Maneiro renuncia á Mancomunidade Ulla-Umia e o PP propón a Roberto Vázquez como relevo.

Será ó longo do mes de outubro cando se constitúa a nova Mancomunidade. Previsiblemente o día 16 de outubro convocaráse a reunión de tódolos concelleiros electos da comarca para elixir ós representantes de cada partido na Comisión Executiva. Estes deberán ser os que nomeen, posteriormente, ó novo presidente. O proceso quedará pechado antes de que finalice outubro.

(máis…)

A ANPA do CPI Pontecesures solicita ó Concello unha marquesina para a nova parada do transporte escolar de Toxa-Carreiras.

Presentou a ANPA no Concello o seguinte escrito:

Como é coñecido por todos, A Delegación Provincial de Educación autorizou recentemente unha nova parada de transporte escolar na pista da Barosa para trasladar ó centro escolar ós alumnos de A Toxa e Carreiras, despois das xestións realizadas por esta ANPA en base as peticións das familias da zona.

(máis…)

Foto Protesta: Cartel no camiño dos Mariñeiros

Acabamos de recibir unha imaxe tomada no Camiño dos Mariñeiros, na carpintería de José Portas, posto a principios do ano 2006, por unha obra de ampliación da rúa.

cartel-marineiros.jpg

Comentan no correo electrónico unha serie de cuestións como a de si este elemento vai a quedar para a vida nese sitio, plantexando que nese caso podían nomealo “monumento turístico” do barrio. Rematando ca seguinte frase:

Esperamos que o novo goberno tome nota e se retire de alí antes de outro ano e medio.