Este sábado día 20 o Extrugasa Rio Ulla senior vai xogar o seu primeiro partido de liga na casa, diante do Liceo de Vilagarcía. A hora do mesmo é ás 19.45 no polideportivo cesureño.
O Extrugasa intentará resarcirse da derrota da 1ª xornada en Cambados, ante un rival do que hai poucos datos, tan só que é un equipo cunha media de edade moi xoven. Ademais, o equipo cesureño vai contar co problema de ter varias baixas de novo: Pino de viaxe; Felipe e Pedrito lesionados, e Peñaño ausente por «motivos persoais», polo que só van ser 8 os xogadores dispoñibles. Na vindeira semana deberíamos de recuperar efectivos para empezar a ser mais competitivos. Bo partido para que os novos veteranos den a talla (eh, Pepi), e os xuvenís Juanjo e Victor xoguen minutos e aporten positivamente ó equipo.
Ademais este sábado empezan a disputar partidos amistosos de pretemporada os equipos de categorias inferiores do club. En concreto, ó sábado pola mañá as 10.30 h. o fará o equipo cadete masculino, e a continuación o equipo alevín mixto de minibasket, sobre as 12.30 h. Ambos partidos van ser contra os integrantes do C. B. Grove, que se desprazan ata Pontecesures, tendo previsto devolverlles a visita na vindeira semana.
As ligas das categorias inferiores empezan a principios de novembro, e o club Rio Ulla conta con 5 equipos: cadete masculino, infantil masculino, infantil femenino, alevín mixto e benxamín mixto. (Os 2 equipos infantís van xogar no polideportivo de Valga, ó estar formados por nenos e nenas dese concello xunto con nenos cesureños).