Xa son 6 anos o que ten esta web, 6 anos nos que se publicaron 12.925 entradas, e con 14.571 comentarios, dos que 302 están «moderados».
Cada aniversario sempre plantexo a necesidade, parte de evolución da web e dos usos, de recibir e comentar suxerencias, cambios, críticas, … para ir mellorando.
Nestes intres o problema máis importante está na moderación dos comentarios, xa moitas veces é complicado ver cando un comentario debe estar visible ou non segundo as normas (que tamén se poden cambiar).
Vamos a facer unha pequena «enquisa».
O obxetivo final de esta enquisa e chegar a un punto de consenso que nos permita evitar que cada entrada sexa un lugar onde se dispersen temas fronte a un en concreto.
1) ¿ Cómo se deben xestionar os fora de tema ?
2) ¿ Cando estamos a falar dun fora de tema ?
3- ¿ Cando nun comentario se introduce un novo tema é un fora de tema ?
4- ¿ Que porcentaje mínimo (sobre un tema) ten que cumplir un comentario para, tendo unha parte «fora de tema», se considere «fora de tema» ?
5- ¿ Si un comentario ten unha ou varias entradas sobre o tema que trata e está post o en outra entrada que se debe facer con el ?
6- ¿ Comentarios que só manteñen a conversa pero non din nada, do tipo «responde a o que che dixen antes» deben entenderse fora de tema, sin tema, ou son completamente válidos ?
7- Algún exemplo dun comentario que non debería estar visible e o porque.
8- Algún exemplo dun comentario non visible que debería estar visible e o porque.
Xestionar unha web coma esta é moi complicado, xa que fagas o que fagas sempre haberá quen se sinta molesto polas túas accións.
Pido un pouco de «empatía» e vamos a ver si con estas preguntas e as súas respostas, podemos chegar a un consenso de como xestionar a web. Con esto poderemos «rescribir» as normas e que sexan feitas por todos, ata o de agora son collidas das normas doutras webs, coma a desaparecida «Vieiros».