A asamblea do C.B. Rio Ulla deste pasado día 15 de xuño, onde a directiva
deu conta dos puntos tratados na orde do dia, e que consistiron en:
I) Informe deportivo 2011-12.
Douse conta dos resultados e clasificacións de cada un dos 8 equipos federados cos que contou este club, con un toal de 104 licencias federativas, entre xogadores e adestradores:
1 senior zonal en 3ª autonómica: 27 de 58 equipos en toda Galicia
1 xunior masculino: 44 de 57 en toda Galicia
1 cadete masculino: 6 de 72 en toda Galicia
1 cadete feminino: 10 de 50 en toda Galicia
1 infantil feminino: 21 de 62 en toda Galicia
1 alevin mixto recreativo: 5º de 7 equipos na delegacion de Arousa
1 benxamin mixto: 4º de 9 equipos na delegacion de Arousa.
1 benxamin mixto recreativo: 4º de 8 equipos na delegacion de Arousa.
( Segundo as clasificacions finais da Federacion Galega en www.fegaba.com)
Tamén presentamos os resultados do I Torneo 3 x 3 Basket na Rua Concello de Pontecesures, celebrado en setembro de 2011 na Plazuela de Pontecesures; e que servira para «inaugurar» a tempada a nivel deportivo q agora se pecha. Tivera enorme expectación entre os afeccionados ó basket a nivel comarcal, contando con 12 equipos participantes de categoria xuvenil, e 16 de senior.
Anunciouse para mediados de setembro de 2012 o II Torneo 3 x 3 Basket na Rua Concello de Pontecesures, e que contaremos con novidades: aberto a todas as idades a partir de 12 anos; e que terá un horario dende a mañá á noite.
Por ultimo agradecer o traballo dos 5 monitores do club, asi coma dos pais que colaboraron cos distintos equipos do C.B. Rio Ulla.
II) Presentación do peche definitivo a nivel económico da tempada 2010-11
Diferencia ingresos – gastos: + 690,49
Remanente total a 31.07.11: + 3.622,74 ?
III) Avance do estado das contas provisional da tempada 2011-12.
Diferencia ingresos – gastos: calculo aproximado en + 900 ?
Saldo en Conta a 15.06.2012: 3.695,87 ?
Remanente total a 31.07.12: + 4.500 ? aproximadamente.
Pendente cobro da subvencion da Xunta por importe de 1.910,68 ?
Pendentes de facer os ultimos gastos da tempada.
Contas definitivas a 31.07.12 dannos unha cifra aproximada de 4500 ? de remanente cara á vindeira tempada.
Tras esta asamblea Xeral Ordinaria, celebrouse outra extraordinaria, cesando a a actual directiva e nomeándose outra por unanimidade dos presentes, que rexerá este club os vindeiros 4 anos, formada por:
PRESIDENTA: Monica Espadas Diez.
VICEPRESIDENTA: Yolanda Vieites Dos Santos
SECRETARIA: Ramona Quintá Barros
TESOUREIRO: José Rodríguez Fructuoso
VOCAIS: Mª José Rial Rodríguez
Ramona Martínez Doce.
Asimesmo esta directiva acordou dar un prazo ata o vindeiro 4 de xullo para que aquelas outras persoas que queiran entrar na mesma coma vocais o poidan facer, para o que deberan dirixirse a calquera membro da directiva.
Os asistentes á Asamblea despediron cun gran aplauso de agradecemento a Rosa Mª Cascallar Potel, e a Benedicta Blanco Garcia, presidenta e secretaria cesantes, e que estiveron 12 anos nos seus cargos directivos deste club.