MANIFESTO DO 8 DE MARZO -DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- DO CONCELLO DE PONTECESURES.
O 8 de marzo é unha data ineludible na axenda das institucións e na da propia cidadanía, dende aquel 1975 no que a ONU celebrou a súa primeira conmemoración. Nesta data, temos un marco idóneo para recordar os avances acadados en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, unha testemuña de longo proceso dunha loita inacabada que se centra na conversión dos principios básicos da igualdade legal en igualdade real.
A situación na que vivimos mostra claramente que as leis non abondan, sendo preciso traballar na construción dunha sociedade que desterre os mandatos machistas e patriarcais e que promova a equidade.
Partindo desta filosofía, esta data ten unha dobre finalidade. Por un lado, celebrar todos estes avances acadados, pero por outro, facer un chamamento ao compromiso con esta causa.
O Día Internacional da Muller, debe ser un día para reflexionar sobre a importancia de pasar á acción e romper cos prexuízos, mitos e mandatos para que as mulleres poidan ter e escoitar a súa propia voz, tanto nas esferas públicas como nas privadas.
O concello de Pontecesures, aposta por unha cidadanía comprometida coa igualdade, os dereitos fundamentais e a liberdade no sentido máis amplo. Por iso, nun día como o de hoxe, expón o compromiso de:
- Seguir impulsando políticas de igualdade dende o eido local.
- Continuar contemplando as realidades específicas das mulleres da contorna, así como a visibilización de cada unha das desigualdades vixentes.
- Destacar a importancia da educación en valores de igualdade de xénero, da solidariedade, o respecto das persoas dende idades temperás para a construción dunha sociedade responsable e comprometida.
- Manifestar o rexeitamento ante actitudes machistas que impiden a consecución da igualdade real .
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PRAZOS PARA RESERVA DE PRAZA E PREINSCRICI?N PARA O CURSO 2018/2019.
E.I.M. Pontecesures – CURSO 2018/2019
- Reserva de praza para alumnos/as da EIM dende o 2 ata o 16 de abril de 2018 na EIM.
- Preinscrición para novas prazas dende o 2 ata o 16 de abril de 2018 nas oficinas municipais.
- Matrícula para novas prazas dende o 1 ata o 15 de xuño de 2018 nas oficinas municipais.
BANDO EIM PONTECESURES CURSO 2018/2019
Formulario de reserva de praza EIM PONTECESURES 2018/2019
Formulario de preinscrición EIM PONTECESURES 2018/2019
Formulario de matrícula EIM PONTECESURES 2018/2019
PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE 2018, DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA.
Categorías:
- Iniciativa social.
- Iniciativa empresarial.
- Blogs.
- Educación en valores (so centros docentes).
- Traballo musical.
- Traballo literario (narrativa ou poesía).
- Fotografía orixinal.
Premios:
1º premio de 1.500 ?, 2º de 1.000 ? e 3º de 500 ? en tódalas categorías agás na categoría 6 -traballo literario- na que se conceden 2 premios para narrativa e outros 2 para poesía (1.500 ? e 500 ?).-
Destinatarios/as:
A. Mozos/as empadroados en concellos da provincia de Pontevedra de 16 a 35 anos para tódalas categorías agás a 4 -educación en valores- que é so para centros docentes.
B. Persoas xurídicas para as categorías 1 e 2 (asociacións, sociedades,?etc.) sempre que teñan sede na provincia de Pontevedra e o 75% dos seus membros teñan entre 16 e 35 anos.
C. Centros docentes da provincia de Pontevedra so para a categoría 4.
D. Grupos musicais so para a categoría 5, sempre que o 75% dos seus membros teña empadroamento en concellos da provincia de Pontevedra e teñan entre 16 e 35 anos.
Prazo de presentación de traballos e solicitudes:
Ata o 5 de maio de 2018.
Forma de presentación:
1º. Preinscrición na web da Deputación de Pontevedra www.depo.gal no seguinte link:
https://www.depo.gal/premios-provinciais-a-xuventude
2º. Presentación do resto da documentación ??segundo a categoría-, acompañada do xustificante electrónico da preinscrición.
3º. Presentación do proxecto ou traballo.
+ INFO na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Pontecesures (986 564 410).
Reconocimiento a las mujeres de las artes escénicas en Valga.
La actividad, programada para el domingo, está vinculada al 150 aniversario de la Bella Otero.
Domingo ? 19.00 horas ? El Concello presidido por Bello Maneiro homenajeará a las mujeres valguesas que promueven las artes escénicas, una actividad vinculada, además, al 150 aniversario de la Bella Otero. No será el único acto que se centrará en las mujeres. El sábado 17 el auditorio acogerá el acto de celebración del 25 aniversario de la asociación de Mulleres Rurais Albor, con un homenaje a su primera directiva.
La Voz de Galicia