O grupo cesureño “Algueirada” actúa mañá en Vielha e Mijaran (Lleida).

Os integrantes do grupo folclórico cesureño partiron na madrugada de hoxe para esta localidade que é a capital do Val d’Aran, co fin de participar nos actos conmemorativos do 35º aniversario do grupo “Colha Nª Sª de Mijaran”.

P1070030 Vielha

O grupo cesureño será recibido oficialmente mañá, día 6 de setembro, ás 10:30 horas no Conselh Generau d’Aran polo Magnific Sindic e visitarán unha exposición fotográfica sobre a historia do grupo folclórico aranés.

Ás 20:00 horas, Algueirada, xunto no grupo local, actuará na Praza da Igrexa de Vielha ou na Sala Polivalente se hai choiva. A continuación os integrantes de grupo cesureño participarán nun “Correfoc”, no que nenos saen ás rúas vestidos de demos, con tridentes e bengalas. Os asistentes deben bailar e saltar baixo as chispas.

Con gran ilusión se está a facer esta importante viaxe. Os nosos xoves preparáronse a concienza nos derradeiros días, para facer un bo papel en terras aranesas.

Os grupos locais “Xarandeira” e “Algueirada” actúan hoxe nas festas de Porto.

Sobre as 21 horas na rúa dos Namorados de Porto actuarán os grupos folclóricos cesureños “Xarandeira” e “Algueirada” cun importante repertorio de pezas de gaita, baile e pandeireta.
As actuacións comezarán unha vez que a imaxe de San Roque chegue a Porto (taberna de Vieites) en procesión dende a igrexa parroquial. Sae a imaxe da Plazuela ás 20,30 horas.