ACTA DE SELECCIÓN DE 1 TÉCNICO SUPERIOR ADMINISTRATIVO/A DO 6 DE OUTUBRO DE 2021
A BANDA DA LOBA na Plazuela de Pontecesures.

O concerto encádrase nos actos da Xunta polo Día das Letras Galegas
A BANDA DA LOBA rende tributo a Xela Arias, a escritora, poeta, editora e tradutora á quen este ano vai adicado o Día das Letras Galegas. Este quinteto feminino, que mestura música tradicional e vangarda, actuará o vindeiro venres 8 de Outubro na Plazuela a partires das 20 horas.
A iniciativa, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e forma parte da programación institucional das Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia. Entrada gratuíta ate completar aforo.
SUBSTITUCIÓN DA MARQUESIÑA DE GROBAS.
Hai escasos días foi substituída a vella marquesiña de Grobas por unha de nova construción máis moderna e axeitada e que xa viña sendo reclamada polos usuarios.
Agardamos que sexa do agrado de todas e todos.

VISITA Á EXPOSICIÓN NO MUSEO DE PONTEVEDRA DOS TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS/AS DE PONTECESURES AO ABEIRO DA INICIATIVA “O MUSEO EN CAMIÑO”.

O Alcalde, Vidal Seage, e a Concelleira de Educación, Laura Villar, visitaron o Museo de Pontevedra para comprobar a exposición dos traballos levados a cabo polos nenos e nenas de Pontecesures dentro da iniciativa “O Museo en Camiño” que o Museo de Pontevedra levou a cabo en pasadas datas dentro do programa “O Teu Xacobeo”.
Dito programa, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos converte o Museo de Pontevedra nun museo itinerante levando unha escolla do patrimonio atesourado pola institución provincial por diferentes concellos do Camiño Portugués co fin de difundir os valores da ruta milenaria e o universo Xacobeo.
No enlace adxunto máis abaixo, pódese visualizar un video resumo dos traballos realizados polos nenos e nenas de Pontecesures.
Aproveitaron a visita tamén para manter unha entrevista co director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey, e a técnica en restauración, Mercedes del Campo Lores, e comprobaron os traballos de restauración da Bandeira da Liga de Amigos do Carmen e a Acta Fundacional da Liga, que fora levada para a súa restauración a comezos de ano e que con toda probabilidade recuperará o seu destacado lugar no Salón de Plenos do Concello antes de que remate este ano.
Enlace ao vídeo:
Falleció María Otero Varela.
A los 90 años de edad murió esta vecina de la calle Avda. de Vigo viuda de Aurelio Sánchez González. El velatorio está instalado en el Tanatorio Iria Flavia de Padrón y mañana lunes 4 de octubre, a las 10:30 horas, se celebrará el funeral en la Iglesia de Pontecesures. Seguidamente, el cadáver será incinerado en la intimidad familiar.
Descanse en paz.

