Serra do Barbanza penaliza a FCC por no cumplir con la recogida de basura.

Ya lo había advertido la expresidenta de la mancomunidad, Teresa Villaverde, y se ha confirmado. La junta de Serra do Barbanza celebró el viernes una reunión en la que, entre otros asuntos, se habló de los problemas con la recogida de la basura que se arrastran desde hace semanas y acordó penalizar a la concesionaria del servicio, Fomento de Construcciones y Contratas (FCC), por incumplir el contrato.

En concreto, las sanciones a la empresa tienen que ver con las deficiencias en la recogida en los municipios que envían sus residuos a la planta de Serra do Barbanza, pero que no son miembros de pleno derecho de la mancomunidad. De hecho, desde uno de ellos, Ames, la semana pasada se apuntó a que se van a estudiar otras alternativas para la gestión de los residuos ante los problemas existentes. Según explicó la ya expresidenta de la entidad supramunicipal, Teresa Villaverde, por contrato, es FCC la responsable de la prestación en esos ayuntamientos.

En cuanto a la maltrecha flota de camiones, el viernes se abrieron los primeros sobres para la adquisición de tres nuevos vehículos, y los alcaldes están de acuerdo en asumir la compra de un cuarto camión en el 2018.

Respuesta de FCC

Como respuesta a la mancomunidad, la empresa señala que el Ayuntamiento de Ames, igual que los de Rois y Pontecesures, no tienen relación contractual directa con ella y, por lo tanto, «es a Serra do Barbanza a la que deben exigir soluciones».

Sobre la imposición de sanciones, FCC considera que el expediente es injusto porque está realizando «un sobreesfuerzo para atender el servicio con los medios disponibles actualmente» y tiene intención de «defenderse» si prospera.

En la junta de la mancomunidad también se acordó solicitar una subvención para adquirir las palas que trabajan en la planta de basura, ya que están alquiladas. Y se formalizó el relevo en la presidencia de la entidad. Después de dos años al frente, Teresa Villaverde cedió el testigo a la alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, a la que le tocará lidiar con los conflictos abiertos con FCC.

Esta emplazó a los alcaldes de todos los concellos que envían sus residuos a la planta de Servia a mantener una reunión para tratar los asuntos pendientes, entre otros, los problemas con la recogida: «Temos que valorar como imos afrontar a Semana Santa e o verán porque se prevén complicados. Mentres non cheguen os novos camións, vai ser difícil mellorar o servizo».

La Voz de Galicia

O alcalde de Pontecesures estivo no acto de promoción do Camiño Portugués pola Costa.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, dos alcaldes de Barro, Caldas, Pontecesures, Vigo, A Guarda, O Rosal e Oia e das concelleiras de Pontevedra, Baiona, Nigrán e Redondela, presentou esta mañá as actuacións promocionais que realizará a institución provincial este ano en FITUR e que terán como protagonistas ós concellos polos que transcorre o Camiño Portugués pola Costa. No transcurso dos actos de presentación en Pontevedra e Vigo deuse a coñecer o spot realizado para promover o Camiño Portugués pola Costa e o tema que o músico Teo Cardalda compuxo para a actuación promocional de Turismo Rías Baixas que leva por título «Un lugar en el mundo».

Carmela Silva subliñou que «o xoves Rías Baixas volverá sorprender en FITUR, porque o noso modelo de promoción turística quere ir máis aló, queremos transmitir unha imaxe vangardista, innovadora, rompedora, única; unha imaxe que, este ano, sen dúbida algunha dará moito que falar». A Presidenta recordou que o eixo central da promoción do destino Rías Baixas este ano será o Camiño Portugués pola Costa, «un camiño que parte desde Oporto pola costa Atlántica e conecta en Redondela co Camiño Portugués de interior».

Silva tamén explicou as principais razóns polas que se escolleu este eixo promocional para o 2017, recordando que «o Camiño pola Costa foi oficializado o pasado ano 2016 e precisa un impulso que contribúa ó seu maior coñecemento por parte dos nosos visitantes, porque estamos convencidas e convencidos de que debe converterse nun referente clave para o turismo na provincia de Pontevedra». Amais, a Presidenta da Deputación de Pontevedra remarcou que «esta ruta ten unha achega moi singular: o mar e os concellos polos que transcorre». Neste contexto, Carmela Silva fixo fincapé no protagonismo dos concellos nesta actuación promocional que a través do Camiño Portugués pola Costa percorre quince municipios da provincia (A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas, Valga e Pontecesures) e os aspectos relacionados coa súa cultura, patrimonio, historia, termalismo ou o medio ambiente.

