O BNG de Pontecesures carga contra o alcalde.

Sair na prensa falando dunha obra (Infesta-O Castro) como si estivese rematada, facendo fincapé nas melloras que supoñen para os peóns en canto a movilidade e aparcamento, cando os usuarios do CPI Pontecesures, en plena vaga de contaxios mor da COVID-19, teñen que amorearse á porta do centro por falta de espazo, é dunha desfachatez tremenda. Nin sitio para aparcar nin espazo para os peóns; os usuarios do CPI vense obrigados a agardar no pequeno espazo que queda despois de iniciar, fai quince días, unha intervención no Pino Manso.

No pleno do pasado 28 de setembro, ás preguntas do BNG sobre o reparto de mascarillas almacenadas no Concello, o alcalde respondeu que 400 delas serían entregadas ós alumnos do CPI Pontecesures en breve, feito que a día de hoxe segue sen producirse.

BNG Pontecesures

O BNG de Padrón urxe activar o consello escolar.

O BNG de Padrón, a través da concelleira Bea Rei, presentou unha moción para que o Concello poña en marcha, canto antes, o Consello Escolar Municipal. Os nacionalistas lembran que é o órgano competente para traballar desde o Concello na elaboración e cumprimento de protocolos para o transporte escolar, funcionamento de comedores e servizo de limpeza dos centros, tal como establece a Lei de Consellos Escolares de Galiza.

A concelleira, Bea Rei, explica na moción presentada, que a actual situación na que se atopan os centros escolares e o alumnado a causa da covid-19 fai imprescindible coordinar e planificar medidas que reforcen as garantías de seguridade e igualdade de oportunidades na veciñanza de Padrón, “mais se temos en conta que a Xunta de Galicia delegou sobre os centros educativos as responsabilidades sobre as garantías hixiénico- sanitarias fronte á covid-19”.

A urxencia na posta en funcionamento do consello escolar está motivada pola gran dificultade que conleva o inicio de curso para familias e centros, dí o BNG.

El Correo Gallego

Bea Rei con outros candidatos do BNG de Padrón.

Pontecesures quita el freno urbanístico a la implantación de nuevos negocios en el municipio.

En Pontecesures, el urbanismo no es una materia de fácil digestión. «Todas as afectacións que existen, menos a aeroportuaria, témolas aquí», dice el alcalde Juan Manuel Vidal Seage (PP). En Pontecesures hay zonas afectadas por Portos, por Augas de Galicia, por su proximidad a una carretera nacional o por el paso de las vías del tren. De todo ello da cuenta el PXOM del Concello, aprobado a principios de siglo: un documento que dejó fuera de ordenación «boa parte dos edificios do casco urbán», según relata el alcalde. Y eso supone que los locales que a lo largo de los años se han quedado vacíos, no puedan recuperar la actividad de ninguna manera. «Temos locais valeiros nos que houbo xente que quixo abrir negocios, e nós tivemos que dicirlles que non». Una situación kafkiana para la que el gobierno local parece haber encontrado una solución. Y es que en el último pleno de la corporación, el ejecutivo planteó -y aprobó- un «criterio de interpretación do réxime urbanístico aplicable ás edificacións en situación de desconformidade co Planeamento Urbanístico vixente».

Un cambio en la normativa urbanística de la Xunta abría la puerta a que «nas construcións en situación de fóra de ordenación se poidan implantar novos usos, de entre aqueles que a ordenanza urbanística permita para a zona» y siempre que los locales cumplan con el resto de requisitos exigidos para la actividad a desarrollar. «Mediante o criterio de interpretación, o que se pretende é, sen necesidade de acometer unha modificación puntual do PXOM, poder autorizar a implantación de novas actividades en aqueles locais que se atopan en situación de fóra de ordenación, que non son poucos».

Esa medida debería ayudar a reactivar el tejido económico en Pontecesures. «O que se elimina é a traba urbanística que ata o de agora tiña bloqueados moitos locais», explica el alcalde.

La RPT

El pleno de Pontecesures saldó también otro asunto con el que llevaba tiempo a vueltas, y que precipitó la moción de censura que en el pasado mandato apartó de la alcaldía al BNG: la Relación de Postos de Traballo. La RPT supondrá un incremento en el gasto laboral de 100.000 euros al año.

La Voz de Galicia

Aprobado o acordo plenario instando a que se manteñan en Pontecesures os servizos e as frecuencias dos trens.

A proposta foi presentada polo grupo de goberno no pleno que tivo lugar o pasado luns, 27 de novembro. Nela se insta ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para que se manteña os servizos e frecuencias cos que contaba Pontecesures antes da declaración do estado de alarma.

O voceiro socialista, Roque Araújo, solicitou incluir unha emenda baseada en que a pasada semana xa entraron en servizo máis trens no corredor e nunha nota na que se dicía que no futuro, paulatinamente, ían circular máis trens en función da demanda e, deste xeito, habería que dar unha oportunidade para que a recuperación total fora unha realidade.

Este matiz foi obxecto de debate. A voceira do BNG, Cecilia Tarela, manifestou que non se debía esperar máis e que a recuperación dos servizos debía producirse con carácter inmediato. O alcalde, Vidal Seage, manifestou que o máis oportuno era ceñirse á proposta exposta no pleno instando a que os trens suprimidos circulen canto antes.

Rexeitouse a emenda socialista e a proposta do equipo de goberno foi aprobado con 8 votos a favor (PP. TeGa, IP e BNG) e 3 abstencións (PSdeG-PSOE).

Los nacionalistas recuperan la plata en Pontecesures.

Durante varios mandatos, el BNG desempeñó la alcaldía de Pontecesures de la que fue apartado por una moción de censura en favor del PP. Los conservadores retroceden ligeramente en el municipio más pequeño de la comarca, pero sostienen una cómoda ventaja por encima del 50% de los votos. La segunda plaza de resuelve en favor del BNG, que crece 18 puntos. Loa socialistas, que son terceros, también incrementan su porcentaje ligeramente.

La Voz de Galicia

O PP gañou as eleccións en Pontecesures.

Paticipación: 57,56%. 1.454 electores.

Abstención: 42,44%. 1.072 electores.

Votos nulos: 1,58%. 23

Votos en branco: 0,49%. 7

PP: 51,28 %. 729

BNG: 26,07 %. 373

PSdeG-PSOE: 15,09 %. 216

PODEMOS-ESQUERDA UNIDA-ANOVA: 3,28%. 47

VOX: 2,17%. 31

Cs:. 0,77%. 11

EN MAREA-CxG-PG: 0,35%. 5

PACMA: 0,21%. 3

ASCG: 0,07%. 1

EQUO: 0.07%. 1

PCTG: 0,07%. 1

UNIDOS SI-UDP-DEf: 0,07%- 1