El BNG de Cesures pide las “contas detalladas” del Servizo de Obras del Concello.

El BNG de Pontecesures, a través de un escrito presentado ayer en el concello por la concejala y responsable local nacionalista, Cecilia Tarela Bareiro, solicitó “as contas, facturas e albaráns detallados” del Servizo de Obras del concello correspondientes a la compra de material, combustible y maquinaria, dentro de los últimos seis meses.
El concejal del gobierno local Luis Sabariz afirmó que, “por suposto”, se pondrán a disposición de la edil nacionalista “nos vindeiros días” toda la documentación relativa a la petición, con los documentos de la contabilidad municipal.
Se da la circunstancia de que el portavoz del grupo municipal del BNG y ex alcalde, Luis Álvarez Angueira, está pendiente de juicio por un presunto delito de malversación de caudales públicos relacionado con el desorbitado consumo de gasoil del Patrol de obras entre 2003 y 2006. Junto a él también está imputado el actual jefe del Servizo, Xurxo Gerpe Jamardo.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 23/10/09

Nova petición de contas do BNG de Pontecesures. Agora pide as do Servizo de Obras do Concello.

No día de onte, e mediante escrito asinado pola concelleira e responsable local do BNG de Pontecesures, Cecilia Tarela Barreiro, solicitou as “contas detalladas e facturas e albaráns detallados do servizo de obras do Concello de Pontecesures correspondentes á compra de material, combustible e aluguer de maquinaria, dentro dos últimos seis meses”.

Por suposto nos vindeiros dias se vai a poñer a disposición da concelleira nacionalista toda a documentación relativa á petición, cos documentos da contabilidade municipal.

Póñense a disposición do BNG de Pontecesures as contas das Festas do Carme 2009

Logo de solicitarse onte por escrito, no día de hoxe se lle enviou dende o Concello a Cecilia Tarela Barreiro un documento resumo das contas de ditas festas.
No documento reflíctese que os ingresos foron de 25.041,90 euros (22.041,90 achegados por particulares e establecementos, e 3.000 de subvención da Deputación de Pontevedra) e os gastos de 40.487,55 euros (detállase o custo do alumeado, orquestras, banda, inchables, fogo, etc… cos datos da facturas).
Se lle comunicou á responsable local do BNG, que ten á súa disposición na Casa do Concello todos os documentos soporte dos ingresos e dos gastos para súa comprobación, os días 21, 22 e 23 de octubro, de 9:00 a 14:00 horas.

O BNG de Pontecesures solicita as contas das Festas do Carme 2009.

Mediante escrito presentado no día de hoxe pola concelleira e responsable local do BNG, Cecilia Tarela Barreiro, solicítanse as facturas detalladas e as contas detalladas das Festas do Carma 2009.
Lémbrase que o concelleiro de cultura, Jesús María Rey Beiró, xa indicou as cifras totais de gastos e ingresos no pleno ordinario de 28/09/09. Asi mesmo, manifestou que tódolos datos estaban a disposición dos membros da corporación.
Posiblemente mañá mesmo se lle contestará a Cecilia que ten á súa disposición, na Casa do Concello, a conta detallada de ingresos e gastos, así como os documentos soporte dos mesmos.

Contestación á nota do BNG de Pontecesures sobre o proxecto de remodelación do peirao.

1.Efectivamente en xaneiro de 2008 aprobouse, por unanimidade, asinar o convenio con Portos de Galicia e aprobar o anteproxecto da obra dos catro millóns de euros. Pero o certo é que o proxecto non se ramatou ata decembro dese ano, e o goberno anterior nin adxudicou a obra, nin deixou consignación orzamentaria algunha para financiala. Moitísimas foron as chamadas e as peticións de entrevistas que fixemos ao anterior presidente de Portos para que a obra fora unha realidade. A calada sempre foi a única resposta.

2.Logo do cambio de goberno na Xunta, nos volvimos a interesar en moitas ocasións polo proxecto en cuestión. Na visita do día 7 de outubro o Sr. Álvarez-Campana manifestounos que non lle convencía o proxecto (materiais elixidos de baixa calidade,indeterminacións en relación cos accesos, esquecemento de que Pontecesures é un peirao fundamental para relanzar a Ruta Xacobea Mar de Arousa-Ulla, etc…) pero non polo custo, senón porque non era o idóneo para Pontecesures e que semellante investimento merecía unha obra moito máis integrada na cidade e con máis participación do concello, pois do contrario perderíase unha ocasión histórica que non vai xurdir en moitos anos.

3.Comprometeuse o presidente de Portos a que se van a realizar agora unhas actuacións urxentes de “choque” e que en 2010 será adxudicada a gran obra de remodelación, deseñándose un proxecto atractivo e ambicioso coa participación do ente público e do concello. Non temos porque dubidar dos compromisos asumidos polo Sr. Álvarez-Campana con este municipio. O tempo dirá se se cumpren, claro.

4.Por suposto, se están a defender os intereses de todos. Non se entende que agora os nacionalistas cesureños manifesten que elaborar outro proxecto sexa un insulto ou unha “baixada de pantalóns”. Neste 2009 non se ía adxudicar o proxecto que se rexeita por non ter partida orzamentaria algunha. Como hai que facelo xa en 2010 imos confíar que o proxecto a adxudicar sexa mellor para Pontecesures como afirman con rotundidade os novos xestores de Portos de Galicia.

Pontecesures, 18/10/09

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures

El BNG de Pontecesures critica la decisión de anular el anterior proyecto de obras para el puerto.

El BNG de Pontecesures se muestra muy crítico con la decisión de Portos de Galicia de invalidar el proyecto de remodelación de la zona portuaria, que se diseñó bajo el mandato del bipartito en la anterior Xunta, y con el gobierno local por aceptar esta decisión en lo que califica de «baixada de pantalóns colectiva».
El Bloque recuerda que aquel proyecto, presupuestado en 4 millones de euros, fue aprobado por toda la corporación en pleno y denuncia que se eche abajo en favor de «o lavado de cara que pretende facer Portos na zona do peirao de cara ao Xacobeo do próximo ano». «Lavado de cara que nada ten que ver co proxecto inicial, quedando só algunhas actuacións simples que non poñen en valor a recuperación do peirao como zona de lecer», señala el BNG. «O goberno municipal, inexplicablemente, encarta as orellas e non esixe que se cumpra o que foi elaborado polo anterior goberno da Xunta e que foi aprobado por todos os grupos municipais». El Bloque responsabiliza a la alcaldesa Maribel Castro de no defender los intereses de los veciños. «Ante isto o BNG pregúntase: ¿para que cobra o salario pagado por todos?».
Por su parte, el concejal del gobierno local, Luis Ángel Sabariz, indica a este respecto que con el bipartito nunca se ofrecieron garantías para la financiación de aquel proyecto y a la hora de hablar de este asunto «a calada sempre foi a única resposta». Sabariz pide además un voto de confianza para los nuevos responsables de Portos que prometieron una intervención ambiciosa en el puerto cesureño.

LA VOZ DE GALICIA, 19/10/09