Emotiva presentación do libro “Historias do Carril-Cornes”.

Unhas 150 persoas asistiron na tarde de hoxe, no edificio onde estivo situada a antiga estación de Cornes en Santiago, á presentación deste libro de Xoán Luís Miguéns García. O acto foi presentado polo alcalde de Santiago e polo presidente do Consorcio de Santiago.
Houbo discursos emotivos dos intervintes lembrando anécdotas da primeira liña de ferrocarril de Galicia.
No libro veñen reflectidos 24 relatos sobre pequenas historias que “circularon” ó longo dos anos por riba deste primeiro camiño de ferro galego.
Hai que salientar que no apartado de agradecementos do libro, o autor nomea a FRANCISCO FREIRÍA OLIVEIRA, responsable da OMIX do Concello de Pontecesures, ao cesureño MANUEL GRELA CASAL, e ao veciño de Pontecesures e ferroviario, MIGUEL DE CELIS, polas achegas de material gráfico para enriquecer o traballo.
Un exemplar do libro estará mañá na biblioteca de Pontecesures para a súa consulta. Ten historias entrañables para toda esta comarca.

O tren de Varela.

Contaban os ferroviarios máis vellos, que o inesquecible tren de Varela (aludindo ó maquinista do mesmo nome) recollía xente polo camiño de ferro desde Vilagarcía a Compostela. Naqueles tempos xa afastados, a cidade de Santiago era considerada como o corazón e a capital do país, porque, a pesar de non ser a capital da provincia, tiña organismos e institucións que só se atopaban alí e que representaban a toda Galicia. Tamén xa daquela había xente de lonxe que recoñecía que Santiago era Santiago. Eran os tempos da grande armada inglesa, daquela mariña de guerra que, desde Trafalgar, ou antes, dominaba os camiños das ondas dos mares do golobo. Naqueles momentos Vilagarcía era considerada o porto natural de Compostela.
Así eeran as cousas e así foi que a armada inglesa tomou o mar de Arousa case como se fose a súa casa e os seus compoñentes “ships” viñan a fondear periodicamente no medio e medio da ría, de tal xeito que o mar de Arousa (ou Arosa Bay, como dicían eles) e Vilagarcía eran como a súa segunda “house”. Aquí descansaban, reparaban forzas e barcos, folgaban e xogaban uns partidos de “football” cos nativos. Parece ser que naqueles tempos os británicos se negaban a xogar contra os de Vilagarcía se os opoñentes galegos xogaban con zocos, tal como fixeran no primeiro partido, no que, sen querer por suposto, tronzaron algunha canela inglesa. Lances dese novo deporte que non lles fixeron ningunha graza os oficiais británicos.
Pero os mariños ingleses eran moi afeccionados a viaxar noutro medio de transporte que precisamente inventaran eles: o tren. Nel desprazábanse desde a vila para coñecer Santiago. Aínda non hai moitos anos que vivía algunha testemuña presencial que podía dar fe do pasmadiños que ficaban os “homes do pano azul e branco” cando, camiño de Compostela, en plena viaxe e desbruzados polas xaneliñas dos vagóns para ollar a fermosa paisaxe, e tamén os os paisanos vían como en calquera lugar do trazado o tren de Varela recollía viaxeiros ou viaxeiras cargadas con feixes de verduras, cestas de froita, latas de leite… é dicir, con case todo o que se podía mercar en Santiago, sobre todo se era o día de feira na carballeira de Santa Susana. O asombro dos ingleses era motivado por ver como os viaxeiros subían ó tren con só facerlle sinais coas manos ó maquinista, que paraba ou minoraba a marcha.
Unha vez foron testemuñas directas dun caso que colleu moita sona polo gracioso que resultou para os que o presenciaron. Resulta que, cando o tran de Varela empezou a subir fatigosamente a costa da Escravitude, camiño de Santiago, este maquinista viu que pola beira da vía ía, a bo paso, un vello coñecido natural do concello de Rois. Cando a locomotora chegou á súa altura, o señor Varela, despois de saudalo, preguntoulle a onde ía e o outro contestoulle que a Santiago. ö escoitar iso, o señor Varela díxolle ó seu amigo:
-Pois veña, xa podes ir subindo ó tren.
E vai o outro e contestou:
-Hoxe non, que teño presa.
Mais un día, o pasmo dos mariñeiros británicos foi aínda máis grande cando, en plena viaxe e dentro do vagón, oíron berrar un vello que dicía alporizado:
-¡Parade, parade que me baixo!
O vello debruzouse por unha das xsanelas e poñendo as mans arredor da súa boca volveu berrar cara á cabeceira do tren:
-¡Parade aquí, que teño que baixar, parade dunha vez, oh!
Non se sabe como foi que o maquinista e o fogueiro puideron oír, e sobre todo entender o que lles berraba aquel vello, pero o certo foi que, por non ser menos que outras veces en que o tren paraba (ou case) para recoller a algún paisano, esa vez tamén parou para que o vello dos berros puidese baixar do convoi.
Todos os ingleses que estaban debruzados polas xaneliñas dos vagóns puideron ver como o curioso viaxeiro baixou do tren e como seguidamente se dirixiu ata a beira da máquina onde lles dou unha explicación ó señor Varela e ó seu fogueiro ante a expectación e asombro xerais.
-? que vou ver un menciñeiro preto de aquí mesmo (díxolles aos pilotos da Sarita).
E coa mesma, aquel vello botou a andar co paraugas pendurado da chaqueta na parte traseira do colo, mentres o tren de Varela asubiaba de novo e, botando fume por todos os lados, emprendía a marcha por riba daqueles mollados carrís, camiño de Compostela, en tanto que os ingleses ficaban mirando uns para os outros con ollos regalados sen crer o que acababan de ver.

