O último tren de A Coruña e de Santiago chegará a Pontecesures un cuarto de hora máis tarde.

Dende o día de hoxe, o último tren que vai dende A Coruña a Vigo e que paraba en Pontecesures ás 21:49 horas, parará ás 22:04 horas. Ata o día de onte, este tren saía de A Coruña ás 20:50 horas, paraba en Santiago ás 21:28 horas e paraba en Pontecesures ás 21:49 horas continuando á súa marcha para Vilagarcía, Pontevedra e Vigo.
Dende hoxe sairá de A Coruña ás 21:08 horas, parará en Santiago ás 21:43 horas e parará en Pontecesures ás 22:04 horas.

Dende a ACP informamos desta novidade e facemos un chamamento, coma sempre, para que sexa utililzado o ferrocarril. Hai pouco conqueriuse que parara en Pontecesures este último tren e sempre é importante seguir apostando por este medio de transporte por razóns económicas e ecolóxicas. A posta en servizo da alta velocidade non pode deixarnos sen un servizo que temos dende hai máis de 135 anos e que cada vez é utilizado por máis persoas en toda a comarca. Mellorar ás estatísticas de usuarios resulta decisivo para que contemos co tren de proximidade no futuro.

Nota sobre as cercanías ferroviarias.

? unha boa nova a posibilidade apuntada por RENFE nestes días de que haxa nun futuro próximo un tren directo a Madríd dende Vilagarcía de Arousa.
Porén; estimamos que baixo ningún concepto se pode engadir, mesturada con esa nova, que as estacións de Padrón, Catoira e Pontecesures poden quedar en desuso sen servizo ferroviario, suprimindo o tren destas localidades. Todas as administración coñecen que todos os concellos afectados pola vía convencional actual defendemos a conservación e potenciación do tren de proximidade Vilagarcía-Santiago de Compostela con más paradas que as actuais. En lugar de vertebrar o territorio, en lugar de posibilitar que a xente viva tamén nas vilas pequenas ou medias, parece que o único que importa e que o tren chegue unicamente ás grandes cidades sen ter en conta a importancia que ten o servizo público no resto da poboación.
Non debe permitirse que o progreso coa posta en marcha da alta velocidade no eixo atlántico supoña a desaparición do tren en vilas e pobos que contan con este servizo, e con usuarios, dende hai máis de cen anos. Sería moi inxusto que aos os traballadores, estudiantes, pacientes dos hospitais e poboación xeral que utiliza o tren nas comarcas do Sar e Ulla/Umia elimíneselle a posibilidade de utilizar un medio de transporte seguro e ecolóxico.
Nesta comarca valoramos que se poida coller un tren directo a Madríd en Vilagarcía (tamén o poderemos tomar en Santiago), pero resulta para nós irrenunciable o contar co tren de proximidade.
Toda a opinión pública coñece a nosa intención, esperamos que o novo goberno da nación, en plena cooperación coa administración autonómica, sexa sensible as nosas aspiracións. Teñen constancia das nosas inquedanzas que lle foron expostas en varias ocasións e que non deben caír en saco roto. Confiamos que non nos defrauden.

Pontecesures, 20/12/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de Pontecesures e integrante da Comisisón de Defensa do Tren de Cercanías Vilagarcía/Santiago con prolongación futura ao aeroporto de Lavacolla.

Instan a defender el tren convencional en las elecciones.

Afirman que «a posta en funcionamento do AVE non pede deixar sen ferrocarril a milleiros de veciños».

