A Asociación Cultural A Estornela e Joyería Riveiro Veteráns veñen de organizar a primeira edición do Memorial Victoriano Trenco de Fútbol 7. Un torneo pensado en honra do desaparecido ex rexedor do Concello cesureño, e que se desenvolverá desde este domingo ata o 4 de outubro.
Este domingo, no campo municipal Ramón Diéguez de Pontecesures, disputaránse a ida dos cuartos de final, cos seguintes emparellamentos: A Redonda-A Cacharela/Karymo P.; Cafetería Sol y Mar-Transportes Veiga/Bar O Belén; A Palmeira-JLL/Benjamín Ramos; Joyería Riveiro-Desigual; Extrugasa-Elite Electricidad; e A Estornela-Valdeza/Bar Juan. Os encontros de volta xogaránse sete días despois.
Os cuartos de final disputaránse, xa a partido único, o 27 de setembro entre os seis gañadores das mencionadas eliminatorias e o do cruce entre A Casa Vella e o Bar Muelle. O vencedor deste último enfrontaráse a un dos seis conxuntos eliminados na fase previa, nunha repesca por sorteo puro.
O Memorial Victoriano Trenco de Fútbol 7 vivirá unha auténtica final a catro na súa derradeira xornada, ao concentrarse na mesma as semifinais, a partir das dez da mañá, e o partido polo título, tan só unha hora máis tarde.
LA VOZ DE GALICIA, 09/09/09