Nacional Infantil para Sara Liñares

Certificadas as listas definitivas de xogadores e xogadoras que representarán a Galicia nos Campionatos de España de Seleccións. A coincidencia no vindeiro mes de abril dos nacionais de Seleccións en categorías minibasket, infantil e cadete, reunirá en terras andaluzas as nosas seis seleccións para desfrutar e competir ao máximo nivel.

Para este propósito, e chegados hasta aquí tras meses de moito traballo, a Área Deportiva FGB comunica as listas oficiais das diferentes seleccións, agradecendo o compromiso dos clubs e de todos os xogadores e xogadoras que teñen formado parte desta dinámica na presente temporada, e remarcando o traballo do cadro de adestradores que están a guiar este proceso.

A base cesureña Sara Liñares Blanco, iniciada no baloncesto no C.B Río Ulla de Pontecesures e dende o ano 2019 xogadora do Instituto Rosalía Fedesa de Santiago de Compostela foi unha das doce seleccionadas para formar parte do equipo infantil que representará a Galicia no Campionato de España a celebrar na provincia de Huelva do 9 ao 13 de abril.

Campeonato para Sara Liñares

Campeonato para Sara Liñares

Fases Finais FGB 🏀  Infantil Feminina ⛹🏻‍♀️👇

🥇 Celta Baloncesto Femenino
🥈Rosalia Fedesa
🥉 Porriño Baloncesto BASE

Campión, Subcampión e terceiro clasificado de 1 División Infantil Feminina ⛹🏻‍♀️  respectivamente; teñen xa a súa praza para o Campionato de España da categoría.

A cesureña Sara Liñares, xogadora do Instituto Rosalía Fedesa de Santiago de Compostela, disputará este Campionato de España Infantil Femenino que se celebrará en Marín do 12 ao 18 de xuño tras acabar o subcampionato de Galicia.


Parabéns.

Ángel Barreiro, o home que volveu encher un río de vida.

«Dábame moitas veces a noite remando. Encantábame remar no medio do río eu só. Era unha paixón. Lembro algunha vez de envorcar no río e ter que ir polo medio das brañas para volver ao club». Hai ben de tempo que Ángel Barreiro celebrou as vodas de prata da profunda relación de amor que mantén co Ulla, desde que sendo adolescente descubría unha nova maneira de conectar co que está tan próximo e, moitas veces, tan afastado a un tempo por simple descoñecemento. Unha historia que arrincaba deixándose levar polos amigos para probar no remo de banco móbil que ofertaba o Club Náutico Universitario de Santiago, dependente da USC, aos pés do final do cauce fluvial que une Pontecesures e Padrón. Montado nun skiff, Ángel sentíuse voar libre, poñendo fin aos seus catro anos entre os pioneiros do primeiro club de baloncesto do seu concello e prantando sen sabelo a semente do que hoxe é un dos clubs de referencia no piragüismo de base en España.

Tres anos botou Barreiro no C.N. Universitario de Santiago, que ofertaba remo de banco móbil e piragüismo. Pero «cando me incorporei o club tiña xa unha actividade baixa, sen estrutura nin de captación nin de competición», lembra. Tanto é así, que non consegue citarse en máis ca un campionato universitario hispanoluso en Portugal, ao que acudíu nun 8 con timonel coa bandeira da USC.

O seu desexo de incorporarse pronto ao mercado laboral afastouno do deporte federado uns dez anos. Ata que «no 2001 un grupo de ex deportistas do club enterámonos de que pechaba o Universitario. Tamén que outro club comprara o material de remo que quedaba entón e que outro estaba a pedir o de piragüismo». Os ex deportistas, conta Barreiro, falaron que «non podiamos deixar que o deporte náutico desaparecera do noso río». Pero «ninguén daba o paso». Foi entón cando volveron aflorar vellos recordos vernizados de felicidade: «Tivera tanta paixón e gozara tanto no río, que quería que outros nenos tiveran a posibilidade de vivir o mesmo ca min». E por iso, Ángel saíu da fila e ergueu a man do voluntario disposto a encabezar a causa, acompañado doutros cinco convencidos.

