Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

Medio Rural adianta ao mes de xuño o despregue de 6.000 efectivos contraincendios

Por Antonio Cortés ·

lume.jpgA consellaría afirma que o persoal está moito mellor preparado ca o ano pasado

O departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal decidiu adiantar un mes o despregue dos efectivos para loitar contra o lume. Este ano estarán en alerta dende o primeiro día de xuño. O conselleiro sinalou que â??temos todo xa preparado, co persoal mellor formado e contratado por máis tempoâ?�. Aínda así, Canal sinalou que nestes momentos xa están a actuar nos montes 1.500 traballadores.

Medio Rural aproveitou para presentar este mércores o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galiza (Pladiga) que substituirá ao Infoga. A principal novidade é un sistema que permitirá coñecer con dez días de antelación o índice de risco diario de incendio. Isto vai axudar a tomar medidas preventivas en determinadas zonas do país.

:: Vieiros ::

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.