Relato do libro de Xoán Luís Migúens García, “HISTORIAS DO CARRIL-CORNES”, presentado hoxe en Santiago.

Carta aberta dos non adscritos de Cesures.

LUIS SABARIZ ROLÁN E ALFONSO DIZ VILAR

Tanto nas sesións plenarias como nos medios de comunicación é frecuente que os integrantes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Pontecesures se dirixan a nós de xeito despectivo co termo ??tránsfugas?. Pois queremos aclarar que nós non cambiamos de onde estabamos.
Fomos afastados das siglas do PSdeG-PSOE polo único ??delito? de non posibilitar que Pontecesures continuase co alcalde do BNG que levaba oito anos no cargo. Por non obedecer a un pacto nacional entre as dúas forzas políticas, asinado despois das eleccións municipais do ano 2007.

Coñecía perfectamente o Partido Socialista, cando nos chamou para formar parte das súas listas, que non iamos apoiar a reelección do ex alcalde, chegado ao caso, por razóns relacionadas coa súa xestión ­(a falla de transparencia, unha burla aos dereitos básicos dos concelleiros, contratacións de persoal sen procedemento, irregularidades en subministros de combustibles ao Concello, etc.­.)

Aceptaron as nosas condicións, nos aseguraron que non habería o pacto global en cuestión, e como non foi así, fomos sacrificados por este acordo ??a posteriori?, sen posible defensa e como se fosemos un estorbo.

Pois ben; pasado o tempo e contemplando o elevado número de escándalos por comportamentos dos cargos políticos a todos os niveis, queremos manifestar que aquí seguimos os concelleiros non adscritos a traballar o que podemos en favor dos intereses de Pontecesures, que é o que nos move. Nós non perseguimos adicacións exclusivas, non entramos en formacións políticas pensando na carreira profesional, non precisamos consorcios, non ??colocamos? finca algunha dende o punto de vista urbanístico, non vimos a servirnos do cargo.

Coñecen perfectamente os nacionalistas cesureños que non estamos ??no mesmo saco? que outros persoeiros da política tristemente famosos. Imos lixeiros de equipaxe e os veciños de Pontecesures son os que mellor o saben.

DIARIO DE AROUSA, 28/10/09

Padrón comenzará en breve la restauración del pergamino cedido por un particular.

El concejal de Cultura de Padrón, Eloy Rodríguez Carbia, informó ayer de que están en marcha los trámites para restaurar el pergamino del año 1492 cedido al Concello por el particular Ernesto Baltar Feijoo. Por el momento, ya está hecha una «memoria valorativa» con el coste de la restauración, de modo que queda pendiente la preceptiva autorización de la Dirección Xeral de Patrimonio.
La idea del Concello es que el pergamino forme parte de una exposición que pretende abrir el Ayuntamiento el próximo año, con motivo de la celebración del Xacobeo. En esa muestra también podrían exponerse las Cartas de Privilegio de Padrón, concedidas a la villa por la Monarquía debido a que fue el lugar de desembarco de los restos del cuerpo del Apóstol Santiago. Las cartas fueron llevadas a Madrid para su restauración pero, de acuerdo con Eloy Rodríguez, el próximo mes estarán de vuelta totalmente recuperadas.

LA VOZ DE GALICIA, 28/10/09