Ante la proximidad de las elecciones municipales, la Comisión de Defensa do Tren de Cercanías Vilagarcía-Santiago tiene previsto solicitar a las formaciones políticas que se presentan en los municipios por los que atraviesa el trazado (Catoira, Vilagarcía, Valga, Pontecesures, Padrón, Rois, Teo, Ames y Santiago) que incluyan en sus propuestas electorales la defensa y potenciación del tren de proximidad Vilagarcía-Santiago, según informaron ayer Carlos Abellán Ruiz, presidente de la Federación Española de Amigos do Ferrocarril, y el edil cesureño Luis Sabariz.
«A posta en marcha no futuro da alta velocidade non pode eliminar o servizo pola vía convencional actual deixando sen ferrocarril a gran cantidade de veciños destas comarcas», subrayan.
Asimismo, también se enviará a las formaciones políticas el manifiesto de defensa del trayecto firmado por los representantes de los ayuntamientos.
La comisión incide en que el ferrocarril «é o medio de transporte do futuro por razóns económicas e medioambientais e resulta básico potenciar o tren para eliminar moitos vehículos das cidades que contaminan e inciden negativamente na calidade de vida dos veciños. Así o están a entender todos os grupos políticos da cámara galega, que instan a que non se retire nin un metro máis da vía férrea, e incluso a sociedade en xeral». Aún así, «precísase superar algunhas visións localistas e nada solidarias que tratan de pregoar que o tren é un estorbo pretendendo a eliminación de vías de titularidade estatal y de interese xeral colocando no seu lugar estradas ou outras instalacións».
La vía convencional lleva más de 135 años dando servicios a la ciudadanía «e non parece de recibo eliminala pra construir novos viais ou instalacións».

Mellor sen AVE.

Columna «Vento Fresco» por MANUEL MIRAGAIA DOLDÁN.
DIARIO DE AROUSA, 04/09/10

De entre os medios de transporte o que sempre estivo menos desenvolvido na Galiza foi o ferroviario. E isto é unha verdadeira mágoa, pois o tren é o mellor de todos eles, por economía, comodidade e ecoloxía. Co seu uso diminuirían de xeito significativo os engarrafamentos das cidades, reduciríanse os niveis de contaminación e os accidentes de tráfico. As sociedades máis avanzadas do Ocidente dispoñen desde hai décadas de extensas e ben trazadas redes de camiños de ferro e de comboios modernos, non só para o transporte de viaxeiros, senón tamén de mercadorías.
Os galegos padecimos a falta de vontade dos gobernos do Estado para contarmos cun ferrocarril en condicións. Mantivéronos sen a dobre vía, con camiños de ferro con curvas sinuosas, con ausencia de electrificación, sen trens de proximidade nas zonas urbanas, carentes das necesarias frecuencias e de máquinas eficientes. Todo o anterior impediunos dispor duns servizos ferroviarios decentes.

Os intereses das grandes construtoras de obras públicas e das compañías eléctricas explican en boa medida a extraordinaria expansión da alta velocidade na Península. As cuantiosas adxudicacións poden servir para financiar as actividades dos partidos políticos gobernantes. E como cómpre que as irredentas cidades de Vigo e da Coruña estean moi unidas coa capital do Estado, vainos chegar tamén o AVE. Aínda que polo visto non chegará a iso, pois só será un tren de velocidade alta, non un tren de alta velocidade, xa que non superará os 200 km/h.

Ningunha das grandes organizacións políticas da Galiza cuestionan esta obra faraónica. Malia estarmos en plena crise económica e seguirmos carecendo de servizos públicos básicos, como xardíns de infancia, camas hospitalarias, residencias para a Terceira Idade e axudas aos dependentes, o Estado vai gastar a fortuna de 8.720 millóns de euros, para que logo, cuase seguro, explote as liñas creadas unha compañía privada que buscará o máximo beneficio, como pasa coa Autoestrada do Atlántico. Mellor sería empregaren estes recursos nos servizos sociais dos que aínda somos moi deficitarios e, por mor diso, xerar moito emprego, ou en apoiar ás iniciativas dos emprendedores que desenvolvesen unha economía social ou a creación de tecnoloxía substentábel.

E non falemos do enorme impacto ambiental que terá, ao destruír a paisaxe cos seus viadutos e túneles, separando definitivamente partes da mesma zona e aumentando seis veces o consumo enerxético con relación a un tren convencional. Máis de cincuenta estacións serán suprimidas. E ao construíren os novos camiños de ferro sobre tramos dos antigos imposibilitarase a continuídade do tren entre as vilas de tamaño medio, desequilibrando aínda máis as zonas urbanas das rurais, e a implantación de liñas de proximidade nas áreas metropolitanas.

