O EXTRUGASA RIO ULLA DESPIDE O ANO CUNHA VICTORIA

O equipo senior do Extrugasa Rio Ulla xogou hoxe, sábado 30, un encontro que tiña aprazado en A Lama, cerca de Pontevedra. Foi un partido marcado pola igualdade nos primeiros 20 minutos, pois ambos equipos se alternaban no marcador (12 – 10 para os locais ó final do 1º cuarto, e empates a 27 no descanso), pero que no 3º cuarto cambiou ó coller o Extrugasa unha primeira diferencia de 8 puntos (min 27: 35 – 43) gracias ´a velocidade de Roberto “Felino”. Nos últimos minutos do cuarto e ó primcipio do ultimos reacconaron os locais poñéndose a 2 (min 32: 42 – 44), pero de novo Felipe (mellor xogador do equipo neste encontro con 20 puntos), mais 5 puntos de Pedro e 7 de Pepi (o seu mellor partido no que levamos de temporada con 15 puntos), nos ultimos minutos puxeron o definitivo 51 – 60.

O Extrugasa finalizou a primeira volta de 4º, lamentando ter perdidos 2 encontros na casa de pouca diferencia (contra Portas por 3, e con Pub A Leria de 4) que os hebría posto mais perto da cabeza da liga. A clasificación, á falta de disputarse 3 partidos aprazados entre outros equipos é a seguinte:

1º.- PUB A LERIA de CAMBADOS: 9 partidos — 8 gañados – 1 perdido — 17 puntos

2º.- ARXIL de PONTEVEDRA: 8 partidos — 7 xogados — 1 perdido — 15 puntos

3º.- EL DOCE POMARCO de PORTAS: 9 partidos — 6 gañados — 3 perdidos — 15 pts.

4º.- EXTRUGASA RIO ULLA: 9 partidos — 4 gañados — 5 perdidos — 13 puntos

5º.- LICEO CASINO de PONTEVEDRA: 8 partidos — 5 gañados — 3 perdidos — 13 puntos

6º.- BASKETDEZA de LALÍN: 9 partidos — 4 gaññados — 5 perdidos — 13 puntos

7º.- PUB FARO de A ESTRADA: 9 xogados — 3 gañados — 6 perdidos — 12 puntos

8º.- CAFETERIA DON MANUEL de CUNTIS: 7 partidos – 2 gañados – 5 perdidos – 9 pts.

9º.- A LAMA: 8 partidos — 2 gañados — 6 perdidos — 10 puntos

10º.- BALONCESTO PORTONOVO: 8 partidos — 1 gañado — 7 perdidos — 9 puntos.

Dende o club queremos desexar un Feliz 2007 ós nosos xogadores/as, e a todos os aficionados en xeral, e que o vindeiro ano veña cargado de éxitos deportivos, tanto para o noso club, coma para os demais de Pontecesures.

El PP lleva a Angueira y Xurxo Gerpe al Juzgado por las facturas del gasoil.

“Foi unha decisión moi dura. E un día moi triste por ter que chegar a este extremo. Non estamos de acordo con xudicializar a vida política, pero non quedou máis remedio”, Así se expresó ayer le portavoz municipal del PP de Pontecesures, Angel Souto Cordo, tras presentar en el Juzgado nº 1 de Caldas de Reis la denuncia del desorbitado consumo de combustible por parte de vehículos municipales, en concreto el Patrol de Obras.
(máis…)