EXTRUGASA RIO ULLA = 66
Gulli (12), Peñaño (19), Pedrito (-), Diego (5), Pino (1), Pedro (-), Nacho (2), Santi (4), Felipe (12) e Pepi (11).
MOTOBAZAR MCDONALDS de VILAGARCIA = 60
Logrouse o obxetivo da temporada: 9 meses, 24 partidos de liga e 75 adestramentos leváronnos ate esta semifinal celebrada en Pontecesures no día de onte: e gañouse, con tensión, con fallos e con acertos, con bos momentos de baloncesto e outros non tanto. E nun partido limpo e deportivo, cun rival que era moi respetado por nós, pola súa veteranía que nos podía complicar, coma así foi.E as 200 persoas que había no polideportivo cesureño disfrutaron ate o fin…, pero tamén sufriron, e animaron…
Comezou o partido moiu ben para os locais. Ante a zona pechada do Motobazar, algo que non variou no partido, se acaso que cada vez a pecharon mais, O Extrugasa acertaba nas triplas: 2 de Gulli e 1 de Peñaño abriron as primeiras diferencias no marcador: 10 ?? 3. Diferencia que, gracias á boa defensa individual, ó control do rebote defensivo por Pino, e a mover ben en ataque contra a zona, ampliaronse cun novo parcial de 5 ?? 0. Pero o Motobazar non se veu abaixo e empezou a anotar o seu xogador mais perigoso, Carlos, nº 13. Diego con 5 puntos seguidos deixou o marcador en 20 ?? 9 ó final do cuarto.
Extrugasa tivo que mover o banco, para dar descanso, e protexerse de faltas. Esto aproveitouno Motobazar para, dende unha forte defensa, ir recuperando puntos: Así chegouse mediado o 2º cuarto a un 24 ?? 20, logo dun parcial de 4 ?? 11 para os vilagarciáns. Apareceu Felipe providencial con 2 triplas, (non haberá recompensa para o esforzo que fixo para estar este fin de semana connosco). Cun 31 ?? 26 e 6 decimas para o descanso Nacho, ¿era Nacho o 11 onte? Fai a 3ª falta e da 2 tiros ós vilagarciáns: 31 ?? 28 e todo para a 2ª parte.
Iniciouse o 3º cuarto e foi un calco do anterior, costaballe anotar ó Extrugasa ante unha defensa que axfisiaba o noso xogo interior. Santi e Felipe aportaban os primeiros puntos, pero mediado o cuarto Motobazr adiantase. O partido entra na dinámica de uns arriba e logo os outros, e foi despois Pepi quen, cas suas penetracións era o que sumaba puntos. Peñaño que buscaba desesperadamente anotar de 3 (erao unico que o intentaba), tivo que irse ó banco para coller folgos: 44 ?? 46 para os Motobazar era o resultado do final do cuarto.
No ultimo cuarto Peñaño puxo diante ó Extrugasa logo dunha magnífica bandexa con tiro libre adicional: 51 ?? 50, pero uns minutos despois Motobazar ia diante de novo 54 – 57: ahí Gulli acertou cunha tripla que puxo o marcador en , e levantou ó numeroso público das bancadas. Quedaban 4 minutos e todo por decidir: e apareceu o ??gran capitán? Peñaño. Fixo qo que leva feito toda a súa vida (deportiva polo menos) botarse o equipo ás espaldas. Nestes minutos dirixiu e dirixiu, sacando faltas ós contrarios. Dende este momento o Extrugasa só anotou a base de tiros libres (9 de 12). Mentras en defensa o equipo vaciabase, e Pino, cun tapón espectacular ala arriba, e logo Santi cun roubo de balón magnífico, impediron a sorpresa. Quedaban segundos e o marcador era 62 ?? 60. Co roubo de Santi e lle pasa a Peñaño este recibe a falta a 5 segundos. Tras tempo morto anota os 2: 64 ?? 60. Carlos o do Motobazar bota rápido e saca unha falta de 3 tiros a Pino. Falla ós 3, en parte pola tensión e parte pola presión dende a grada. No rebote do 3º con menos de 2 segundos, chegalle a peñaño, que recibe antideportiva, e logo hai unha técnica. Mete 2 dos 4 tiros librs e sacan de banda para celebrar o ascenso.
Carlos do Motobazar, e Peñaño do Extrugasa, protagonistas nos tiros libres, con sorte dispar.