«Non queren nin comedor escolar nin Centro de Día». Nota íntegra do BNG de Pontecesures

O BNG de Pontecesures lamenta a insensibilidade mostrada polo «equipo de desgoberno» de Pontecesures cos maiores e cativos ao rechazar no pleno celebrado o luns día 22 as propostas apresentadas polo Grupo Municipal do BNG.

O Grupo Municpal apresentou tres posibles infraestructuras para seren financiadas con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local, que ten previsto dotar ao noso concello con 555.000 ? e que consisten na construción dun comedor escolar dentro do recinto escolar do CPI Pontecesures, na construcción dun centro de día e na construcción dun paso elevado peonil sobre a N-550 que comunique o camiño de San Xulián coa rúa do Pilar.

No pleno cadanseu grupo politico esgrimíu diferentes argumentos para votar en contra das propostas feitas polo BNG, desde a incompetencia do concello para acometer as obras con cargo a este fondo, pasando porque a premura das mesmas era incompatibel coa solicitude de permisos a outras administracións, porque as obras propostas as poden facer outras administracións, ou, simplemente, como rematou asegurando Sr. Randulfe porque «nós temos pensado outras e son estas a que se van facer e punto».

O BNG maniféstase contrario a que a Consellaría de Educación coloque no recinto escolar un comedor prefabricado, argumentado falla de orzamento para un comedor de características similares ás que contan a gran maioría dos comedores escolares de Galiza e non comprende como desde o actual desgoberno municipal se acepta un comedor deste tipo para o que ainda propón poñer fondos propios. A comunidade educativa de Pontecesures, sobre todo os pais e nais representados pola ANPA tamén manifestaron ao concello e ao delegado provincial a súa oposición a este tipo de instalación. Así pois dende O BNG propoñemos que con cargo a estes fondos se acometa a construcción un comedor escolar de calidade, que en calquera caso será con fondos públicos estatais e non con fondos propios do concello.

Ao negarse a que esta obra se inclúa no plan non só se está a votar en contra do BNG local senón que se está a dar nas narices dos pais e nais, presentes e futuros, que verán como nun futuro próximo non contarán cun servizo educativo complementario da calidade que merecen.

No caso do Centro de Día lamentamos o desinterese que amosou e amosa o tripartito por esta infraestrutura, ao noso xuízo, necesaria e cada vez máis demandada polos nosos veciños, que xa na actualidade teñen que usar o servizo que ofrece o centro do concello de Valga (nestes momentos acolle xa a catro usuarios de Pontecesures e non acceden máis porque xa está completo). O BNG puxo de manifesto na sesión plenaria que chegando case á metade da lexislatura o goberno municipal non tivera realizado ningunha xestión diante do Consorcio para que o Centro de Día fose unha realidade canto antes, feito que recoñeceu o tripartito poñendo peros a esta infraestrutura polo seu custo de construcción e incluso do posterior mantemento.

O perigo que supón o paso diario de peóns entre o centro do pobo e San Xulián eliminarase totalmente coa instalación dun paso elevado a xuízo do BNG, e así tamén foi recoñocido polo tránsfuga Sabariz. A administración de carreteras non acomete esta infraestructura porque o Sr. Sabariz non a quere, porque di que lle molesta preto da súa vivenda. Resulta bochornoso, coa cómplicidade dos seus socios de desgoberno, que se antepoñan os intereses particulares do Sr. Sabariz á seguranza dunha gran parte de veciños que teñen que facer diariamente este camiño.

Ao xuízo do BNG calquera destas obras pode ser incluida no Fondo Estatal de Inversión Local se o tripartito mostrase interese por elo, pero teñen demostrado que non lle interesan e non queren levar a cabo infraestructuras que propoña o BNG por moi necearias que estas sexan.

BNG de Pontecesures

Salida «a corto plazo» para el comedor de Pontecesures.

Guilleromo Meijón se refirió a la dotación de comedor en Pontecesures, una vieja y ansiada demanda del centro. Indicó que Educación «está a facer esforzos para darlle unha saída a curto prazo. O delegado está en contacto coa ANPA, que vai visitar un módulo instalado nun centro de Pontevedra para comprobar o seu funcionamento» y estudiar su colocación en el colegio cesureño.

DIARIO DE AROUSA, 28/11/08

Mª Teresa Gil, elixida representante dos pais/nais no Consello Escolar.

Na votación celebrada no día de hoxe no centro saiu elixida Mª Teresa Gil García, con 25 votos. Manuela Barreiro Castro obtivo 18 votos e Ana Portas Potel 9.
Deste xeito Mª Teresa repite coma representante dos pais/nais no Consello Escolar do CPI Pontecesures nesta renovación. As outras dúas son, Yolanda Vieites, en representación da ANPA, e Isabel Rey que leva dous anos no cargo.

Manuela Barreiro, Teresa Gil e Ana Portas, candidatas para o Consello Escolar do CPI Pontecesures.

Rematou hoxe pola mañá o prazo para presentar candidaturas e recibíronse as seguintes:

Manuela Barreiro Castro
Mª Teresa Gil García
Ana Portas Potel.

As votacións terán lugar o día 27 de novembro, de 12:00 a 18:00 horas e vaise elixir unha representante deste colectivo de pais/nais.
Lémbrase que os pais/nais teñén tres representantes no Consello Escolar. Un/ha é designado pola ANPA (así forma parte a presidenta, Yolanda Vieites dos Santos segundo acordo da asociación). ?s outros postos son de elección directa en votación. Permanece no consello, Mª Isabel Rey García, que foi elixida hai dous anos, e renóvase o outro posto que ata agora estaba ocupada por Mª Teresa Gil García, que volta a presentarse.

A xunta directiva da ANPA do CPI Pontecesures, pide desculpas por problemas no comezo da actividade de natación.

Dita xunta directiva ven de facer pública dirixida ós socios/as solicitando desculpas aos pais/nais dos nenos/as que participan na actividade de natación na piscina de Padrón polo «mal entendido» do primeiro día cos pagos da mensualidade. Aproveitan a nota para lembrar que os pagos débense facer trimestralmente na propia piscina nos 15 primeiros días do trimestre. De non facelo así, os nenos/as causarán baixa automática.