VAI COMENZAR UNHA NOVA EDICION DA LIGA DE FUTBOL SA DO CONCELLO DE PONTECESURES

Proximamente vai comenzar unha nova edición da liga de futbol sa que organizan conxuntamente o Pontecesures C. F. e o Concello de Pontecesures. Hai xa inscritos 9 equipos, e o prazo para a inscribirse remata este vindeiro xoves día 27 de novembro.

A liga local dispútase os luns e xoves pola noite, en horario de 21 h.; 21.45 e 22.30 h. Xogan todos os equipos entre si a dobre volta, polo que todos os equpos teñen garantido o mesmo número de partidos.

Calquera interesado en obter mais información deberá chamar antes desa data ó mobil 629 824 009

Por precaución, a Xunta solicitou que non se bombee auga do río Ulla para o subministro a Pontecesures.

Na noite do pasado venres, houbo un vertido duns 5.000 litros de aditivos de formigón ó río Toxa (Silleda) afluente do Ulla. A Consellería de Medio Ambiente comunicou ao concello que non se bombease auga dende a Barca para o subministro de Pontecesures por precaución, aínda que anunciou que o vertido estaba controlado e non chegara o producto contaminante ó río Ulla.
Estase a utilizar, ata o de agora, auga procedente dos pozos do monte, e esta incidencia non afectou ó subministro.

Concluyen las obras de reforma del edificio de la plaza de abastos de Pontecesures.

El próximo martes cocluirán las obras de mejora de la plaza de abastos de Pontecesures, según informan desde el concello cesureño a través de su concejal Luis Ángel Sabariz.
Esta actuación permitió renovar toda la cubierta del edificio, que se encontraba en muy mal estado, lo cual provocaba filtraciones en el recinto. Se colocaron nuevas bajantes de las aguas y canalones, se pintó el exterior e interior del inmueble y se repusieron varios elementos de las ventanas y de los tejados auxiliares.
Las obras tienen un presupuesto de casi 26.000 euros, de los cuales la Consellería de Innovación e Industria aporta 18.000 en concepto de subvención.

LA VOZ DE GALICIA, 23/11/08

O luns 24 de novembro, pleno ordinario en Pontecesures.

Será ás 20:30 horas, no salón de sesións da Casa do Concello, coa seguinte orde do día:

1. Acta anterior
2. Inclusión no inventario municipal de bens da parcela onde se atopa o Centro de Saúde de Pontecesures.
3. Convenio entre a Consellería de Sanidade (SERGAS) e o Concello de Pontecesures sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Pontecesures.
4. Moción do BNG de Pontecesures para solicitar á Consellería do Medio Rural de varias obras.
5. Moción do BNG de Pontecesures sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
6. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
7. Informes da presidencia.
8. Rogos e preguntas.

Coma sempre, desexo que veñan moitos veciños ó pleno. Vanse debater temas moi interesantes para todos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures

Os concellos reactivan a súa estratexia para defender o tren de proximidade Santiago-Vilagarcía.

Despois de celebrar varias reunións dende hai máis dun ano, e adoptarse os correspondentes acordos plenarios, os concellos de Catoira, Pontecesures, Valga e Padrón, van seguir a realizar xestións para conquerir que a posta en funcionamento da alta velocidade, non supoña a desaparición do tren pola vía férrea actual, e que o traxecto Santiago ?? Vilagarcía de Arousa se potencie, avanzando ata un verdadeiro tren de proximidade (tren-tran) coa previsión de que chegue no futuro ata o aeroporto de Lavacolla e con paradas por exemplo en Bamio, praia de Vilarello en Valga, Osebe, A Rocha-Hospital Clínico, etc.

Xa está solicitada unha entrevista da alcaldesa de Vilagarcía de Arousa con representantes desta iniciativa, que estarán acompañados polo presidente da Asociación Española de Amigos do Ferrocarril, para expoñer as diversas posibilidades deste tren fundamental para o desenvolvemento de toda a comarca.

Tamén no día de hoxe, realizaronse xestións para que a conselleira de Política Territorial reciba ós alcaldes afectados coa maior celeridade. Esta pendente esta xuntanza dende hai tempo (xa houbo unha primeira reunión bastante satisfactoria) para propoñer as distintas solucións técnicas de cara á potenciación do tren como medio de transporte do futuro dende tódolos puntos de vista (medioambiental, de seguridade, económico, etc.).

Hai que salientar o interese da sociedade na permanencia e potenciación do traxecto de ferrocarril máis antigo de Galicia. Os alcaldes de Rois, Teo e Ames xa mostraron o seu apoio, e o concello de Santiago ven de aprobar unha moción por unanimidade, no pleno, para a defensa deste traxecto de ferrocarril.

Unha vez celebradas as citadas reunións, convocaranse a tódolos concellos afectados para que as administracións públicas adopten as decisións definitivas neste tema.

Casi 400 oyentes participan esta noche en la cena de Radio Valga.

El Hotel Scala de Padrón acoge esta noche la cena baile anual de Radio Valga, que comenzará a las 22 horas y en la que los asistentes podrán degustar un menú compuesto por pescado, carne, postre y barra libre. La música estará muy presente en el evento de la mano de los dúos Pequena Aldea y Estéreo, aunque la actuación principal será la de María de Caldas, que representó a la comarca en la primera edición del programa “Son de Estrelas”.
Todos los participantes ena la fiesta recibirán un regalo de la organización, y además se sortearán multitud de agasajos cedidos para la ocasión por diversas casas comerciales. Los más afortunados se podrán llevar un fin de semana en una casa de turismo rural del municipio de Rois o un viaje a Palma de Mallorca de 7 días para dos personas con todos los gastos pagados. Este último regalo es sufragado por el Concello.