A Casa de Rosalía, en Padrón, reabre cun perfil museolóxico renovado.

Corenta e cinco anos despois da súa apertura ao público, a Casa-Museo de Rosalía de Castro, no lugar de A Matanza, no concello coruñés de Padrón, viviu onte outra inauguración tras rematar unha profunda reforma tanto estrutural como nos seus contidos, e na súa presentación. Deste xeito, o visitante que entre no edificio atopará un perfil museolóxico adaptado aos tempos de hoxe e ás novas lecturas sobre a escritora, ademais das novas pezas que se incorporaron recentemente. Todo co obxectivo de ofrecerlle unha perspectiva que lle permita comprender a importancia de Rosalía como figura central da cultura galega, achegando a información esencial para entender a súa obra, a do seu marido e a dos seus fillos.

A estrea coincidiu co 132.º aniversario do pasamento da escritora e tamén co día que abriu a casa, un 15 de xullo, pero de 1972. O encontro comezou cunha visita guiada, da man do director do novo proxecto de musealización, Pepe Barro, que explicou pormenorizadamente os cambios que se produciron no inmoble -cunhas obras de acondicionamento que se iniciaron en decembro do 2012- e a nova musealización, que rematou estes días coa reforma do sobrado da casa.

Xa na horta, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, eloxiou a importancia da xornada ao dicir que onte foi «un día histórico» para a Fundación Rosalía de Castro, coa reinauguración da «casa que nos une», asegurou. O acto serviu tamén para presentar un libro de poesía escolar que recolle os textos premiados e finalistas do concurso que a institución organiza, xunto con El Corte Inglés, de modo que os galardoados recitaron os versos elixidos.

Da dimensión internacional que adquiriu a figura de Rosalía deu conta a presenza de Catherine Davies, profesora da Universidade de Londres e unha das máis importantes investigadoras actuais sobre a obra da autora. A fundación padronesa tamén aproveitou para facerlle entrega da distinción Rosa de Galicia a Casilda Agrasar, filla de Camilo Agrasar, a persoa que, segundo afirmou Anxo Angueira, «velou toda a vida pola Casa de Rosalía».

O festexo reuniu a numerosas autoridades culturais, coma o conselleiro Román Rodríguez; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; a concelleira de cultura de Padrón, Lorena Couso; e distintos académicos e escritores, xunto con patronos da fundación e unha abondosa concorrencia de veciños da comarca e cidadáns que acudiron de todas partes de Galicia. A grande identificación da sociedade galega coa escritora

Anxo Angueira afirmou que «hai unha implicación da sociedade galega con Rosalía de Castro. Temos do noso lado o pobo e as súas institucións», dixo, e entre elas mencionou a Real Academia Galega. Tamén a Deputación da Coruña e, en concreto, a súa vicepresidenta Goretti Sanmartín, a quen o presidente da fundación rosaliana lle deu as grazas porque, coas súas xestións «foi posible, en tempos moi difíciles, afrontar o financiamento dunha renovación total do discurso expositivo», segundo apuntou. Ademais, Angueira lembrou que a deputación deixoulle en depósito á Casa da Matanza unha colección extraordinaria de pezas pictóricas, mobiliario pertencente á familia e o guecho de pelo de Rosalía. Tamén engadiu ao Concello de Padrón e á Xunta, de modo que lembrou que, grazas ás achegas do Goberno galego, xunto con fondos europeos, se actuou sobre o inmoble, que estaba en malas condicións.

Neste senso, Román Rodríguez avanzou que a Xunta firmará un convenio coa fundación para aportar 120.000 euros entre este ano e o 2018 para mellorar os anexos da casa e convertela nun centro cultural que acolla actividades en torno á figura da autora de Follas novas pero tamén sobre a cultura galega. O conselleiro destacou a importancia para o país do legado literario, ético e emocional de Rosalía. A celebración rematou co actuación de Amancio Prada, un dos pioneiros en musicalizar os versos de Rosalía, co que a fundación, anotou Angueira, cumpriu «o soño» de telo e de escoitalo na casa.

La Voz de Galicia

El show de los payasos celebra sus 16 años de vida.

Hoy desde las 16 horas. Gratis. Zona Portuaria de Pontecesures.