Máis polo miúdo, Carmela Silva destacou os atractivos turísticos desta ruta «que ten no mar, no Océano Atlántico, o elemento fundamental que a distingue do resto do Camiño e converte este percorrido nunha experiencia inesquecible». Ademais, a Presidenta da Deputación de Pontevedra mencionou «o patrimonio histórico dos quince concellos polos que transcorre a ruta; as tradicións ligadas ó mundo pesqueiro; a arqueoloxía, sendo un dos destinos con maior cantidade de xacementos galaicos e romanos, os Castros do Trega na Guarda, da Cabeciña en Oia, de Valga, da Lanzada, ou os cascos históricos como é o de Pontevedra, no que é un pracer pasear e integrarse coas súas xente; o enoturismo e a cultura do viño, que tanto contribúen á desestacionalización do turismo e gozar das augas termais e das súas propiedades, como as de Caldas, calmar os pes nos mananciais termais, na fonte da Burga ou no lavadoiro termal a carón do Camiño».

Carmela Silva asegurou que todas estas experiencias formarán parte da promoción da Deputación de Pontevedra e adiantou que se lles achegará ós presentes un caderno de viaxe, «para guiar os pasos das peregrinas e peregrinos que se decidan a percorrer o Camiño pola Costa, no que terán espazo para escribir a propia experiencia que van vivindo, etapa a etapa; un caderno no que se desvelará, en Madrid, un elemento sorpresa e único do que tan so lles podemos adiantar que é inédito en FITUR, que é un xeito creativo, vangardista e único de dar a coñecer a nosa provincia, converténdonos, unha vez máis, nunha provincia innovadora, xa que ten que ver coas novas tecnoloxías, coa aposta que ten este novo goberno da Deputación por transmitir unha imaxe vangardista da provincia».

Ademais do modo de promover o destino Rías Baixas, a Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén deu a coñecer a axenda para os vindeiros días en FITUR, centrada nun contacto permanente con turoperadores, representantes do sector turístico e medios de comunicación co obxectivo de transmitir os atractivos de Rías Baixas. Así, o día da inauguración oficial da feira, 18 de xaneiro, a Presidenta provincial manterá unha reunión ás 11:30 con representantes da Deputación de Xaén no stand de Andalucía (pavillón 7) para abordar cuestións relativas á «Ruta dos Íberos e Fenicios» da deputación andaluza que entronca co proxecto que a institución provincial está a desenvolver cos castros. De feito, Carmela Silva informou que «hai estudos que sinalan que esta ruta iniciada en Xaén tiña moita relación coa nosa provincia, chegaba ata aquí».

Nese mesmo encontro con responsables da Deputación de Xaén tamén se analizarán temas relacionados cos castelos xa que, tal e como asegurou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, «Xaén desenvolveu tamén un plan de usos para os castelos da súa provincia como fixemos nós con Sobroso e Soutomaior e queremos analizar vías de colaboración para promover estes elementos arquitectónicos».

Tamén o 18 de xaneiro ás 13:30 no stand de Turespaña (pavillón 9), a Presidenta da Deputación de Pontevedra apoiará á Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, na presentación que realizará da vila como Cidade Europea do Viño. E xa pola tarde, ás 16:00, a institución provincial participará na reunión de «Sismotur: Smart Talk sobre Tecnoloxía Blockchain e aplicacións ó turismo», no pavillón 10

Pola súa banda o xoves, a maiores da presentación do destino Rías Baixas ás 12:00 no stand de Turgalicia (pavillón 9), a institución provincial apoiará a Vigo na presentación que realizará das Illas Cíes e que continuará cun almorzo no Espazo Atlántico de Pepe Solla. Pola tarde, ás 16:00, a Deputación de Pontevedra asistirá á presentación que a Mancomunidade do Salnés e o Concello de Cambados realizarán no stand de Turgalicia e ás 16:30 reunirase co Director Xeral da Escola de Organización Industrial (EOI). Xa pola noite, ás 20:30, representantes da institución provincial asistirán na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles á «Noite Q 2017» onde se fará entrega da renovación do distintivo Q de Calidade para as oficinas do Palacete das Mendoza e do Mosteiro de Armenteira.

A Presidenta engadiu que «como queremos ir máis aló, ter máis presenza e aproveitar as sinerxías que se xeran en Madrid no momento en que se celebra FITUR, con milleiros de persoas procedentes de todo o mundo que se dan cita na capital durante esta semana, ata finais de xaneiro un dos autobuses turísticos de dous andares de Madrid, que percorre a capital, estará rotulado cun vinilo coa imaxe de Turismo Rías Baixas, do Camiño Portugués pola Costa». Neste contexto, Carmela Silva engadiu que «hai que estar alí onde están milleiros de persoas, para atraer cada vez máis a un maior número de visitantes a Rías Baixas».

