A ACP solicita que sexa instalada dunha vez a Cruz de Infesta.

Na tarde do 13/07/12, desplomouse esta cruz causando pequenos danos a un neno que se atopaba xogando na zona e que, ao parecer, xa foron avaliados pola compañía aseguradora da responsabilidade civil do concello.

Os trozos na cruz quedaron espallados no seu día pola zona, e no pleno ordinario do 30 de xullo de 2012, a concelleíra de IP, Flora Ferreirós, solicitou que se colocase de novo a cruz e que, alomenos, foran rertirrándose xa os trozos de pedra ante o perigo que representaban nesta zona de Infesta, bastante concorrida pois por alí pasa o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.

Sorprendentemente, o concelleiro de obras, Ángel Manuel Souto Cordo, afimou no pleno que antes de colocar a cruz había que pedir un informe ao técnico municipal por se houbera responsabilidades dos compoñentes do grupo de goberno que tiñan competencias de xestión cando a cruz foi colocada xa que poidera ser que a obra fora mal executada.

Pois ben, hai que dicir que a obra de rahabilitación desta zona de Infesta na que incluía a colocación desta cruz foi executada dentro dun programa LEADER PLUS en 2006 (a cruz en concreto foi colocada en outubro de 2006) sendo presidente da corporación daquela o actual alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira e o técnico municipal é agora o mesmo que dirixiu esta obra en 2006.

Pois ben; solicítase a Souto Cordo que informe á opinión pública das conclusións do informe do técnico municipal e se hai responsabilidades na actuación do alcalde, doutros membros do goberno local de entonces, do técnico, da empresa instaladora, ou de quen sexa. Tamén instase a que, independentemente da investigación do concelleiro de obras, a cruz sexa colocada con toda urxencia. ? certo que os trozos foron retirados logo da pregunta plenaria, pero xa pasaron dous meses e a cruz non foi reposta permanecendo alí só a base. Un dato máis que nos amosa o abandono no que esta sumido o noso municipio con este goberno.

Pontecesures, 19/08/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Problemas para circular pola rúa Cantillo de San Xulián.

Ás marxes da rúa Cantillo, preto do Camiño Portugués da Ruta Xacobea, teñen unha maleza tan crecida que dificultan o paso de vehículos e peóns. Hai queixas non só dos veciños do lugar de San Xuliián de Pontecesures, senón tamén dos de Cortiñas (Padrón) xa que é a pista máis utilizada para acceder a dito lugar do municipio limítrofe.

Prégase así ao goberno local que se acometa un labor de limpeza con toda urxencia das marxes desta pista que ten un tráfico considerable.

Pontecesures, 04/09/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concellediro da ACP de Pontecesures

Resposta ao goberno local de Pontecesures sobre a reixa do Camiño Portugués en Condide.

Sobre ás 9 da mañá do luns 27 de agosto un veciño infórmoume da deficiencia dicindo que foran colocadas unhas ponlas no oco para advertir do perigo, e sobre as 18 horas visitei o camiño e tomeu a fotografía no lugar. Quedei realmente alarmado polo perigo e a primeira hora do martes 28 de agosto enviei un escrito á Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo xuntando a fotografía do día 27 e pregando o arranxo inmediato. Iso foi o que fixen pois a obriga que teño como concelleiro é preocuparme por este tipo de cousas. ¿Non pode ser que os técnicos do Xacobeo viñeran o día 28 de agosto, porque a primeira hora dese día tiñan coñecemento do escrito que enviei?
Parece que lle molesta ao goberno local que estea interesado en que sexan subsanadas as deficiencias, que faga xestións diante dos organismos competentes para que se arranxen estes temas en beneficio de todos, que se fagan tarefas de fiscalización, que informe os veciños da desidia na xestión municipal, etc…Nesta ocasión, na que nin sequera culpei ao goberno local de nada, nin o citei nin no escrito nin na prensa, arremeten contra min chamándome mintireiro e manipulador. Incrible que un goberno serio insinúe que eu «fabriquei» a fotografía, retirando una reixa adrede. Isto é gravísimo pois case intúese que podería provocar un accidente. Errarei moitas veces, farei a oposición mellor ou peor segundo o xuizo de cada quen, pero toda a xente sabe que eu non sería quen de provocar unha deficiencia para facer unha foto (coas deficiencias que temos no municipio, pódense facer moreas de fotografías en moitos sitios).
En fin; que ademais de seren un goberno apático e ineficaz, tamén vexo que actúa con desesperación para disfrazar a súa falla de iniciativas. Pois que traballen, que teñen todo o municipio abandonado, a pesar de que tres dos seus integrantes perciben un salario que pagamos todos.