El decimosexto aniversario de El Show de los Payasos volverá a celebrarse por todo lo alto en Pontecesures. Lo hará pensando en los más pequeños, desde las 16 horas con la instalación de hinchables. Un buen primer plato par lo que estará por llegar. A las 19:30 horas comenzará el pasacalles que dará paso a las actuaciones de la noche. «Es nuestra fiesta», señala Elías Sanmarco, sobre la puesta en escena. Treinta personajes, entr los que estarán los integrantes de la patrulla canina y muchos otros disney, recorrerán las calles para interactuar con los más pequeños.
La música la pondrán El Parga y, después en la verbena, las orquestas Los Satélites y Gran Parada. La fiesta está asegurada para todos los asistentes.
Para la merienda de los niños, habrá bolsas con bocadillo de chorizo, postre y bebida por solo un euro.

La Voz de Galicia

Cabodano do pai Isorna.

O cura galeguista tivo unha longa vida na que defendeu a lingua da sua terra na eirexa e nos medios de comunicación.

Xa vai un ano dende a morte do pai Isorna e os galeguistas quixeron asistit ao acto que onte se celebrou no seu pobo natal para rendirlle unha homenaxe por contribuir a espallar a lingua e a cultura de Galicia en tantos anos da sua vida.Ao acto asistiron varios membros da sua familia onte mesmo pola mañá, explica o autor do artigo.

Fai xa un ano que nos ten deixado o noso benquerido e por sempre lembrado «Padre Isorna», un sacerdote de ben. Fai xa un ano que non está entre nós aquel frade humilde bo e xeneroso, que formaba parte da Orde dos Franciscanos, fundada no ano 1920 por San Francisco de Asís baixo a observancia da regla da pobreza.

Fai xa un ano que non podemos contar coa presencia física do «Padre Isorna», persoa comprometida ao longo de toda a súa vida na defensa dunha Igrexa para os máis necesitados, unha Igrexa do pobo para o pobo, galega, apostólica, romana e compostelana; ademáis de comprometida coa nosa historia, a nosa cultura, e tamén a nosa língua; o que lle valeu o feito de pasar a ser dende o ano 1961, membro correspondente da Real Academia Galega.

Misa en galego

Fai xa un ano que se apagou a voz daquel franciscano de estatura pequena, pero dun corazón xigante, cun sorriso permanente nos seus beizos e unha faciana sempre leda,que chegaba puntual a traveso da pantalla da Televisión de Galicia (TVG) nas mañáns dos domingos.

A todas aquelas persoas que tiñan necesidade de escoitar a Verba de Deus e, que por un ou outro motivo, non podían estar presentes fisicamente na Liturxia da Santa Misa.

Fai xa un ano que nos deixou, que non está entre nós aquel home defensor da identidade galega, e que xunto a Manuel Beiras García e Xosé Mosquera Pérez, foron quen de convencer no ano 1965 ao cardenal Quiroga Palacios,para que autorizara o facer a Misa de Rosalia de Castro en língua galega.

E tamén o que marcaría un antes e un despois no uso do galego nos actos relixiosos do noso país, O «Padre Isorna» -como xa teño dito en outras ocasións- pertence xa para sempre «á Santa Compaña dos inmortáis», a ese exército de homes e mulleres «bos e xenerosos» que pasaron por este mundo facendo o ben e loitando a cotio polas nosas xentes e a nosa Terra.

Misa en Valga

O seu exemplo hoxe é máis necesario ca nunca. Por elo,a súa familia, o pobo de Valga que o veu nacer e do que é Fillo Predilecto, e todas aquelas persoas que coma min tivemos a sorte de coñecelo en vida, quixemos lembrar o seu pasamento cunha misa aniversario que se celebrou onte sábado 29 ás 12.00 horas na igrexa parroquial de Santa Comba de Loira en Cordeiro, onde estiveron membros da su familia e tamén galeguistas que lle tiñan moito aprecio.

Ainda que xa vai alá un ano, o «Padre Isorna» segue presente na memoria de moitos que onte se xuntaron no pequena templo de Cordeiro que cobilla os seus restos mortais, baixo un ciprés que moitos anos antes prantara o seu pai e que agora dalle a sombra que refresca a sua defensa da lingua e a cultura galega e baixo o manto da bandeira galega coa que se cubriu o seu cadeleito.

Francisco López «Chesqui» e patrono fundador das Fundacións Castelao, Alexandre Bóveda e Sotelo Blanco, ademáis de secretario xeral do Partido Galeguista.

Faro de Vigo

El albergue de San Antonio de Herbón reabre hoy con 30 plazas.

La Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS) abre hoy el albergue de peregrinos San Antonio de Herbón, en Padrón, y lo hace en dependencias distintas del convento franciscano y con más plazas que en años anteriores. Para ello, desde la entidad explican que han «trabajado duro para cambiar nuestro albergue», de modo que han conseguido «integrar las antiguas celdas usadas por los monjes como dormitorios».

Así, considera que «hemos dado un paso más en el concepto de albergue tradicional», de modo que en cada una de las celdas podrán dormir solo dos peregrinos. Desde la entidad cuentan que ello «les aportará más intimidad a los peregrinos, estando juntos en el hospedaje con sus compañeros de Camino».

El albergue oferta 30 plazas, siempre atendido por hospitaleros voluntarios al no ser de pago, «sino de una ayuda o donativo voluntario». La asociación ha realizado una «inversión considerable» para adecentar las instalaciones, según explican. Habla de que «será sensacional durmir dous peregrinos nas celdas; van quedar encantados», dicen desde la Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago.

Y no solo por el servicio del albergue sino también por el «entorno precioso» en el que se sitúa el convento, añaden. El albergue ofrece la posibilidad de cenar y tomar un desayuno comunitario, sin coste alguno. A cambio, el peregrino dejará su voluntad, para lo que habrá una caja para depositar los donativos anónimos.

La asociación abrió el albergue en Herbón por primera vez en el 2004, después de firmar un convenio de 20 años con la Orden Franciscana. Al principio el alojamiento estaba en un edificio exterior del convento y ahora pasa a las celdas. La entidad quiere abrir un museo sobre su historia en la zona del antiguo albergue, coincidiendo con el 25 aniversario de su fundación.

El hospedaje se desvía en torno a 2,5 kilómetros del itinerario oficial del Camino, pero está debidamente señalizado, según explican desde la entidad. Para ello, los voluntarios limpiaron y desbrozaron días atrás el camino, además de renovar la señalización para que no haya pérdida.

Además de incrementar las plazas de alojamiento en Padrón, la apertura del albergue sirve para poner en valor las instalaciones del monasterio ya que, como dicen desde la propia asociación, «estarían abandonadas se non fose por nós».

Habitualmente abre de junio a finales de octubre pero este año adelanta la apertura a abril. Además del hospedaje y disfrutar del entorno, el peregrino también puede asistir a un oficio religioso, si lo desea, en la iglesia del convento.

La Voz de Galicia

O grupo Ialma comeza a súa xira na Casa da Matanza de Padrón.

As Ialma, como cuarteto, xa que a quinta compoñente recalou en Xapón, emprenden estes días, cunha xira por Galicia, o camiño de volta que fixeron os seus pais a Bruxelas. Fanno, tras triunfar no seu país co seu quinto traballo discográfico, en galego, e do que recoñecen que muda a súa traxectoria musical e resume a súa historia. Marisol Palomo, que integra esta formación belga xunto a Magali Menéndez e as irmáns Verónica e Natalia Codesal, di que optaron por seguir cos temas de orixe tradicional para expoñer as súas raíces galegas, mais mesturadas coa diversidade musical que lles deu a súa bagaxe de case vinte anos xuntas sobre os escenarios.

«A nosa historia é un camiño de Bruxelas a Santiago, é a volta, a recuperación do que nos contaron os nosos país, pero con poesía e posibilismo», sostén, deixando claro que desta afrontan tamén a crítica social, atendendo ao estado convulso do continente europeo debido ao terrorismo e ao peche de fronteiras. «Antes chamábanlles emigrantes e agora refuxiados, xente que fuxiu da guerra, da fame, da falta de liberdade», expón, recoñecendo que o éxodo que viviron as súas familias segue reproducíndose. As Ialma parten da súa experiencia persoal para expresarse neste disco, por iso, como explica Verónica Codesal, responsable de parte das letras xunto con Brais Fernández, déixanse levar por outros ritmos como homenaxe, entre outros, ao seu avó andaluz, que tamén emigrou, e atrévense ata cunha peza en italiano, por iso da multiculturalidade da que se foron impregnando no seu periplo.

Camiño, que recolle trece temas de corte intimista e persoal, parte de pezas populares para contar a súa biografía familiar, unha que levan tamén dous anos transmitindo cun proxecto didáctico polas escolas do seu país, onde relatan a persecución que houbo ao idioma galego. Unha represión explicada grazas ao relato dunha avoa a súa neta, que trasladan as súas actuacións, como mensaxe entre cantiga e cantiga e que vai acompañado por imaxes desas marchas forzadas por diversas circunstancias.