Xa para rematar, a Presidenta da Deputación falou da música que acompaña as imaxes que Turismo Rías Baixas amosará ó mundo en Fitur. A este respecto, Carmela Silva manifestou que «estamos tan orgullosos da nosa provincia, da súa creatividade, da extraordinaria cultura, da nosa música, que imos levar música galega a FITUR, música que se fai por homes e mulleres con gran presenza nacional e internacional como Teo Cardalda, que leva a nosa provincia coa súa música por todo o mundo, e que compuxo un tema inédito que se vai presentar en FITUR e que se estrea hoxe en Pontevedra titulado «Un lugar en el mundo».

Páxina oficial de Deputación

O PP de Pontecesures carga contra a oposición do BNG.

Non convén empezar o ano con crispación, aínda que por alusións e agora que a xente anda teimando nos propósitos de ano novo, quén lle ía a dicir á actual portavoz do BNG e á súa mastermind que ó remate este ano 2016 ían a rematalo ostentando o insólito record de ser quen menos tempo ocupara o despacho de alcaldía no que levamos de historia do noso concello.
Un ano que agora remata no que amba-las dúas empezaron disfrutando, unha, das meles dun salario a final de mes no posto de alcaldesa por descarte e a outra centrada unicamente na súa faceta de defensora dos desaforos á maltreita cultura cesureña., iso sí… das outras funcións de Muller e Xuventude e Medio ambiente (onde o actual goberno tivo que lidiar con solucións ás continuas denuncias por vertidos ó Ulla non solucionadas polo anterior goberno) nada de nada….
? probable que este repentino exceso de ocio faga que dende o pasado mes de maio anden ámbalas dúas «a toque de cornetín», como diría un antigo concelleiro xa apartado da política, a rebufo do que vai facendo o equipo de goberno.
Hai agora un ano andaban pola hemeroteca queixas do estado do peirao, das farolas, de árbores taladas había meses e aínda sen recoller, e unha ben aproveitada foto dunha decena de nenos que participaba nos programas Nadal na Rede, iso sí… sen carpa. Todos os carteis dos eventos máis destacados levaban a apostila : ?? En caso de choiva, a actividade realizarase no (Centro Social, Pavillón, etc).
Coas posibilidades que ofrece o non ter xa a 3 concelleiros nun equipo de goberno cobrando a fin de mes , puido o equipo de goberno actual colocar carpa e algunha outra licencia adicional, como a redución dos inexplicables gastos de mantemento dos vehículos municipais, a redución de costes das brigadas de incendios, conseguindo cumprir obxectivos de desbroce e poda con creces, mellora do estado xeral do pobo, etc, etc
? probable que esta actitude da actual oposición vaia empeorando a media que avanza a lexislatura, centrados como están ultimamente na cousa cultural e deportiva, e teñamos que lembrarlle os papeis desempeñados polos anteriores titulares de estas concellerías, algún deles cobrando exclusiva polo desempeño desas funcións, as hemerotecas son sempre xuíces implacables.
Pois iso… que este ano que empeza nos depare e mellor das sortes, con saúde e tamén traballo, para tod@s…

Populares de Pontecesures

Seage cuelga su nómina en las redes sociales.

nominacuel

La nómina del alcalde.

El alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, sabe que los concejales del BNG «andan de nuevo a vueltas con el cuento de mi salario», por lo que decidió colgar en las redes sociales su nómina, para que se vea que «se cobra lo mismo que cuando gobernaba la alcaldesa del Bloque, pero con la diferencia de que antes eran tres sueldos y ahora solo cobramos dos miembros del gobierno».

Resalta además que «ganaba mucho más en la empresa privada, pero cuando me decidí a convertirme en alcalde sabía lo que esto suponía en cuanto a pérdida de ingresos; pero me da igual porque a diferencia de mis antecesores lo que me mueve es la defensa de mi pueblo y de mis vecinos, no los intereses económicos particulares».

Seage concluye que «está bien que los vecinos sepan cuánto gana su alcalde y qué es lo que hace a diario para valorar si lo que cobra es mucho o poco, por eso he decidido publicar mi nómina, para que nadie tenga dudas y acallar las voces a estos que se dedican a intentar enturbiarlo todo, aunque con poco éxito».

Faro de Vigo