Conseguido o respaldo do Concello de Pontecesures, comezou entón o máis duro. Construir un novo fogar deportivo sobre as cinsas esmorecentes dun club. «Mentres os meus amigos estaban de festa, eu estaba coa funda reparando barcos ata as 4 da mañá, unhas veces con axuda, a maioría só». E é que, di o noso rostro do deporte, «o material que nos quedaba do Universitario era practicamente inservible. Canoas sen tacos, barcos coas proas rotas e con furados…». E inda que el era «algo manitas, tiven que ir aprendendo a traballar coa fibra de vidro ou a resina, que non coñecía». Compaxinándoo xunto aos seus compañeiros de aventura con labores de marquetería nas vellas e deterioradas instalacións do Universitario que formaron parte da herdanza; recolocando un falso teito caído, reparando duchas ou soldando estantes para as embarcacións. E así foi como no verán do 2002 «se viron de novo as primeiras piraguas polo río», cunha decena de nenos bautizando nas augas do Ulla o Náutico Pontecesures.

Alleo ata entón ao mundo do piragüismo, Ángel sacou no 2003 o curso de iniciación -desde hai 5 anos ten o de técnico de nivel 2- «para axudar os rapaces a medrar» nun momento no que «non tiñamos recursos para contratar un técnico». Carencia que o club comezou a superar cando no 2005 o Concello sufragou o seu custe, axuda que veu mantendo ata o presente. A partir de aí, ademais de seguir adestrando os rapaces, o presidente puido dedicarse tamén a promocionar o club na contorna ás dúas beiras do Ulla.

O Náutico Pontecesures comezou a medrar. Pasando de levar os nenos a competir nos coches particulares coas piraguas en bacas, a mercar remolques e embarcacións novas coas primeiras subvencións; sempre aforrando ata o último peso, así fora indo e vindo no día a Zamora nunha furgoneta cedida polo Concello na que á volta Barreiro e os seus compañeiros de viaxe descubriron que «metía fume dentro. Ao chegar á casa caíame a carbonilla na ducha», lembra hoxe con humor.

De aí o club pasou a pechar unha década cos seus primeiros deportistas no CGTD e André Oliveira pelexando a praza no C1 1.000 para os Xogos Olímpicos do 2012. Celebrando pouco despois a emerxencia no panorama internacional de Camila Morison, bronce no K1 Sprint nos Xogos Olímpicos da Xuventude en Nanjing en agosto do 2014, acompañada por un Barreiro que vivíu en China «a maior experiencia deportiva da miña vida, convivindo con deportistas e con adestradores de todo o mundo, nun país cunha cultura tan diferente». E xa no último lustro, vendo codearse o Náutico Pontecesures entre as mellores canteiras de España, ao tempo que se consolidaba nas marxes dos 200 padexeiros.

«Ver os rapaces ilusionados, o seu compañeirismo, como gozan viaxando por España a competir… Iso é o que me carga a batería» tras 18 anos á fronte do barco, explica Barreiro aos pés do Ulla. Sen ápice de cansazo. Igual de namorado co primeiro día.

Persoal

A paixón de Ángel Barreiro Barreiro (Pontecesures, 16-09-1969) por viaxar levouno a priorizar a súa vida laboral sobre a académica. Traballou tres anos nunha correduría de seguros antes de sacar as oposicións a Policía Local, ocupación que desempeña desde hai 23 anos na xefatura de Vilagarcía.

La Voz de Galicia

De xogar «de nada» a historia dun club.

Fruqui é o fío condutor dunha desas entidades deportivas felices con formar os rapaces do seu pobo.