«? como unha misión cultural fóra do país», recoñece Marisol Palomo, sobre este traballo, que considera unha semente entre os cativos para afondar e valorar as súas propias raíces. «? a voz duns avós da emigración, de todos os galegos, de xente que aínda quere contar o que pasou, esas historias aínda existen», din estas pandeireteiras, que estiman que a súa mensaxe foi aceptada con emocións encontradas dende que sacaron o disco en Nadal.

Como arranque da xira que as levará por diferentes salas da Península, estas embaixadoras internacionais do galego participan hoxe, na Casa da Matanza en Padrón, nos actos de celebración do 180.º aniversario do nacemento de Rosalía.

Domingo, 20.00. a coruña (Garufa club) ENTRADAS 10 euros luns, 23.50. lugo (clavicémbalo) 9 EUROS

«Queremos que a nova revista sexa un espello do que se fai sobre Rosalía».

Nun día tan axeitado como hoxe, no que se rende tributo a aquela poetisa que lle cantara sen medo á Negra sombra, un anaco da cultura vén de ser recuperado. O auditorio municipal de Rianxo foi onte o escenario da presentación do primeiro número da revista Follas novas de estudos rosalianos. O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, abordou os obxectivos e a razón de ser desta nova publicación -que impulsa a entidade de corte cultural- nas ondas de Radio Voz Barbanza.

-¿Cando comezou a forxarse a idea de crear esta revista?

-O proxecto de crear unha revista para a Fundación Rosalía de Castro vén de varios anos atrás, porque a anterior que editaba foi esmorecendo co paso do tempo. Ao incorporarse persoas de probado coñecemento sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, pensamos que era o momento de relanzar unha revista que recolla ese rebumbio, que existe no mundo académico acerca de Rosalía.

-¿Barallaron outros nomes?

-Barallamos outros, como o de A rosa de cen follas. Pero pensamos que o de Follas novas dáballe á publicación o que quere ser: unha revista nova cun achegamento novo á figura de Rosalía e aproveitando o título dunha das súas obras máis emblemáticas.

-¿Por que optaron por unha periodicidade anual?

-Tamén cabería a posibilidade de facer unha edición bianual. ? un traballo extraordinario e pretender unha periodicidade inferior a un ano é un pouco ousado, pois a fundación non dispón de tantos recursos. A idea anual é axeitada para facer unha avaliación xeral do que foron as investigacións ao redor de Rosalía, Manuel Murguía e da súa familia durante ese ano.

-¿Que se poden atopar os lectores neste primeiro número?

-O número inicial xira ao redor dun aspecto pouco considerado: a súa prosa e novelas. Esa importancia que tivo a pegada de Rosalía no conto galego. Ademais, a primeira edición está dirixida por un rianxeiro da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos. Á súa vez está coordinada por unha investigadora de recoñecido prestixio e profesora da Universidade da Coruña (UdC), así como integrante plenaria desta fundación, Pilar García Negro.

-¿En que seccións ou apartados se divide esta revista?

-A revista ten seccións como a de documentos, na que se recollen textos non publicados, moi relevantes para entender a obra e figura da escritora. Outras seccións abordan o percorrido bibliográfico elaborado sobre Rosalía nos últimos tempos. A maiores, un espazo recolle as actividades da propia fundación e da casa da poetisa. Queremos que a nova revista sexa un espello do que se fai sobre Rosalía.

-¿Que é o que motiva investigacións sobre a autora de países como os Estados Unidos?

-Dos EE.?UU., do Reino Unido e ata en Xapón. Rosalía é unha figura de dimensión universal, que non se esgota e que debemos estudar continuamente. As perspectivas de investigadoras como Catherine Davis, axúdannos a entender mellor esta figura. De seguro que os estudos da británica se incorporarán nos vindeiros números da revista.

-¿Por que a escolla de Rianxo para o estreo da revista?

-De entre todos os que nos apoian economicamente, o Concello de Rianxo destaca en gran medida. Quero aproveitar para agradecerlle a toda a corporación municipal e ao seu alcalde, Adolfo Muíños, este patrocinio. Así vincúlanse as terras de Rianxo e Padrón cos nomes de Castelao, Dieste, Antonio e Rosalía.

-Tampouco foi casualidade esta data tan sinalada.

-Efectivamente, presentámola onte porque estábamos ás portas do 180 aniversario do nacemento da nosa autora, do nacemento desa ilusión e esperanza para todo Galicia, facendo que naza este proxecto por unha longa vida.

La Voz de Galicia