Padrón debátese polas obras na praza Ramón Tojo
As obras na praza Ramón Tojo son froito de polémica en Padrón. O portavoz do PP, Ángel Rodríguez Conde, criticou a «improvisación total» do goberno padronés e afirmou que se trata de «a terceira obra en tres anos». Cuestionou a decisión de construír unha fonte «que ninguén pediu» e que, segundo o PP, ocasionará prexuízo a algúns veciños pola proximidade ás fachadas.
Tamén criticaron a actuación no cruce das rúas Pérsico e Ferreiros, onde a obra obrigou ao Bar Paraíso a suprimir a terraza e pechar unha porta en plena época estival.
Desde o goberno de Anxo Arca responden que o que se constrúe é un xardín urbano e que a actuación en Pérsico soluciona un problema histórico de saneamento. Arca defendeu que «agora Padrón é un municipio no que se rehabilitan edificios e se melloran os espazos urbanos, mentres que durante os 12 anos de gobernos do PP este pobo estivo totalmente abandonado».
Fonte: El Correo Gallego
0 comentarios