«Estou adestrando nenos de pais que xa adestrara sendo chavais». José Rodríguez Fructuoso, Fruqui, cumpría hai un mes onte os 51. Unha idade na que a maioría dos integrantes dos corpos técnicos e directivos dun club de baloncesto celebran quizais a súa primeira década de rodaxe. Fruqui vai a medio cabalo entre a terceira e a cuarta. Convertido na personificación do deporte da canastra na súa localidade, Pontecesures, participando en todas e cada unha das versións e etapas dun club enraizado nos anos 80 que nunca, nunca, perdeu a súa esencia e o seu santo e sinal: servir de casa común ás sucesivas xeracións de novos rapaces da vila na que se educar a través do deporte.

Despois de dous anos xogando no C.B. Padrón, un grupo de adolescentes de Pontecesures enganchados ao baloncesto no colexio do seu municipio buscáronse a vida tras a desaparición do club da outra beira do Ulla. Coa axuda de dous profesores do seu antigo centro escolar e da muller do director da oficinal local de Caixanova, que posuía o título de adestradora. Así nacía en 1985 o C.B. Cesures, cun equipo xuvenil. Esa mesma tempada, Fruqui animouse a botarlles unha man a quenes eran os seus compañeiros de quinta escolar. «Entrei de utillero», conta, ocupándose desde o marcador ata labores de vasoira. Coma hoxe, xogaban no pavillón do colexio de Pontecesures, só que daquela ao aire libre e «os equipos cambiábanse nos vestiarios do colexio».

Fruqui, que con anterioridade probara a facer piragüismo e fútbol, acabou no segundo ano enrolado nas filas de xogadores do novo equipo. Pero só «xoguei 2 tempadas», di. ¿De que? « De nada», contesta con humor. «Nunca xogara». Digamos que foi aleiro.

Por aí semella vir a súa predisposición para asumir o marrón que se lles presentou aos pioneiros do baloncesto cesureño cando na segunda tempada do club os tres adultos que respaldaran o proxecto tiveron que abandonalo por traballo. «Eramos rapaces que acababamos de facer os 18 anos. E uns cantos decidimos coller a directiva. Era iso, ou o club desaparecía», conta Fruqui, tesoureiro naquel curso 1987/88 no que tamén foi xogador e mais adestrador. Ao ano seguinte Miguel Miguéns, que aceptara a responsabilidade da presidencia, tamén se tivo que apartar, por estudos, coincidindo coa marcha de boa parte do grupo fundacional. A resposta do noso rostro do deporte foi coller a presidencia, e tirar adiante ao tempo que comezaba a sacarse os títulos oficiais de adestrador, con Pepe Casal e o preparador físico José Andrés, integrantes do corpo técnico do Obradoiro a finais dos 80, como mestres no seu primeiro curso. Gastando 500 pesetas do seu peto de vinteañeiro en fotocopiar unhas fichas de exercicios do OAR que lle prestara un técnico do club ferrolán co que coincidira nunhas xornadas educativas. Era o prólogo a unha nova década, a dos 90, que lle depararía a Fruqui e mais ao baloncesto cesureño unha viaxe en montaña rusa.

Comezaron chegar as alegrías deportivas, clasificando o equipo xuvenil por primeira vez para a Liga Galega, na tempada 1990/91, e medíndose a xente como o no futuro seleccionador español Moncho López, en calidade de adestrador do Narón. En 1991 a estrutura do club traspasouse a Padrón xusto cando comezaba a despegar, cun terceiro equipo de base en capela máis o sénior, polo incumprimento, lembra Fruqui, das promesas de apoio económico do entón alcalde de Pontecesures, José Piñeiro Ares. Un lustro tardou en facer o camiño de volta, co cambio de rexedor animando a un novo grupo de rapaces a recuperar o C.B. Cesures. Fruqui retornou na campaña 1996/97 de Padrón, onde só exercera de adestrador, co seu primeiro ascenso desde Liga Zonal co equipo sénior no peto. Unha efémera experiencia de club mancomunado entre Pontecesures, Caldas e Cuntis (1997/98) e o xurdimento do primeiro equipo cesureño feminino despediron o Século XX, dando entrada a un Século XXI que arrincou coa fusión do C.B. Cesures e o C.B. Concello de Valga no ano 2000.

