NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECSURES (ACP)
A finais do pasado ano foi adxudicada a obra de ampliación do campo de fútbol «Ramón Diéguèz» situado no Monte de Porto por unha contía de 11.008,40 ? sendo integramente financiada a obra con fondos propios. A pesar do tempo transcorrido, a obra todavía non foi executada como están a demandar os usuarios do recinto.
Por falla de previsión do alcalde, foi incluída esta actuación sen contemplar a obra que hai que realizar para aumentar a potencia eléctrica que vai posibilitar a instalación de novas columnas de alumeado no campo.
Segundo Unión Fenosa esta obra de aumento de potencia ten un importe incluso superior ó da obra principal (13.659,21 ?) e mentres non se realice, non se pode mellorar o alumeado.
O aumento agora non se pode executar por falla de consignación orzamentaria e o concello solicitou unha subvención de 10.927,37 ? á Consellería de Xustiza ó abeiro da Orde de 23.02.06. No mellor dos casos, de concederse a subvención na súa totalidade, este concello tería que aportar 2.731,84 ? para os que tampouco hai consignación (os orzamentos todavía nin se presentaron).
O certo é que o tempo pasa e a obra non se fai a pesar de que o alcalde, coma sempre, foi anunciando ós deportistas a boa nova que agora non se pode levar a cabo pola súa ineficacia. O alcalde quere manter este asunto tapadiño pois nin deixou ver o orzamento de Unión Fenosa ó concelleiro da ACP na corporación.
Por certo, tamén se está a retrasar moito a obra de arranxo do muro de cerre lateral do propio campo de fútbol que foi adxudicada hai tempo (máis de 30.000 ?). Un detalle negativo: foi retirada hai días a rede que vai por enriba do muro pero non comezou a obra. Agora nos adestramentos saen os balóns continuamente fóra do recinto resultando ilóxico apurarse para retirar a rede sen comezar a refacer o muro.
Pontecesures, 9 de xuño de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.