O martes dia 1, ás 18 horas, presentación da XIII edición da “Festa da Lamprea” de Pontecesures.

cartel_lamprea_08-1.jpg

*NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO*

O vindeiro martes día 1 de abril, ás 18.00 horas na Casa do Concello terá lugar a presentación da XIII edición da Festa da Lamprea de Pontecesures, que se celebrará nesta vila o domingo día 6 de abril. Anúnciase xa que o pregoeiro será o coruñés Xosé Luis Ladra Fernández, que acaba de gañar o XIII premio ??Vicente Risco? de ciencias sociais co traballo ??A pesca fluvial tradicional en Galicia. Caneiros, pescos e pesqueiras.?

A festa este ano presentará algunhas novidades e agora podemos adiantar que a ración custará 12 ? e que haberá tamén tiquets para aperitivos. O obxectivo desta última medida é que os descoñecedores do sabor deste exquisito manxar proben o peixe e se animen a saborealo na carpa do peirao.

O martes 1, ás 19 horas, rolda de prensa para presentar a “II Feira do Automóbil Antigo”.

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO

O día 1, pero ás 19.00 horas será presentada no ??Restaurante Olivo? sito en Avda. de Vigo, 12,baixo de Pontecesures a ??II Edición da Feira do Automóbil Antigo?, que se celebrará tamén o día 6 de abril no peirao de Pontecesures e que está a levantar unha gran expectación. Vanse rememorar así aquelas feiras que tiveron lugar en Pontecesures nos anos 1925, 1926, 1950 e 1954. Está prevista a asistencia de numerosos afeccionados a este tipo de mercado do automóbil antigo. Este evento está organizado pola asociación cultural cesureña ??Mirándolle os Dentes? coa colaboración do Concello de Pontecesures a todos os niveis.

Programa da II Feira do Automóbil Antigo do 6 de abril.

cartel_automobiles_antigos_2008_2.jpg

10:00 Apertura da feira ao público.
12:00 Recepción de autoridades na Casa do Concello.
12:30 Ofrenda froral no monumento ás feiras do automóbil de ocasión en recordo dos seus promotores e de todos os que colaboraron con eles.
12:45 Inauguración oficial da feira a cargo de Olga Escuredo e Rafael Sierra (filla e neto, respectivamente, dos pioneiros Eugenio Escuredo e Salvador Sierra), na que se descobrirá o pedestal de ladrillo (réplica exacta do construído en 1925) do automóbil PO-02.
13:00 Pregón da Festa da Lamprea.
13:30 Percorrido pola feira das autoridades e convidados.
14:00 Degustaciónh da lamprea.
21:00 Clausura da feira

Historia das feiras do automóbil de ocasión en Pontecesures. 1925, 1926, 1950 y 1954.

thumb_cartel_1925_carlos_maside.jpg

Cartel da Feira de 1925 de Carlos Maside

No ano 1925, un grupo de amigos (veciños de Pontecesures) comezaron a pensar na idea de levar a cabo unha feira do automóbil. Esta idea xurdíu ao darse conta que nas feiras de cabalos que daquela se celebraban pola zona, no medio dos cabalos expoñíase algún vehículo para a súa venta, polo tanto, si había feiras de cabalos que eran o medio de transporte da época, ¿por qué non podía haber feiras de automóbiles? que xa se empezaban a ver polas nosas rúas.

Con este pensamento os señores Eugenio Escuredo e Salvador Sierra viaxaron á cidade alemana de Leipzig, onde se celebraba unha feira destos cacharros chamados automóbiles. Cando voltaron de Alemania contaron ao resto do grupo todo o alí visto e puxéronse a traballar. O día 27 de xuño de 1925 inaugurábase a a Feira do Automóbil de Ocasión, na que está presente o primeiro automóbil que circulou por Galicia.

Durante 3 días a Feira foi é visitada por máis de 10.000 persoas. Expóñense un total de 598 vehículos e o valor de todo o material exposto supera os 5 millóns da época.

O éxito é total e ten unha gran repercusión nos medios de comunicación da época. Esta feira está recoñecida como a primeira celebrada en España destas características, nela colaboraron artistas do talle de Carlos Maside, Castelao, Oria Moreno, Granell, etc.

Na actualidade moitas rúas de Pontecesures levan os nomes daqueles que fixeron posible as feiras do automóbil de ocasión. Esta é a nosa homenaxe a todos eles, amantes dos vehículos e do seu pobo, como foron: Eugenio Escuredo, Salvador Sierra, Víctor García, Ramón Piñeiro, José Novo, Jesús Cabeza, José Sierra, Baldomero Carlés, Luís Diéguez, Luciano García, Carlos Morales, e Feliciano Touceda. Estes dastos foron recollidos do libro “Historia das Feiras de Aoutomóbil de Ocasión” do autor José Piñeiro Ares, editado en 1989

Posteriormente celebraronse 3 edicións máis desta Feira nos anos 1926, 1950 e 1954.

No ano 1985 en conmemoración destas Feiras do Automóbil de Ocasión púxose na rúa San Lois de Pontecesures o Monumento “O Coche de Pedra”, unha réplica daquel primeiro coche que circulou por Galicia.

No ano 2007 celebrouse o 15 de abril a I edición da FEIRA DO AUTOM?BIL ANTIGO (exposición e venda), e para este ano 2008 está prevista a segunda edición o vindeiro 6 de abril. Na organización destas dúas feiras colabora co Concello de Pontecesures a Asociación MIRANDOLLE OS DENTES.

Saúda da alcaldesa no programa da II Feira do Automóbil Antigo de Pontecesures.

? para min un orgullo como alcaldesa e cesureña poder disfrutar de novo da “II Feira do Automóbil Antigo”. Como ben sabemos todos os cesureños e cesureñas, a nosa vila ten a honra de ser o lugar no que se celebrou no ano 1925 a primeira feira do automóbil de ocasión en toda España e, ademáis, de ser os primeiros en erguer un monumento ao automóbil. Toda esta historia, se se estuda detidamente, unha dase conta da importancia que tivo no seu momento e que por determinados avatares da vida, non soubemos valorar a grandeza deste feito e darlle continuidade ao longo dos anos. Agora coa iniciativa da Asociación Cultural Mirándolle os Dentes, e co apoio deste Concello, imos tratar de facer de Pontecesures un referente dentro do mundo das feiras do automóvil antigo da nosa comunidade, e nun futuro, porque non, de España.
Desta maneira conseguiremos facer nun pobo pequeno algo moi grande, tal e como fixeron os nosos antergos, os cales, dende o lugar onde se atopen, setirense orgullosos de vernos traballar a todos xuntos por algo no que eles tanto esforzo e ilusión puxeron.

María Isabel Castro Barreiro
Alcadesa de Pontecesures.

Valga promueve un curso de manipulador de alimentos.

El Sevizo de Formación, Orientación e Emprego del Concello de Valga realizará en abril un curso de manipulador de alimentos al que podrán asistir todas aquellas personas que así lo deseen. Aunque el plazo de inscripción no se abrirá hasta el próximo día 7, las personas interesadas en obtener más injformación pueden ponerse en contacto, o acudir personalmente a la Casa Consistorial, donde se dará toda la documentación que necesiten.

DIARIO DE AROUSA, 28/03/08