Con Fruqui ininterrumpidamente desde o final da súa etapa en Padrón en labores de coordinador deportivo e de adestrador en todos estes sucesivos proxectos, o novo club, o C.B. Río Ulla, non deixou de medrar ata tocar teito na campaña 2017/18 cunha ducia de equipos e 124 fichas. Co número de rapazas e de mulleres igualando o de homes no 2010 e superándoo desde mediados da presente década, dándolle a Fruqui unha das súas maiores satisfaccións nestes 35 anos de traxectoria no baloncesto: «Conseguir asentar o equipo sénior feminino durante os cinco últimos anos».

¿Que leva a seguir ao pé da obra a un home que desde a tempada pasada mesmo volveu asumir a responsabilidade dun cargo de directivo -tesoureiro- tras deixar atrás esa ingrata tarefa no 2016? Máis aló de que «me segue a gustar o xogo en si», Fruqui, que dirixe esta tempada un conxunto cadete, confesa que «me gusta ver medrar os rapaces, como xogadores na cancha e como persoas fóra dela». E reconfórtase vendo como, pese a todo, os rapaces e non tan rapaces seguen a sentir o C.B. Río Ulla como a súa casa común, reunindo hoxe oito equipos, incluídos os séniores masculino e feminino, e mantendo 83 das 107 fichas da tempada anterior inda sen un horizonte claro no que se ver competindo outra vez.

FICHA

Persoal

José Rodríguez Fructuoso naceu en Pontecesures o 25 de setembro de 1969. Traballa como técnico de emprego e de desenvolvemento do Concello cesureño.

Traxectoria no deporte

Fruqui leva 35 anos servindo de columna vertebral sobre a que descansaron os diferentes proxectos do baloncesto de Pontecesures.

La Voz de Galicia

La cuarentena del alcalde de Pontecesures.

  • «Aprovecho para colaborar en las tareas de casa y estar con mi familia»
     

El alcalde de Pontecesures  compagina su trabajo en la empresa privada con su labor en el ayuntamiento. «Por las mañanas suelo trabajar desde casa los asuntos que tienen que ver con el Concello, ya que la mayoría de las gestiones se pueden hacer a través de administración electrónica, y  de paso aprovecho para  colaborar en las tareas de casa, cocinar y estar con mi familia».

Su mujer, Carmiña, también se lleva el trabajo a casa, «por lo que  podemos estar juntos de mañana mientras Juan y Lucía, mis hijos, se encargan de sus tareas del cole, que les han enviado por el aula virtual, con lo que mantenemos una rutina de trabajo todos».

Seage confiesa que si tengo ocasión retoma su vieja afición, la de radioaficionado, «y contacto con otros lugares de Galicia para saber cómo llevan el encierro forzoso.  El piano esta temporada lo nota también; en algún descanso antes de ir a  trabajar, por la tarde, le arranco unas notas si puedo. Cuando salgo por la tarde para la oficina la mayoría de los días el salón de casa se ha transformado en un improvisado gimnasio para los que se quedan».

A juicio del alcalde pontecesureño,  «lo peor del encierro es el cambio de rutina que nos ha provocado». En este sentido, explica que «el hecho de limitar nuestro mundo a 100 metros cuadrados, ya que vivimos en un piso, impide todo aquello que solíamos hacer en el tiempo libre;  mi hijo Juan practica el fútbol, mi hija Lucía baloncesto y a mi me gusta salir en moto, por ejemplo». 

Todo eso se ve ahora «como un tiempo lejano, y eso que solo llevamos una semana de cuarentena».

Faro de Vigo