Contestación ó Sr Sabariz pola reixa no Camiño Portugués en Condide

Logo da nota de prensa publicada no día de hoxe  na que o Sr Sabariz reclama a reparación dunha reixa no Camiño Portugués, á altura de Condide, na que mostra unha foto na que se ve a falta da reixa e a colocación duns ramos, o equipo de goberno quere matizar o seguinte:

  1. Xa o día 25 o equipo de goberno se percatou deste incidente e se enviou á Policia Local ó lugar. Despois de recolocar a reixa nos puxemos en contacto con técnicos do Xacobeo para informalos do incidente.
  2. No día de onte técnicos do Xacobeo xa estiveron na zona e quedaron en solucionar o problema o antes posible.
  3. Este equipo de goberno considera que este tipo de actuacións son as normais que se realizan a cotío e que non é necesario facer notas de prensa tódolos días tal e como facía o Sr Sabariz cando gobernaba.
  4. Agora ben, o que si queremos lamentar é a actuación do Sr Sabariz xa que constantemente mediante mentiras e medias verdades intenta desacreditar a laboura do equipo de goberno, intentando que quede na cidadanía a sensación de que o goberno non fai nada. Para demostralo queremos que o propio Sr Sabariz nos explique porqué a foto que lle enviou onte ós medios coma se fose sacada o dia 28, realmente é anterior ó día 25 tal como se demostra na fotografía sacada pola Policia Local, onde sí figura o día que se realizou. Vendo a foto vese claramente que a foto do Sr Sabariz é anterior xa que si fose posterior o único que daría que pensar é que retirou a reixa para facela foto, demostrando así a súa obsesión por utilizar calquer tipo de medio pouco ético para criticar ó goberno.
  5. O que lle pedimos ó Sr Sabariz é que faga unha oposición responsable sen a utilización da mentira, da hipocresía e da demagoxia. Non todo vale excusándose que a laboura da oposición é criticar.

Foto enviada por Sabariz ós xornáis o día 28

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Foto feita pola Policía Local o 25 de agosto

 

A pesar da súa recolocación hoxe, segue solta a reixa do Camiño Portugués en Condide.

Neste día enviouse á Xerencia da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo o seguinte escrito:

«Logo da comunicación de onte sobre a grave perigo, sobre todo para os ciclistas, que representaba a reixa de pluviais solta e levantada no tramo de Pontecesures do Camiño Portugués da Ruta Xacobea (zona de Condide) alguén hoxe recolocou a verxa e retirou as ponlas que puxeran os veciños para advertir do perigo.

Porén; hai que lembrar que a reixa, ainda que está no seu sitio agora, segue solta nos seus apoios laterais ao pavimento e o normal é que, en calquera intre, se mova deixando o oco de novo.

En consecuencia, prégase que se realice unha pequena actuación fixando con formigón a verxa ao pavimento de adoquín existente para impedir que cada dous por tres esteamos con este problema que pode causar un disgusto. ? preciso que se faga unha actuación en certo modo definitiva para tranquilidade de todos.

Pontecesures, 29/08/12

Luis Ángel Sabariz Rolán»

A parte lateral e traseira da biblioteca e do club xuvenil é unha «toxeira».

? realmente lamentable o estado de abandono que presenta a contorna destes dous edificios situados na rua Raimundo García Domínguez «Borobo» de Pontecesures. Estes espazos que foran acondicionados e axardinados perante o mandato do anterior goberno a través dunha obra financiada pola Deputación Provincial e una actuación dos alumnos do obradoiro de emprego, permanecen sen coidado algún ante o desinterese do goberno local. ? realmente unha mágoa que nin sequera se manteñan os espazos de lecer que temos.

A ACP solicita que, con carácter inmediato, se limpe e acndicione toda esta zona. Non se pode seguir dando esta imaxe de desidia aos numerosos peregrinos que transitan polo Camiño Portugués da Ruta Xacobea (en plano superior discorrre o camiño), e aos veciños en xeral.