Hoxe empezan as súas respectivas competicións ligueiras na casa tanto o novo equipo de futbol sá do Pontecesures C. F. as 17 h.; coma o Extrugasa Rio Ulla de Baloncesto, a partir das 19.30 h.
O Pontecesures C. F:, ante o número reducido de xogadores do que dispoñía decidiu retirar ó equipo de fútbol da Liga de 3ª rexional e federalo nunha liga de futbol sá da propia federación. Van xogar contra outros 13 equipos de case toda Galicia, e coma descoñecen o nivel da mesma non se pode dicir realmente que aspiracións teñen, pero si que qieren facer de Pontecesures un fortín onde os equipos visitantes teñan que sufrir moito se queren gañar. O entrenador Marcos «Pichi» segue unha tempada máis ó frente do equipo.
A continuación, a partir das 19.30 h. xogan os senior do equipo de baloncesto Extrugasa Rio Ulla, o seu 2º partido ligueiro, contra o equipo de Portas «El Doce». Na pasada xornada sufriron unha derrota por 67-59 na sempre dificil cancha de A Estrada, e agora queren optar ó triunfo para recuperar posicións na taboa clasificatoria, e moral cara ós seguintes partidos
Mañán Domingo ás 12.15 horas van xogar os rapaces xuvenís do Extrugasa Rio Ulla contra os do Liceo de Vilagarcia, e pola tarde ás 17.15 h. vanno a facer as rapazas xuvenís contra o Cortegada de Carril. Ambos rivais son dous equipos superiores polo que a victoria para os nosos xóvenes deportistas vai ser dificil.