«O alcalde preferiu ir ver o Xabarín que vir a un pleno»

Entrevista | Luis Ángel Sabariz Rolán
Desembarcado nas filas socialistas, Sabariz ve difícil un acordo co BNG

Logo de oito anos na Agrupación Cidadá de Pontecesures, Sabariz marcha ao PSOE. Unha aventura que ten a súa explicación.

-Nós estabamos a preparar a lista da ACP, pero alá a principios deste ano tivemos a chamada do coordinador comarcal do PSOE, Juan Froján, e logo do secretario provincial, Modesto Pose, interesados por que nos integrásemos na súa candidatura. Barallamos a posibilidade e démoslle o si porque nos sentimos cómodos nas listas do PSOE e porque son comprensivos cos problemas de Cesures e vanse, creo que esa é palabra, si, volcar.

-E así chegamos a que vostedes, antes independentes, son agora practicamente o PSOE cesureño.

-Evidentemente algo sucedeu na agrupación socialista. Semella que a maioría quería a ?scar Gerpe. Pero o partido apostou un pouco por min. O único que eu fixen no mitin con Manuel Vázquez foi agradecer o labor de Gerpe, pedir o seu apoio e poñerme á súa enteira disposición.

-E só levan un militante do PSOE na lista.

-Efectivamente. Eu pretendía contar con máis xente deles, pero tiveron esa posición de non integrarse na candidatura.

-¿Non é un pouco raro?

-Nós temos que tirar para adiante. Eu fixen un chamamento á agrupación do PSOE, pedín comprensión e penso que, logo daquel desencontro inicial, as relacións vanse normalizando. Eu sigo á súa disposición.

-¿Que é o que pasa co alcalde, Luis?

-Estiven sete anos no goberno. Fun leal sempre ao alcalde, fomos a carón un doutro, fíxose xestión, conseguimos cousas importantes. Pero hai ano e pico comezou a poñer atrancos. Empezou a pechar despachos, a impedir xestións, e empezaron asuntos típicos como colocar xente a dedo ou o do gasóleo. Lonxe de aclarar as cousas tensou a corda. Non facilita documentación, non cumpre os acordos plenarios. Non é nada persoal, pero non é o alcalde que Pontecesures merece. Cando veu o espectáculo preferiu ir ver o Xabarín que vir a un pleno. Nin sequera vive aquí, senón en Rianxo.

-Mire que igual teñen que pactar a alcaldía…

-Eu falei moito co partido deste tema, e o partido é sabedor da miña opinión. A xente non entendería que agora lle dese a alcaldía.

-Traballa en Sanxenxo.

-Son o tesoureiro, e de forma provisional o secretario do Concello.

-¿E que tal alí?

-Sen entrar en valoracións políticas, a alcaldesa deu exemplo de tolerancia ao propoñerme a min para cubrir a vacante temporal.

POR FACER

O fundamental é rematar o saneamento do río e solucionar a contaminación aérea que provoca finsa, ese pó en suspensión que nos esmaga.

O conselleiro comprometeuse a que se cumpra a normativa, e eu confío nel e en que se cumpran os parámetros. De nada serve xestionar isto ou aquilo se non podes respirar. Pontecesures precisa un edificio de usos múltiples e recuperar patrimonio, o pazo da Cova, ou o castro de San Xulián para uso público, podería ser un xardín botánico precioso, outros edificios emblemáticos como o Alfolí. E cuestións como un pediatra, un segundo médico, outro obradoiro de emprego. Xa fixemos unha rolda nas consellerías competentes e as perspectivas son boas. O polígono industrial sí, pero contando con tódolos afectados, procurando o consenso. Sería esencial manter o servizo de ferrocarril como cercanías, e intentarémolo aínda que non será doado.

ERROS PROPIOS.

O gran fracaso, estando no goberno, e na procentaxe de responsabilidade que me pode corresponder por non sermos quen de poñer en marcha a depuradora no tempo en que gobernaba o PP. Aínda que pelexei moito, tampouco conseguín recuperar o persoal na estación de ferrocarril. Xa na oposición, e aínda que creo que é un labor de moito mérito, se cadra é dificil transmitir á xente o que está pasando no Concello.

LA VOZ DE GALICIA 24/04/07

Hoxe ás 22,45 gran debate en TV SALN?S

Están convidados para este debate que terá lugar no Hotel Ciprés de Godos (Caldas de Reis) os candidatos/as á alcaldía de Pontecesures:

-María Isabel Castro Barreiro (IP)
-Manuel Luis Alvarez Angueira (BNG)
-Rafael Randulfe Vieites (PP)
-Luis Angel Sabariz Rolán (PSdeG-PSOE)

A duración do debate será de 90 minutos aproximadamente.

Presentada a Guía Turística do Concello e a páxina web oficial.

O alcalde, Manuel Luis Alvarez Angueira, a 1ª tenente de alcalde, Maribel Castro, e o representante da empresa que elaborou a páxina, Javier Feijóo, fixeron a presentación.

En relación coa guía confeccionada pola Dirección Xeral de Turismo o alcalde agradeceu a colaboración coas fotografías de Victor Mejuto, Anxo García Abalo e Antonio Cortés así como a do poeta cesureño Cándido Duro. Manifestou que se fixeron 5.000 exemplares anunciando que se vai distribuir a tódolos cesureños e se van enviar exemplares ás oficinas e as feiras de turismo.

(más…)

Sabariz denuncia la inoperancia del gobierno nacionalista cesureño.

Dice que hay una obra concedida al Concello que no puede adjudicarse porque en realidad ya está ejecutada.

Luis Sabariz Rolán, candidato a la Alcaldía de Pontecesures con el PSOE, vuelve a arremeter contra el gobierno local del BNG, al que acusa de «una total inoperancia» y de practicar actuaciones «oscurantistas» que, a su juicio, perjudican a los ciudadanos.

(más…)

Castro se da la última opción de alcanzar la Alcaldía antes de abandonar la política.

La primera teniente de alcalde y concejala de Obras y Urbanismo bajo el signo político de Independientes de Pontecesures, Maribel Castro, anunció su intención de retirarse de la política una vez que transcurra la próxima legislatura. Castro aguarda que su paso por el equipo de gobierno ?en el que cohabita con el BNG? le permita contar con mayor respaldo por parte de los electores, por lo que se dará en las elecciones de mayo la última opción de alcanzar la Alcaldía cesureña o, de lo contrario, no volverá a concurrir como cabeza de cartel a unos comicios municipales. Tras doce años en política esta será la segunda vez que encabece una lista como independiente «y posiblemente sea la última», confirma: «Le voy a dar al pueblo la oportunidad de que haya un cambio al frente del Concello, si es que realmente lo quieren y, si no, habrá que dejar que lo intenten otros», indica. Castro recuerda que «hasta ahora siempre gobernaron hombres en Pontecesures y yo soy la única opción que tendrán en estas elecciones para que gane una mujer. Ya que tanto se habla de igualdad, a ver si ésta llega realmente a la política local», sostiene.
(más…)