Mañá venres dia 27 de Agosto terá lugar as 12 h do mediodia no Salon de Plenos na Casa do Concello o SÉTIMO sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”. A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas. Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora do vale por importe de 250€.
De cara ao inicio do vindeiro curso escolar 21/22, o Concello de Pontecesures, en colaboración coa dirección do centro, está a coordinar as labores de limpeza, mantemento e mellora do CPI Pontecesures.
Aos arranxos precisos para garantir o bo funcionamento do centro, súmanse as labores de pintado de diversas áreas na zona exterior e peche perimetral, destinadas a mellorar notablemente a percepción do complexo educativo.
Por outra banda, grazas ao compromiso por parte da Delegación Territorial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, logo de ser informados da necesidade desta actuación por parte do Concello, nos vindeiros días, darase inicio ao proxecto de pintado da práctica totalidade das aulas que conforman o edificio de Primaria e Secundaria, así como das zonas comúns do mesmo.
Estos traballos completan as obras de rehabilitación integral e mellora da eficiencia enerxética acometidas no pasado curso por un importe de 762.000 €
Asimesmo, o persoal do servizo de obras do Concello está a levar a cabo as actuacións pertinentes nas instalacións da Escola Infantil Municipal de Pontecesures para dar acollida ás/aos cativas/os no novo curso, que dará comezo o próximo 1 de setembro.
A proba da Liga Provincial reúne a prebenxamíns, benxamíns e alevíns
A praia fluvial de Catoira aséntase un ano máis como parada da Liga Provincial de piragüismo. A competición que desde hai uns anos busca incentivar os máis cativos na práctica do deporte máis laureado de Galicia. Máis de medio milleiro de padexeiros das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, 541 para ser exactos, disputarán as regatas das súas respectivas franxas de idade e sexo.
Sobre unha distancia de 1.500 metros, distribuída entre a praia fluvial e as Torres de Oeste, a cita catoirense arrinca esta mañá ás 10.30 horas coa disputa da regata prebenxamín feminina, para rematar ás 13.30 coa saída da carreira alevín A masculina. No medio, cunha cadencia de 20 minutos, as oito probas restantes, todas elas en caiac.
Son 21 os clubs inscritos na nova parada da Liga Provincial de piragüismo. Entre eles, o Breogán do Grove acode co maior número de padexeiros, 66, só dous máis cos do Cofradía de Pescadores Portonovo e seis có club anfitrión, o As Torres-Romaría Vikinga. Xa con 51 ségueos o Club de Mar Ría de Aldán-Gandón S.A., o primeiro equipo da nova subcampioa olímpica de K1 200, a canguesa e veciña do Grove Teresa Portela. O Ría de Aldán defende o primeiro posto na xeral provisional da Liga Provincial, con 140 puntos, co Breogán segundo con 134 e o Portonovo terceiro con 130.
Polo que respecta ao resto dos clubs do sur de Arousa, o Náutico O Muíño de Ribadumia preséntase en Catoira con 40 rapaces, polos 18 do Piragüismo Illa de Arousa, os 16 do Náutico Pontecesures, os 9 do Piragüismo Cambados e os 4 do Depornáutic Arousa de Vilagarcía. Un de cada tres equipos presentes é da comarca.
Nacional Master en Pontevedra
Tamén hoxe, en Pontevedra, máis de 200 padexeiros cítanse no Campionato de España Master. A proba, para caiacs e para canoas dun, de dous e de catro integrantes, conta con regatas de 200 e de 1.000 metros.
O Campionato de España Master comeza ás 9.30 horas no encoro de Verducido e verá a saída da súa derradeira regata polas medallas ás 18.40, con pausa intermedia para a comida dos deportistas e integrantes da organización.