NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
Ante os verquidos de combustible ó río Ulla no día de onte no peirao de Pontecesures procedentes do alcantarillado que vai directo sen depurar ó río queremos comunicar á cidadanía o seguinte:
1-Temos datos de que o alcalde foi avisado por persoal da Consellería de Medio Ambiente a primeira hora do sábado 25 do asunto dos verquidos para que persoal do concello colaborara en averiguar qué empresa ou particular era o responsable. Increíblemente a primeira autoridade local desentendouse do tema afirmando que tratarían de localizalo o luns (por mañá). En lugar de dar as ordes para localizar ós responsables mírase para outro lado cunha desidia denunciable.
2-Pola nosa conta continuamos investigando o tema xa que nos derradeiros día varios veciños do Camiño de San Xulián e da rúa San Lois comentaban que nos seus aseos e na propia rúa había un forte cheiro a gasoil.
Con gran sorpresa tivemos coñecemento de que hai indicios moi fundamentados de que hai unha fuga de gasoil na vella caldeira da propia Casa do Concello (verquido totalmente involuntario pois non se utiliza hai máis de 25 anos pero posiblemente a caldeira conserve combustible).
3-Avisamos da circunstancia ó persoal de Medio Ambiente (aínda hoxe a primeira hora hai verquidos da gasoil ó río) e xa hoxe domingo traballadores do concello están a realizar tarefas para eliminar o gasoil da caldeira que vai ó alcantarillado na parte traseira da Casa do Concello.