Coa mellora do tren que xa tíñamos e o uso da tecnoloxía pendular alcanzaríase a suficiente velocidade para contarmos cun medio de transporte eficaz entre as nosas cidades e vilas. Alén diso, sería substentábel e poderíanse dedicar neste período de vacas fracas eses inxentes recursos públicos a outras iniciativas de maior rendibilidade social.

Defensa do tren de cercanías.

Ante a visita realizada a Vilagarcía o Ministro de Fomento, José Blanco, para inaugurar a circunvalación, a Comisión de Defensa do Traxecto de Cercanías Vilagarcía-Santiago con futura prolongación ao aeroporto, que forman os representantes de todos os concellos afectados e a Federación Española de Asociaciones de Amigos del Ferrocarril, quérenlle lembrar ao Sr. Blanco a necesidade de manter a liña ferroviaria convencional unha vez entre en servizo a alta velocidade. Vimos solicitando a diversas autoridades estatais, autonómicas e provinciais que permaneza o servizo e se potencie como tren de proximidade con máis paradas e así elaboramos un manifesto de defensa que coñece o propio ministerio.

Sería unha tremenda inxustiza que a alta velocidade ocasionase a eliminación dun servizo ferroviario que utilizan xentes das comarcas do Salnés, Ullán e Mahía e que é o máis antigo de Galicia. Por razóns ecoonómicas, ecolóxicas e de siniestralidade nas estradas, resulta indispensable potenciar os trens de cercanías (é mais dos que parten ou chegan á capital de Galicia) como transporte do futuro e como así aseguran todos os especialistas en mobilidade.

Hai tempo que temos solicitada unha entrevista co Sr. Blanco e esperemos que nos reciba canto antes para expoñerlle persoalmente os argumentos das nosas reivindicacións.

Apuesta política por el tren de cercanías.

El Parlamento gallego aprueba por unanimidad la proposición defendida por la nacionalista Teresa Táboas

La nacionalista Teresa Táboas consiguió el apoyo de todos los grupos políticos con presencia en el Parlamento gallego para instar al Gobierno a iniciar, con la mayor brevedad, las negociaciones con el Estado para comprometer una cuantía mínima de 100 millones de euros del llamado Plan Extraordinario de Infraestructuras del Ministerio de Fomento para dotar a Galicia de un servicio de tren de cercanías eficaz y eficiente que vertebre el territorio.

La diputada del BNG recordó en su intervención la importancia estratégica del transporte público colectivo, máxime en tiempos de crisis, por suponer un ahorro y un menor impacto ambiental.

Táboas aludió a un artículo del Financial Times en el que se afirmaba que el futuro del transporte pasa por el tren, refiriéndose a una línea de alta velocidad que en China conecta en tres horas y media dos ciudades separadas por 1.100 kilómetros. La diputada concluía que «se seguimos así, Galicia non terá futuro. Non venmos unha aposta clara polo tren no noso país. Galicia ten que apostar sen lugar a dúbidas por ese futuro exixindo investimentos non só para a alta velocidade senón para a comunicación dentro do noso país co fin de acceder a un transporte público eficaz, eficiente e moderno. temos que encarrilar o noso futurocoa petición que ten que facer o Goberno galego exixindo eses 100 millóns de euros en Madrid».

Por parte de los socialistas intervino López Vidal que se dedicó a elogiar el trabajo realizado durante el Bipartito y a criticar al PP antes de conckluir que «o tren que ser unha alternativa atractiva para os cidadáns».

Gómez Alonso habló en nombre del PP en un debate que consideró «moi importante» porque, a su juicio, «o tren de cercanías é un obxecto irrenunciable. ? o eixo básico para conquerir ubnha auténtica política de movilidade sostible», por lo que le pareció muy acerttado solicitar esos 100 millones de euros.

TIERRAS DE SANTIAGO, 01/06/10