Axudas para o aluguer do Plan estatal 2018-2021.

Axudas para o aluguer do Plan estatal 2018-2021

Modalidades:

1)LI?A A: dirixida a poboación con escasos recursos económicos  que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

2)LI?A B: dirixida a poboación moza (menor de 35 anos) que sexa titular ou estea  en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

Requisitos:

– A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española ou se é estranxeira a residencia legal.

– Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente durante todo o período polo que se conceda a axuda. Na modalidade A  as persoas integrantes da UC deben constar empadroadas na vivenda obxecto do alugamento na data da presentación da solicitude ou,  e na liña B, no momento da presentación do contrato, se non se achegara coa solicitude.

– Que a renda mensual da vivenda non supere os 400?/mes (Zona territorial 1)

– Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan superiores a  0,7 veces o IPREM e iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM en supostos de Familia numerosa, ou  de cinco 5 veces o IPREM cando a familia numerosa sexa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade: Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, cun grao recoñecido igual ou superior ao 33  %;  Discapacidade física ou sensorial, cun grao recoñecido igual ou superior ao 65 %.

– Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC non estean incursas nalgunha das circunstancias que lle impida recibir subvencións ,   así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior.

– Que a  persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC non sexa propietaria ou usufrutuaria dunha vivenda, que non haxa parentesco en  primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda; nin   sexa socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora; e que non sexa arrendataria dunha vivenda xestionada polo IGVS.

Contía das axudas:

A Liña A será do 40% do custe mensual do aluguer con carácter xeral e do 50% para persoas de 65 e máis anos

A Liña B será do 50% do custe mensual do aluguer.

As axudas poderán concederse por un período máximo de ata 3 anos e con efecto retroactivo ao 1 de xaneiro

Solicitudes e Documentación:

As solicitudes e documentación complementaria  presentaranse preferiblemente por vía electrónica no  formulario normalizado dispoñible en:

Prazo de Solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes dun mes estará aberto ata o 30 de xullo.

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario e ao Servizo de Información Xuvenil deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e martes e venres de 9 a 13 horas.

A XUNTA VEN DE CONVOCAR AXUDAS PARA RENOVAR AS FACHADAS E TELLADOS DAS VIVENDAS

No DOG de onte xoves publicaronse 3 Ordes polos que a Xunta subvenciona:

  • A rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes.
  • A renovación de fachadas e cubertas de lousa.
  • A renovación de cubertas con tella cerámica.

REQUISITOS E DOCUMENTACI?N A APORTAR: ver a convocatoria.

PRAZO DE REMATE PARA SOLICITAR AS AXUDAS: 06-10-2017, ou cando se esgoten os fondos asignados para estas axudas.

CONSULTA DAS BASES:  http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html

A directora xeral de Comercio e Consumo en Pontecesures na campaña “Quere o teu mercado”.

Máis de 90 prazas de abastos de Galicia súmanse co apoio da Xunta á iniciativa internacional ‘Quere o teu mercado’

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou en Pontecesures na presentación autonómica da campaña

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou en Pontecesures na presentación autonómica da campaña promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración cos concellos e as asociacións de praceiros

Ata finais de mes celebraranse diferentes actividades poñendo en valor a calidade e a profesionalidade das prazas galegas, que culminarán o 27 de maio coa celebración do Día do Mercado

Para continuar contribuíndo á excelencia das prazas de abastos, a Xunta ten activa unha nova convocatoria de axudas dotada con 900.000 euros

Pontecesures (Pontevedra), 18 de maio de 2017.- A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe en Pontecesures (Pontevedra) na presentación autonómica da iniciativa internacional Quere o teu mercado (Love Your Local Market). Esta celebración é impulsada en Galicia por terceiro ano pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración cos concellos e as asociacións e federacións de praceiros. Tal e como explicou Vázquez Abeal, máis de 90 prazas de abastos de toda a comunidade súmanse a esta iniciativa que se celebra ata finais de mes en máis de 30 países de Europa, América e Asia.

No marco de Quere o teu comercio desenvolveranse en Galicia distintas propostas para visualizar e promocionar as prazas como pezas clave do comercio de proximidade, poñendo en valor a calidade e a profesionalidade dos mercados galegos. Entre as actuacións específicas promovidas pola Xunta co sector celebrarase o vindeiro sábado 27 de maio o Día do Mercado.

No acto celebrado en Pontecesures, Vázquez Abeal sinalou que Quere o teu mercado (Love your local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, que propón en cada edición un obxectivo común que neste ano 2017 se centra en promocionar os mercados entre a poboación máis nova a través do slogan Markets for the new generation (Mercados para a nova xeración).

Entre as distintas iniciativas que se celebrarán nos próximos días inclúense, ademais do reparto de material promocional, exposicións, actuacións musicais, degustacións gastronómicas ou diferentes actividades para nenos e nenas. Todas as iniciativas iranse incluíndo na páxina web da campaña.

Sol Vázquez Abeal sinalou que continuar contribuíndo á excelencia dos mercados galegos é unha prioridade para a Xunta, que vén de activar unha nova convocatoria de axudas dotada con 900.000 euros cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 29 de maio.

Por unha banda, os concellos poden obter apoios para a realización de melloras nas instalacións das prazas de abastos e a posta en marcha de novos servizos para os clientes, así como para a adecuación dos espazos onde se celebran os mercados tradicionais e ambulantes, referentes na venda dos produtos locais e tradicionais de calidade.

Como novidade, este ano as asociacións e cooperativas de praceiros poderán solicitar tamén axudas para a adecuación das instalacións, e melloras no interiorismo e imaxe, a exposición do produto ou os sistemas de comercialización. No caso das asociacións e cooperativas situadas en concellos polos que pasa o Camiño de Santiago poderán un ano máis solicitar os apoios para a creación de lotes de produtos con empaquetado específico no marco da iniciativa Mercados no Camiño, que busca así aproveitar as sinerxías entre turismo e comercio nas localidades polas que discorren as rutas xacobeas.

O programa enmárcase no Plan de Mercados Excelentes de Galicia 2016-2020, que recolle 20 actuacións específicas que permiten potenciar estas infraestruturas comerciais como espazos de emprendemento e de dinamización económica, adaptados aos novos hábitos dos consumidores e vinculados ao territorio.

Páxina da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Axudas Individuais para persoas con Discapacidade 2017.

Infórmase á veciñanza que a Consellería de Política Social, abre o prazo de presentación de solicitudes de Axudas Individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017, para persoas con discapacidade.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de maio.
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e os martes e venres de 9 a 13:30 horas.