante escrito datado no día de onte.
Deste xeito, nas vindeiras elección xerais de marzo próximo as tres mesas electorais de Pontecesures estarán situadas en aulas do CPI Pontecesures.

A receita para a Noiteboa: Bacallau con coliflor.

Rosario Mera, responsable do Hotel Rial de Santiago recomenda o prato de toda a vida para a Noiteboa, xa que é un prato, tradicional, moi rico e pode estar listo en apenas media hora.

INGREDIENTES 4 pax.

* 1 quilo de bacallau (en lombos)
* 1 coliflor
* 4 patacas medianas
* Aceite de oliva
* 4 dentes de allo
* Pementón
* Sal

ELABORACI?N:

# Desalamos o bacallau (48 horas en remollo cambiando a auga cada 8 horas).
# Limpamos a coliflor, cortámola e pelamos as patacas.
# Cocemos en abundante auga con sal a coliflor e as patacas, durante 20 minutos aproximadamente.
# 10 minujtos antes de rematar a cocción engadimos os lombos do bacallau e dixamos cocer ata que estea feito.
# Mentres tanto, nunha tixola preparamos a allada. Con aceite ao lume douramos o allo fileteado, retiramos do lume, deixamos que amorne e engadimos o pementón. Removemos ben e incorporamos unha culler da auga de cocción do bacallau.
# Poñemos nunha fonte o bacallau, a coliflor e as patacas, todo escorrido e bañamos o conxunto coa allada.
# Servir quente e ¡ bo proveito !

Semanal “santiagosiete” 14/12/07

Padrón da el último adiós a “Tatino”

Cientos de personas despidieron ayer en Padrón a Constantino Antonio Domínguez Pampín, conocido popularmente como Tatino. El cortejo fúnebre salió sobre las cuatro menos cuarto de la tarde del tanatorio de Iria (Padrón) hacia la ex colegiata de Santa María, donde se celebró el funeral. Asimismo, vecinos, familiares y amigos del fallecido también expresaban sus condolencias a la familia.Tras el funeral, los restos mortales de Tatino fueron conducidos hasta el cementerio compostelano de Boisaca.

(máis…)

HORARIOS DOS PARTIDOS DO BASKET RIO ULLA. OS SENIORS SE XOGAN O LIDERATO NA CASA CONTRA CUNTIS.

Nesta fin de semana os partidos dos distintos equipos do Extrugasa Rio Ulla van ser no seguinte horario:

* Senior: Extrugasa Rio Ulla – Cafetería Don Manuel
Domingo ás 18 h. en Pontecesures.
Partido que se disputa entre os 2 mellores equipos ata o de agora na liga: Cuntis (1º) e os cesureños (2º).
Espérase gran ambiente no polideportivo cesureño no que pode ser o partido mais importante dos que levamos disputados ata o momento, ante un rival, Cuntis ó que coñecemos e que nos coñece á perfección.
* Cadete masculino: Aprazado.
* Infantil masculino: Extrugasa Rio Ulla – Estudiantes de Pontevedra.
Sábado as 10.15 h. en Baño.
* Infantil femenino: Extrugasa Rio Ulla – Arxil de Pontevedra.
Sábado 12.15 h. en Baño
* Alevin femenino: Extrugasa Rio Ulla – Cortegada
Sábado 18 h. en Pontecesures.
* Alevín masculino: Extrugasa Rio Ulla – C. B. Pontevedra
Sábado 19.15h. en Pontecesures