Reforma, por 6.250 ?, da instalación eléctrica da Casa do Concello.

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES.

Na Xunta de Goberno que tivo lugar no día de hoxe, adxudicouse a ??Doselco Electricidad? a obra da ??Reforma da instalación eléctrica da Casa do Concello? por importe de 6.250 euros. A Consellería de Presidencia, Administración Pública subvenciona esta actuación con 5.000 , mentres o concello aporta 1.250 euros de fondos propios.
Esta obra eléctrica é fundamental, pois a instalación existente e moi antiga (data de principios dos anos setenta) e dende a construcción da Casa do Concello o edificio ten novas necesidades (calefacción eléctrica, novas tecnoloxías, ascensor, etc..).
Deste xeito se van sanear liñas existentes no edificio substituíndo clableado e outros elementos para evitar o que está a suceder agora, xa que cada dous por tres temos avarías, con falla de potencia, salto do automático, etc….

Pontecesures, 15 de outubro de 2007

Constituyen un club de motos en Padrón.

El auditorio padronés albergó durante el fin de semana pasado la presentación del nuevo Motoclub Pemento Racing Vila de Padrón, integrados por moteros de la comarca del Sar y otros puntos. Según el presidente de la asociación, Miguel Batallán, el motoclub nace con la idea de aglutinar a todos los aficionados a este mundo, a la par que participar en concentraciones y salidas, y servir de apoyo al Concello en carreras pedestres, vueltas ciclistas..
La entidad cuenta con páginz web (aún en construcción: www.pementoracing.com) y los socios tendrán descuentos en tiendas y talleres.

Cuota de inscripción: 50 ? al año.
Información: Tfno.: 615-619191

EL CORREO GALLEGO, 16/10/07

Acto de despedida da traballadora social, Raquel López.

As 14,45 horas do luns día 15 de outubro, tivo lugar no semisoto da Casa do Concello o acto de despedida da traballadora social de Pontecesures que leva neste posto de traballo donde 1.995 e que se vai incorporar como 1ª tenente de alcalde do concello de A Estrada con dedicación exclusiva.
Asistiu o persoal de oficinas do concello e varios membros do equipo de goberno. Foi servido un viño galego e a alcaldesa entregou a Raquel López Doce un obsequio en nome dos cesureños para agradecer o traballo realizado.
A traballadora cesante manifestou a súa intención de continuar ligada a Pontecesures para o que se necesite, dando as grazas pola organización do acto de despedida.

O ex policia local Manuel Olveira, presenta tamén o seu libro en Vilagarcía.

Despois da presentación do pasado día de 5 en Vigo, o venres 19 de outubro ás 21,15 horas, na Casa de Cultura (rúa Alcalde Rey Daviña) preséntase en Vilagarcía de Arousa o libro “RETAZOS DE ESPERANZA”, Poemario de Silencios, por parte do seu autor Manuel Olveira que adoptou o nome artístico de Manuel Xosé de Oliveira.
Manuel Olveira Hortas, que prestou servizos como policía local en Pontecesures durante varios, anos está moi ilusionado na presentación do traballo na súa vila de nacemento.
Dende logo, esta descoñecida faceta artística de Manuel, está a causar sorpresa e admiración no seus ex compañeiros do Concello de Pontecesures que acollen con ledicia estas boas novas.

El silencio del ex alcalde obliga a Castro a responder ante el Valedor por la queja de Sabariz

El expediente abierto por el Valedor do Pobo a raíz de una queja formulada por el concejal Luis Ángel Sabariz Rolán contra el ex alcalde, Luis Álvarez Angueira, por impedirle analizar documentación sobre temas municipales se dio por concluido al acatar el Concello las recomentaciones hechas por el Valedor, en las que recordaba que el acceso a la información es un derecho de todos los miembros de la Corporación. Tuvo que ser la actual alcaldesa, Maribel Castro, la que respondiera ante el Valedor por esta queja debido al silencio de Álvarez Angueira, que no contestó a los tres requerimientos realizados por la institución que ahora dirige Benigno López. El Valedor incluso había amenazado con declararlo “hostil y entorpecedor” por no colaborar con él y no remitirle la información que le requería.

(máis…)

Atopan a Alfredo B. tras a movilización de numerosos medios

Sobre as 5 da tarde o noso veciño Alfredo B., de 80 anos de edade, saiu da súa casa nun “maquinillo” a buscar piñas.

A súa familia, vendo que non voltaba, fixo as xestións para que se iniciase unha percura do ancián por si se atopaba perdido ou desorientado, xa que non era normal a súa tardanza.

Membros de protección civil de Pontecesures, Valga e Catoira iniciaron as labouras de rastrexo que finalizaron de forma satisfactoria, cando ás 10 da noite o atoparon, desorientado no monte, xa dentro do veciño concello de Valga.

En grande medida, sendo Alfredo un gran coñecedor do monte, a desorientación debeuse posiblemente o estado do monte tralos incendios do pasado verán, que inhabilitaron e ocultaron moitos dos camiños e corredoiras que alí hai.

Unha nova con final feliz, que debe ir acompañada dunha felicitación ás diferentes agrupacións de protección civil e veciños que estiveron nas labouras de búsqueda.