El BNG de Padrón aboga por suprimir la frontera provincial.

El BNG de Padrón considera «sensatas» las alegaciones presentadas por el Concello sobre la prohibición de cambiar de provincia dentro del plan de desescalada diseñado por el Ejecutivo central. La edila nacionalista Beatriz Rei coincide con el gobierno local en el «gran prexuízo que a aplicación literal do plan tería para o Padrón e os concellos limítrofes». Para el BNG, «a fronteira provincial non existiu nin existe para os veciños da comarca». En este sentido, añade que «goberne quen goberne en Madrid, é importante para Padrón rematar con esta división provincial absurda», también después de la pandemia.

De hacerlo, añade Beatriz Rei, se solucionarían problemas como el de la parada del transporte metropolitano y posibilitaría «a planificación de servizos como o de recollida de lixo ou saneamento, entre concellos coma Padrón e Pontecesures». Para el BNG, la disolución de la frontera provincial «debe ser un obxectivo de calquera goberno municipal de Padrón».

La Voz de Galicia

O BNG de Pontecesures solicita que se poña en marcha o servizo de préstamo de libros da biblioteca.

Son moitos @s nen@s, persoas maiores e veciñ@s do concello que se atopan confinados nas súas casas.

Temos a sorte de contar cunha biblioteca municipal que dispon dun amplo fondo de libros e revistas; por iso vimos de solicitar a posta en marcha do servizo de préstamo de libros a domicilio co fin de que todo o mundo teña acceso á cultura e facer esta situación máis levadeira.

BNG de Pontecesures

O BNG de Pontecesures solicitou o luns pasado máscaras para os rapaces.

O pasado luns 20 de abril, o BNG propuxo na comisión de seguimento do COVID-19 as seguintes medidas:

– Proporcionar mascararillas reutilizables para os rapaces.
– Ubicar nas entradas á praza de abastos dous dispensadores de xel desinfectante.

Hoxe, o alcalde, ven de publicar que adoptará ambas medidas en breve. Dende o BNG, sentímonos moi satisfeitos pola posta en marcha destas aportacións que redundan no beneficio de tod@s.

BNG Pontecesures

O BNG de Pontecesures propón una axuda de 300 € para os titulares dos comercios e dos establecemntos de hostalería.

O comercio, a hostelería e o pequenos negocios locais de Pontecesures afrontan a cuarta semana de cese da súa actividade económica coa incerteza de non saber cando poderán volver a abrir as súas portas.

Co fin de aliviar a difícil situación financieira a que teñen que facer fronte, o BNG, como membro da comisión de seguimento do COVID-19, ven de facer as seguintes propostas ó equipo de goberno:

1. Establecer unha axuda de 300 euros para facer fronte a algún dos seus pagos.
2. Exonerar a ditos sectores do pago de todos os impostos e taxas municipais no que resta de 2020.

Todo o noso apoio ó comercio, á hostelería e ós negocios locais; agardamos que en breve poidan abrir as súas portas e devolver o dinamismo e actividade que os caracteriza ás rúas de Pontecesures.

BNG de Pontecesures.

O BNG de Pontecesures pide reactivar a agrupación local de Protección Civil.

Como membro da comisión de seguimento do COVID-19, e ante o posible empeoramento das circunstancias actuais, o BNG ven de solicitar ó alcalde de Pontecesures a reactivación da agrupación local de protección civil no noso concello.
Consideramos que a súa formación, preparación, experiencia e coñecemento na xestión de situacións de emerxencia, sería de gran axuda neste momento, tanto para desenvolver labores aistenciais como de desinfección e limpeza; tamén labores de control e vixiancia complementando os servizos actuais que, como se ven comprobando, son insuficientes.

Ó noso pesar e para prexuízo de todos os veciños e veciñas de Pontecesures, a nosa petición ven de ser desestimada polo alcalde.
Agardamos que rectifique e, tendo en conta a gravidade da situación actual, teña en conta á agrupación local de protección civil, organismo que se está amosando indispensable na maioría dos lugares afectados polo COVID-19.

BNG Pontecesures