Ás 20:30 horas do 14 de maio de 2010 celebrouse unha asemblea da ANPA do CPI Pontecesures co obxecto de elixir os integrantes da Xunta Directiva para os dous próximos anos.
No prazo establecido, presentáranse catro persoa que foron Manuela Barreiro Castro, Mª Isabel Rey García, Dolores Agrasar de Villanueva e Luz Angueira Eiras (todas elas xa estaban na Xunta Directiva cesante).
Non foi preciso votar, pois se presentaron menos candidatos que postos. Así, solicitouse que se integrasen máis personas. Fixéronno Rita Mª Lafuente Lestón, Yolanda Vieites Dos Santos (integraban tamén a directiva cesante), Marta Aragundi Boga e Mª Luz Mota Rodríguez. Aceptouse así que a nova Xunta Directiva quede composta por oito persoas, que son as seis da xunta anterior máis as dúas últimas citadas.
Hai que salientar a escasísima asistencia de afiliados. Ademais das seis persoas da Xunta Directiva, só había oito socios presentes na biblioteca do colexio que foi onde se celebrou a asemblea.
Antes da renovación da xunta forn tratados temas de interese sobre determinados problemas docentes, a festa e a excursión de remate de curso, as actividades extraescolares e a posibilidade de contar con novos servizos no centro
Sin Categoria
As Anpas de Catoira, Valga e Cesures presentan o Certame das Letras.
O alumnado de Primaria poderá presentarse a un concurso de redacción, mentres que o da ESO elaborará o cartel.
As Anpas dos colexios públicos de Baño, Cordeiro, Catoria e Pontecesures celebrarán conxuntamente en maio o Certame Intercentros Letras Galegas 2010.
Consistirá na presentación por parte dos nenos de redaccións, poemas ou contos en galego, sendo o tema libre. Os participantes serán os escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
A asociación anfitriona será a de Pontecesures polo que esta ano, a maiores, convoca un concurso de debuxo para os nenos de infantil e do primeiro ciclo de primaria co tema «Cesures no Camiño».
Os materais son libres, polo que se poderán utilizar, entre outros, ceras, pintura, plastilina, barro, etc…
Oa alumnos da ESO poderán presentarse ao Certame Intercentros Letras Galegas 2010, no que poderán achegar un debuxo, collage, ou empregar novas tecnoloxías. O cartel gañador servirá para presentar dito certame.
Os traballos realizaranse no colexio, coa axuda dos mestres, polo que os integrantes da ANPA agradecen a colaboración de profesores e directores. Asi mesmo, fan un chamamento á participación dos escolares.
A ANPA cesureña continuará informando puntualmente sobre estes certames, incluída a entrega de premios que terá lugar en Pontecesures en maio.
Os detalles sobre este acto farnse públicos dentro de pouco tempo, aínda que xa se asiantou o convite a través da páxina web www.pontecesures.net para informar a todos os veciños e participantes que desexen tomar parte nesta iniciativa cultural con motivo do 17 de maio.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 14/04/10
Cultura
Certame Intercentros Letras Galegas 2010
A directiva da Anpa do CPI de Pontecesures informa a tódalas familias, sexan ou non socias, de que o vindeiro mes de Maio celebrarase conxuntamente coas Anpas de Baño, Cordeiro, Catoira, e Pontecesures o certame Intercentros Letras Galegas 2010.
Dito certame consiste na presentación , por parte dos nenos de redaccións, poemas ou contos, en galego, sendo o tema libre. Os nenos participantes serán os que cursen actualmente 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Coma sempre os mellores traballos, competirán cos traballos feitos polos nenos dos restantes colexios xa nomeados, ( Baño, Cordeiro e Catoira).
Tamén queriamos informarvos , de que , como este ano somos anfitrións, no noso colexio, ademais, faremos a maiores un concurso de debuxo, para os nenos do ciclo de infantil ( 4º, 5º e 6º) e o primeiro ciclo de primaria (1º e 2º), co tema ??Cesures no Camiño?, no que os materiais son libres, ceras, pintura, plastilina, barro , etc..,e tamén que, para os nenos da ESO, faremos un concurso de carteis, co tema ??Certame Intercentros Letras Galegas 2010?, no que poderase facer un debuxo, collage, ou empregar novas tecnoloxías. O cartel gañador será o empregado para presentar dito certame.
Ditos traballos faranse no colexio, coa axuda dos mestres. Polo que , aproveitando estas liñas, agradecer aos mestres e directores, a súa colaboración desinteresada cos nosos nenos e coa cultura e a lingua Galega, tamén queremos dende esta páxina facer un chamamento aos nosos nenos, para que participen no certame.
Proximamente daremos conta do acontecido neste certame, e despedímonos convidando a todos/as, no vindeiro mes de Maio o acto de entrega de premios, que terá lugar en Pontecesures , do que xa informaremos detalladamente.
A directiva da Anpa
Educación
O Luns de Entroido desfile dos nenos de teatro da ANPA do CPI Pontecesures.
O luns día 15 de febreiro, sairá o desfile de entroido destes nenos ás 16:00 horas da Plazuela.
Educación
Celebrouse o venres, 12 de febreiro a asemblea da ANPA do CPI Pontecesures.
Só seis asociados asistiron á asemblea da ANPA que se celebrou na biblioteca do CPI Pontecesures. Como tamén había outros seis directivos, pódese dicir que a reunión foi case en familia.
Por unanimidade aprobouse a acta anterior, as contas, e a suba da cota da ANPA que pasará a ser de 9 euros por familia.
A presidenta explicou temas relacionados co seguro, coa pertenza da ANPA a CONFAPA Pontevedra e coa celebración do proximo certame das Letras Galegas entre os alumnos dos colexios da zona que esta vez organizará a ANPA de Pontecesures.
Tamén a directiva anunciou a celebración das vindeiras eleccións para elixir os novos cargos, ao esgotarse o mandato de dous anos.
Houbo un longo e animado debate sobre temas de interese para comunidade educativa. Así insisteuse no positivo que sería contar co comedor escolar, engadindo a directiva que o concello debe ser máis dilixente nas tarefas de mantemento do centro e que a institución municipal debe contar máis coa ANPA nas cuestión educativas, como por exemplo, cando hai visitas das autoridades ao colexio.
Educación
Reunión da ANPA Infesta do CPI Pontecesures.
A Directiva da ANPA convoca a tódos os pais/nais asociados a unha reunión ordinaria que terá lugar o 12 de febreiro ás 20:15 horas en única convocatoria coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación do acta anterior
2. Presentación do estado de contas
3. Informes da presidencia
4. Certame Letras Galegas 2010
5. Renovación da directiva da ANPA
6. Rogos e preguntas